Joseph Terence Montgomery Needham, nado en Londres o 9 de decembro de 1900 e finado en Cambridge o 24 de marzo de 1995, foi un bioquímico británico, pero que foi máis coñecido como historiador preeminente da ciencia e a tecnoloxía da China. Foi elixido como membro tanto da Royal Society como da British Academy, un logro bastante infrecuente. Na China é coñecido polo seu nome chinés, Lǐ Yuēsè 李约瑟.

Joseph Needham
Nacemento9 de decembro de 1900
Lugar de nacementoLondres
Falecemento24 de marzo de 1995
Lugar de falecementoCambridge
Causapárkinson
NacionalidadeReino Unido
Alma máterOundle School, Gonville and Caius College e Universidade de Cambridge
Ocupaciónhistoriador, bioquímico, escritor e filósofo
CónxuxeDorothy M. Needham e Lu Gwei-djen
Premiosmembro da Royal Society, John Desmond Bernal Prize, Medalha George Sarton, Prémio Dexter, Membro da Academia Britânica, honorary doctor of the University of Hong Kong, honorary doctor of the Chinese Academy of Social Sciences, honorary doctor of the Chinese University of Hong Kong, Fukuoka Asian Culture Prize e Prix Stanislas Julien
Na rede
WikiTree: Needham-2517
editar datos en Wikidata ]

Foi o primeiro académico occidental en recoñecer o pasado científico da China a través da súa serie Science and Civilization in China, monumental obra enciclopédica que revelaba o desenvolvemento da ciencia naquel país.

Obras destacadas editar

  • Science, Religion and Reality (1927)
  • A History of Embriology (1934)
  • Biochemistry and Morphogenesis (1942)
  • Chinese Science (1946)
  • Science and Civilisation in China (obra monumental, en 15 volumes, iniciada en 1954)
  • The Grand Titration: Science and Society in East and West (1969, 1979: ISBN 0 04 931008 9)

Traducións en castelán editar

  • Grandeza y miseria de la tradición científica china, Anagrama, 1977, ISBN 978-84-339-0753-0.
  • La gran titulación: ciencia y sociedad en Oriente y Occidente, Alianza, 1977. ISBN 978-84-206-2179-1.
  • Dentro de los cuatro mares: el diálogo entre Oriente y Occidente, Siglo XXI de España, 1975 ISBN 978-84-323-0187-2.
  • Ciencia, religión y socialismo, Crítica, 1978, ISBN 978-84-7423-067-3.
  • De la ciencia y la tecnología chinas, Siglo XXI, 2004...

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Riviere, Jean R. (1975): Oriente y Occidente. Barcelona: Salvat. (Número 76 da Biblioteca Salvat de Grandes Temas).

Ligazóns externas editar