Filipe de Edimburgo
O príncipe Filipe, duque de Edimburgo, nado co nome de Filipe de Grecia e Dinamarca en Mon Repos (Corfú, Grecia) o 10 de xuño de 1921 e finado o 9 de abril de 2021 en Windsor[1], foi un nobre británico de orixe grega, esposo da raíña Isabel II do Reino Unido. Ostentou ademais os títulos de conde de Merioneth, barón Greenwich, cabaleiro da Orde da Xarreteira, cabaleiro da Orde do Cardo, chanceler da Orde do Imperio Británico e membro da Gran Loxa Unida de Inglaterra.
Traxectoria
editarEra fillo de Andreas de Grecia e Dinamarca e de Alicia de Battenberg. Neto do Rei dos Helenos, Xurxo I, e sobriño do rei Constantino I, era tamén neto de Cristián IX de Dinamarca. No momento do seu nacemento era o sexto na liña de sucesión do trono de Grecia, mais, en 1922 a derrota na Guerra Greco-Turca (1919-1922) fixo que a súa familia fuxise do país. De feito, o pequeno Filipe foi escondido nunha caixa de laranxas e embarcado nun barco británico para saír de Corfú[2]. A familia exiliouse en París, en Saint Cloud, onde Filipe foi educado nun colexio estadounidense "The Elms" ata 1928[3], cando foi enviado a Gran Bretaña coa súa avoa materna, Vitoria Mountbatten. Dende entón viviu distanciado dos seus pais, a nai, a princesa Alicia foi diagnosticada de esquizofrenia e internada en Suíza, e Filipe foi enviado a internados, primeiro en Alemaña, onde residían as súas irmás, e logo en Escocia[2]. En 1939 ingresou como cadete no Royal Naval College pois o seu tío Lord Mountbatten insistíralle en que se enrolase na mariña británica. Filipe serviu logo na armada durante a segunda guerra mundial no Mediterráneo, destacando o desembarco de Creta e Sicilia[4], e no Pacífico, onde viu a rendición do Xapón en agosto de 1945[5].
Nunha visita da familia real á Royal Naval College en 1939, Filipe coñeceu a Isabel, filla e herdeira do rei Xurxo VI do Reino Unido[6]. Ela quedou moi impresionada por Filipe e durante os anos da guerra mantiveron o seu contacto mediante cartas[7]. O seu compromiso foi anunciado en 1947 e casaron na Abadía de Westminster. Antes do seu matrimonio, Filipe renunciara aos seus títulos gregos e daneses, adoptou o apelido Mountbatten e bautizárase na Igrexa Anglicana. Ademais, Xurxo VI nomeouno duque de Edimburgo, conde de Merioneth e barón Greenwich, outorgándolle o tratamento de Alteza Real.
Logo do matrimonio, Filipe compaxinou o traballo na mariña británica xunto coas súas responsabilidades como membro da familia real ata que en 1951 se retirou da vida militar. En 1952 asumiu o papel de consorte da raíña, aínda que as súas responsabilidades e tratamento foron cuestións polémicas pola súa vontade de desenvolver un papel máis activo. En 1957, Filipe foi nomeado Príncipe do Reino Unido pola raíña Isabel II.
Á parte dos seus deberes reais, o duque de Edimburgo foi patrocinador de moitas organizacións, entre elas os Premios Duque de Edimburgo e o Fondo Mundial para a Natureza do que foi presidente da sección británica entre 1961 e 1982 e a nivel internacional entre 1982 e 1996[8]. Ademais foi reitor da Universidade de Cambridge e da Universidade de Edimburgo (a súa filla Ana relevoulle neste último cargo en 2011[9]). En concreto, dedicouse a intentar que a humanidade tome conciencia da súa relación co medio ambiente desde que visitou as illas Sandwich do Sur en 1956. Publicou escritos e realizou charlas sobre temas do medio ambiente ao longo de máis de medio século.
En 2017 anunciouse que o príncipe Filipe deixaría de representar á Coroa en actos oficiais a fins dese verán, o que supuxo a súa retirada da vida pública[10]. En 2020, por causa da pandemia de covid-19, a raíña e o duque de Edimburgo instaláronse no Castelo de Windsor para evitar a enfermidade[11]. A parella real foi vacinada alí a comezos de 2021[12]. En febreiro dese ano foi hospitalizado case un mes en Londres[13]. Finalmente, o seu pasamento produciuse o 9 de abril se 2021[14].
Ascendencia
editarNotas
editar- ↑ "Prince Philip has died aged 99, Buckingham Palace announces". BBC News (en inglés). 2021-04-09. Consultado o 2021-04-09.
- ↑ 2,0 2,1 "Inside Prince Philip's Tortured Childhood". PEOPLE.com (en inglés). Consultado o 2021-04-10.
- ↑ "HRH Prince Philip, Duke of Edinburgh - 1921-2021". Reaction (en inglés). 2021-04-09. Consultado o 2021-04-10.
- ↑ "Prince Philip's war heroics revealed after 60 years". the Guardian (en inglés). 2003-12-28. Consultado o 2021-04-10.
- ↑ "Prince Philip: How the Royal Navy shaped the Duke of Edinburgh". BBC News (en inglés). 2021-04-10. Consultado o 2021-04-10.
- ↑ "The Queen and Prince Philip: An enduring royal romance". BBC News (en inglés). 2021-04-09. Consultado o 2021-04-10.
- ↑ Brisco, Elise. "Look back at Prince Philip's 73-year royal love story with Queen Elizabeth II". USA TODAY (en inglés). Consultado o 2021-04-10.
- ↑ ""A champion for the enviroment". WWF statement on the death of HRH The Duke of Edinburgh". WWF. Consultado o 10-4-2021.
- ↑ "The Chancellor". The University of Edinburgh (en inglés). Consultado o 2021-04-10.
- ↑ "Prince Philip is retiring from royal duties - CBBC Newsround" (en inglés). Consultado o 2021-04-11.
- ↑ Ship, Chris (2020-03-19). "Queen moves to Windsor early due to virus outbreak and is joined by Philip". ITV News (en inglés). Consultado o 2021-04-11.
- ↑ "Queen Elizabeth II and husband receive COVID-19 vaccinations". AP NEWS. 2021-01-09. Consultado o 2021-04-11.
- ↑ "Prince Philip: Duke of Edinburgh leaves hospital after a month". BBC News (en inglés). 2021-03-16. Consultado o 2021-04-11.
- ↑ "His Royal Highness The Duke of Edinburgh has died, Buckingham Palace announces". ITV News (en inglés). 2021-04-09. Consultado o 2021-04-11.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Filipe de Edimburgo |
Outros artigos
editar Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |