Lois de Cambridge

Príncipe británico. Terceiro fillo do Príncipe Guillermo e de Catarina Middleton

Lois de Cambridge (Louis Arthur Charles) nado en Londres o 23 de abril de 2018, é o terceiro fillo e segundo varón dos duques de Cambridge, Guillerme e Catarina.[1] Ocupa o quinto lugar na liña de sucesión ao trono británico, tralo seu avó o príncipe de Gales, o seu pai o duque de Cambridge e os seus irmáns maiores o príncipe Xurxo de Cambridge e a princesa Carlota de Cambridge.[2] É o terceiro neto da falecida Diana, Princesa de Gales.

Lois de Cambridge
Cambridge family at Trooping the Colour 2019 - 14.jpg
Nome completoLouis Arthur Charles of Cambridge
Nacemento23 de abril de 2018
 Hospital de St. Mary, Londres
NacionalidadeReino Unido
RelixiónIgrexa de Inglaterra
Ocupaciónaristócrata
PaiGuillerme de Cambridge
NaiCatalina de Cambridge
IrmánsXurxo de Cambridge e Carlota de Cambridge
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

NacementoEditar

 
Saúdo real en Hyde Park, Londres para conmemorar o nacemento de Lois o 24 de abril de 2018.

O 4 de setembro de 2017, anunciouse que a duquesa estaba embarazada do seu terceiro fillo.[3] O 17 de outubro de 2017, confirmaron que o nacemento estaba previsto para abril de 2018.[4] A duquesa comezou a súa baixa de maternidade o 22 de marzo de 2018.[5]

A duquesa púxose de parto á primeira hora da mañá do 23 abril. Deu a luz a un neno que pesaba 3.8 kg ás 11h:01 hora local o mesmo día.[6]

O príncipe foi bautizado o día 9 de xullo de 2018 en Londres polo arcebispo de Canterbury. [1] Ese mesmo día anunciáronse os nomes dos seus padriños e madriñas: Nicholas van Cutsem, Guy Pelly, Harry Aubrey-Fletcher, Lady Laura Meade, Mrs. Robert Carter e Lucy Middleton. [2]

O terceiro fillo dos duques é, desde o seu nacemento, un príncipe británico con tratamento de alteza real segundo as patentes emitidas pola raíña Isabel II o 31 de decembro de 2012, polas que se concedía devandito título e tratamento a todos os fillos do fillo maior do príncipe de Gales.

NomesEditar

  • Lois (Louis): En homenaxe a Lois Mountbatten.
  • Artur (Arthur): Nome común na familia real británica.
  • Carlos (Charles): Homenaxe ó seu avó paterno o príncipe Carlos de Gales.

NotasEditar