Universidade de Cambridge

universidade inglesa

A Universidade de Cambridge é a segunda universidade de fala inglesa máis antiga, despois de Oxford. Segundo a lenda, a Universidade de Cambridge, en Inglaterra, foi fundada en 1209 por académicos que fuxiron de Oxford, tras unha liorta con axentes de dita cidade. O rei Henrique III de Inglaterra concedeulles o monopolio da ensinanza naquel lugar en 1231.

A ponte matemática sobre o río Cam.
O King's College da Universidade de Cambridge.

Canda á Universidade de Oxford, a Universidade de Cambridge forma unha gran cantidade dos máis destacados científicos, escritores e políticos da Gran Bretaña. Ambas institucións son coñecidas conxuntamente co nome de Oxbridge e son integrantes do Russell Group.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Alumnos de sonaEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.