Isabel II do Reino Unido

raiña do Reino Unido

Isabel II[1] ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu.

Isabel II de Inglaterra
Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte
Queen Elizabeth II in March 2015.jpg
Isabel II do Reino Unido

Reinado6 de febreiro de 1952 - actualidade (69 anos)
Coroación2 de xuño de 1953
Nome completoElizabeth Alexandra Mary of Windsor
Nacemento21 de abril de 1926 (95 anos)
Mayfair, Londres, Reino Unido Reino Unido
PredecesorXurxo VI
SucesorCarlos de Inglaterra
Cónxuxe/sFilipe de Edimburgo
Casa realCasa de Windsor
Himno real«God Save the Queen»
ProxenitoresXurxo VI
Isabel Bowes-Lyon

Escudo de Isabel II do Reino Unido
Escudo de Isabel II do Reino Unido
Busto de Isabel II no anverso dun soberano

Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.

Asumiu os seus títulos despois da morte do seu pai, o rei Xurxo VI o 6 de febreiro de 1952. É filla de Elizabeth Bowes-Lyon, irmá de Patrick, 15º conde de Strathmore.

Primeiros anosEditar

 
A princesa Isabel aos 3 anos, 1929.

Isabel foi a primeira filla de príncipe Alberto, duque de York (máis tarde rei Xurxo VI) e a súa esposa Isabel, duquesa de York (máis tarde raíña Isabel). O seu pai era o segundo fillo do rei Xurxo V e da raíña María, e súa nai era a filla menor do aristócrata escocés Claude Bowes-Lyon, XIV conde de Strathmore e Kinghorne. Isabel naceu por cesárea ás 2:40 GMT o 21 de abril de 1926 na casa londiniense do seu avó materno no número 17 de Bruton Street, Mayfair.[2] Logo, resideu brevemente nunha vivenda adquirida por seus pais pouco despois do seu nacemento no número 145 de Piccadilly en Londres y na residencia White Lodge en Parque Richmond.[3] O 29 de maio de 1926, o arcebispo de York, Cosmo Lang, bautizouna baixo a relixión anglicana na capela privada do Palacio de Buckingham (destruída durante os bombardeos de Londres na Segunda Guerra Mundial).[4][nota 1] Foi nomeada «Isabel» en honra a súa nai, «Alexandra» pola nai de Xurxo V (súa bisavoa paterna), que falecera seis meses antes e «Mary» pola súa avoa paterna.[5] Na intimidade, era chamada «Lilibet».[6] Xurxo V apreciou moito á súa neta e durante a súa grave enfermidade en 1929, as súas visitas periódicas eleváronlle o ánimo e favorecéronlle na súa recuperación, segundo acreditaron a prensa pública e os seus biógrafos posteriores.[7]

A única irmá de Isabel foi a princesa Margarita, nacida en 1930. Ambas foron educadas na súa casa a supervisión de súa nai e Marion Crawford, a súa institutriz chamada informalmente «Crawfie».[8] As clases concentrábanse principalmente en historia, lenguaxe, literatura e música.[9] Para consternación da familia real,[10] Crawford máis tarde publicou un libro biográfico sobre os primeiros anos de Isabel e Margarita titulado The Little Princesses. O libro describe o amor de Isabel polos cabalos e os cans, a súa disciplina e a súa actitude de responsabilidade.[11] Outros fixeron eco de tales observacións: Winston Churchill describiu a Isabel cando tiña dous anos como «un personaxe. Ten un aire de autoridade e reflexión sorprendentes para un neno».[12] Súa prima Margaret Rhodes describiúna como «unha nen alegre pero, fundamentalmente, sensible e de bo comportamento».[13]

FamiliaEditar

Xunto ao seu esposo, o duque de Edimburgo, a raíña tivo catro fillos. Ademais, o matrimonio ten oito netos e oito bisnetos.

NotasEditar

  1. Seus padriños foron o rei Xurxo V e a raíña María; o príncipe Arturo, duque de Connaught (seu tío avó paterno); a princesa María, vizcondesa Lascelles (súa tía paterna); lord Strathmore e lady Elphinstone (súa tía materna) (citado de Brandreth, p. 103; Hoey, p. 40).
  1. Tanto a Enciclopedia Galega Universal como a Diciopedia do século 21 utilizan esta forma
  2. Brandreth, p. 103; Pimlott, pp. 2-3; Lacey, pp. 75-76; Roberts, p. 74.
  3. "The Queen's Early Life" (en inglés). Reino Unido: Sitio web oficial de la Monarquía Británica. Consultado o 4 de abril de 2011. 
  4. Hoey, p. 40.
  5. Brandreth, p. 103
  6. Pimlott, p. 12.
  7. Lacey, p. 56; Nicolson, p. 433; Pimlott, pp. 14-16.
  8. Crawford, p. 26; Pimlott, p. 20; Shawcross, p. 21.
  9. Brandreth, p. 124; Lacey, pp. 62-63; Pimlott, pp. 24, 69.
  10. Brandreth, pp. 108-110; Lacey, pp. 159-161; Pimlott, pp. 20, 163.
  11. Brandreth, pp. 108-110
  12. Brandreth, p. 105; Lacey, p. 81 y Shawcross, pp. 21-22.
  13. Brandreth, pp. 105-106.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar