Charles Darwin

naturalista inglés que observou e postulou, achegando evidencias relevantes, que tódalas especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común por medio dun proceso

Charles Robert Darwin [tʃɑrlz ˈdɑrwɪn], nado o 12 de febreiro de 1809 e finado o 19 de abril de 1882, foi un naturalista, biólogo e xeólogo inglés que destaca pola súa achega á teoría evolutiva. Observou e postulou que todas as especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común.[1] Nunha publicación conxunta con Alfred Russel Wallace, introduciu a teoría de que ese fenómeno de diversificación é o resultado do que denominaron selección natural; un proceso no que a competición por persistir ten a mesma resultante que teñen os cruzamentos selectivos na selección artificial.[2]

Modelo:BiografíaCharles Darwin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Charles Robert Darwin Editar o valor en Wikidata
12 de febreiro de 1809 Editar o valor en Wikidata
The Mount, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte19 de abril de 1882 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Down House, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor en Wikidata
ResidenciaThe Mount Editar o valor en Wikidata
RelixiónAnglicanismo e Agnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge - teoloxía (1828–)
Universidade de Edimburgo - medicina (1825–)
Shrewsbury School (1818–1825)
Escola de Medicina da Universidade de Edimburgo
Christ's College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxeólogo, naturalista, filósofo, escritor, etólogo, explorador, escritor de viaxes, botánico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRoyal Geographical Society Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresAdam Sedgwick e John Edmonstone Editar o valor en Wikidata
Influencias
Participou en
27 de decembro de 1831Segunda viaxe do Beagle Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaDarwin Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaDarwin Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeEmma Darwin (1839–1882), morte Editar o valor en Wikidata
FillosWilliam Erasmus Darwin, Anne Darwin, Mary Eleanor Darwin, Henrietta Darwin, George Darwin, Elizabeth Darwin, Francis Darwin, Leonard Darwin, Horace Darwin, Charles Waring Darwin Editar o valor en Wikidata
PaisRobert Darwin Editar o valor en Wikidata  e Susannah Wedgwood Editar o valor en Wikidata
IrmánsErasmus Alvey Darwin
Caroline Darwin
Marianne Darwin
Emily Darwin
Susan Darwin Editar o valor en Wikidata
ParentesUrsula Mommens, bisneta
Josiah Wedgwood II, tío, sogro
Emma Darwin, curmá entregue
Robin Darwin, bisneto
Sarah Darwin Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica
New International Encyclopedia (1902–1905) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm6143881 BNE: XX990809 Bitraga: 1152 iTunes: 156138118 Musicbrainz: 71b891f5-92bb-42be-9c45-98b8f56a3177 Discogs: 465460 WikiTree: Darwin-15 Find a Grave: 1279 Genius: Charles-darwin Editar o valor en Wikidata

Darwin publicou a teoría evolutiva no libro do 1859 A orixe das especies, apoiándose en múltiples probas e refutando as ideas da transmutación das especies.[3][4] A idea de evolución chegou a ser unha postura apoiada pola comunidade científica e pola sociedade ao final da súa vida, na década de 1870. Porén, a teoría da selección natural como proceso esencial que explica a evolución só se chegou a aceptar amplamente entre as décadas de 1930 e 1950. A síntese moderna da teoría evolutiva, co seu piar capital da selección natural, constitúe actualmente a teoría que unifica as ciencias naturais e a que explica a diversidade de vida existente hoxe.[5]

Darwin deixou a un lado a súa formación profesional en medicina da Universidade de Edimburgo antes de se graduar para ir colaborar en estudos de invertebrados mariños, algo que si lle interesou desde novo.[6] Afianzou esa paixón polas ciencias naturais na Universidade de Cambridge.[7] A viaxe de cinco anos de Darwin na segunda expedición do HMS Beagle consolidouno coma un eminente xeólogo, xa que achegou probas ás ideas uniformistas de Charles Lyell. Así mesmo, tornouse coñecido coas súas publicacións de memorias da expedición do Beagle.[8]

Sorprendido pola distribución xeográfica das especies salvaxes e dos fósiles que atopou no decorrer da súa viaxe, adicouse ao estudo da transmutación das especies chegando a concibir a súa teoría da selección natural no ano 1838.[9] Malia que debateu as súas ideas con varios naturalistas, o traballo de estudo xeolóxico das probas recollidas na viaxe tívoo ocupado e fixo que adiase a publicación da súa teoría.[10] De feito, cando comezou a escribilas no 1858, Alfred Russel Wallace envioulle un artigo que describía a mesma idea de selección natural. Así, con esa carta de Wallace, comezaron axiña a escritura da obra conxunta «Sobre da tendencia das especies a formar variedades, e na perpetuación das variedades e das especies por procesos naturais de selección», na que ambos ligaron as súas teorías.[11] Na súa obra estableceu que a descendencia con modificacións herdables é a principal explicación científica da evolución e diversificación da vida. No 1871, primeiro analizou a evolución humana e a selección sexual en «A orixe do home e a selección en relación co sexo», e despois escribiu «Sobre da expresión das emocións no home e nos animais». As súas investigacións de botánica publicáronse en varios volumes. O seu derradeiro libro escrito foi un estudo das lombrigas e o seu efecto no solo [12].

A magnitude da obra de Charles Darwin fixo que fose unha das cinco persoas do século XIX non pertencentes á casa real inglesa que foi soterrada con honras de funeral de Estado.[13] Xace enterrado na Abadía de Westminster, ao lado de John Herschel e Isaac Newton.

Vida de Darwin

editar

Infancia e educación

editar
 
Charles Darwin con sete anos, 1816.

Charles Robert Darwin naceu o 12 de xaneiro de 1809 en Shrewsbury, Inglaterra, no domicilio familiar the Mount.[14] Foi o quinto dos seis fillos do adiñeirado doutor e financeiro Robert Darwin e Susannah Darwin (Susannah Wedgwood de solteira). Era neto de Erasmus Darwin, por vía paterna, e Josiah Wedgwood, por vía materna. Ambas as dúas familias eran unitaristas, aínda que os Wedgwood estaban a se pasar ao anglicismo. Robert Darwin, a pesar de ser un librepensador, bautizou ao seu fillo polo rito anglicano na igrexa de San Chad de Shrewsbury. Aínda así, os seus irmáns e mais el foron sempre aos oficios relixiosos das capelas unitarias, levados pola súa nai.

Aos oito anos de idade, en 1817, Charles comezou a asistir á escola de día que impartía o seu pastor. Naquela hora, Charles xa mostraba o seu gusto pola historia natural e o coleccionismo. Ese mes de xullo a súa nai morreu, así que dende setembro do 1818 estivo interno no colexio anglicano máis próximo, en Shrewsbury, onde xa estaba o seu irmán máis vello Erasmus.[15]

No verán do 1825 Charles fixo de aprendiz de doutor co seu pai, tratando aos pobres de Shropshire. Rematado ese verán, en outubro, seguiu tamén os pasos do seu irmán Erasmus e comezou os estudos de medicina na Universidade de Edimburgo; naquela hora a mellor universidade para a formación médica. As clases maxistrais facíanselle aburridas e a cirurxía arrepiante, así que se decidiu a abandonar o estudo da medicina. Aprendeu taxidermia da man de John Edmonstone, un escravo negro ao que se lle concedera a liberdade e que acompañara ao naturalista Charles Waterton nas súas viaxes polo sur da América selvática. De Edmonston, Charles ten dito que era un home "moi agradable e intelixente".[16]

No seu segundo ano de carreira, Darwin unírase á Plinian Society, un grupo de estudantes de historia natural, dunha visión democrática radical e materialista, que rebatía os conceptos ortodoxos relixiosos dentro da ciencia. Colaborou con Robert Edmond Grant nas súas investigacións acerca da anatomía e ciclo de vida de invertebrados na ría de Forth e en marzo de 1827 presentou na Plinian Society as súas observacións de que as esporas negras das cunchas de ostra son os ovos dunha samesuga.[17] Nun momento determinado no que Grant gabara as ideas evolutivas de Lamarck, Darwin quedou sorprendido. Porén, había nada xa tiña lido ideas similares no xornal do seu avó, Erasmus Darwin.[18] Nesa época Charles aborrecía as clases de historia natural de Robert Jameson sobre a xeoloxía, e os debates do neptunismo e plutonismo. Tamén aprendeu a metodoloxía da clasificación das plantas e colaborou no traballo das coleccións do Museo Nacional de Escocia, que era dos máis grandes de Europa nese momento.[19]

Cando rexeitou seguir os estudos en medicina, o seu pai anoxouse e decidiu envialo ao Christ's College de Cambridge. O obxectivo era que cursase o Bacharelato de artes, o paso previo necesario para convertelo en pastor anglicano. Como non dispoñía da cualificación para concorrer ao proceso selectivo Tripos, comezou o curso dende o inicio. Era xaneiro do 1828, pero no canto do estudar preferiu adicarse a montar a cabalo e practicar o tiro. O seu curmán William Darwin Fox afeccionouno alí á popular cultura da recolección de escaravellos. Darwin, de alí en diante, afeccionouse con fervor ás recolectas. Algunha desas pezas das súas coleccións remataron nas «Ilustracións da Entomoloxía Británica de Stevens» (un tratado de entomoloxía das Illas británicas). Así mesmo, fíxose amigo intimo de John Stevens Henslow e coñeceu a outros naturalistas que entendían o traballo científico coma teoloxía natural. Para estes últimos, titores universitarios, el foi «o alumno que vai tras de Henslow». Mais cando tivo os exames cerca, Darwin preparouse, interesándose especialmente pola linguaxe e a lóxica de «Evidencias do cristianismo» de William Pasley, e conseguiu colocarse nos exames do 1831 coma o décimo de entre 178 persoas.

Darwin tivo que permanecer en Cambridge ata xuño. Nese momento estudou «A teoloxía natural ou as evidencias da existencia e os atributos da deidade» (1802) de Pasley. Nesa obra postúlase a intervención divina no deseño da natureza e explícase a adaptación como froito da forza de Deus actuando mediante as leis da natureza. Leu o «Discurso preliminar sobre dos estudos da filosofía da natureza» (1831) de John Herschel, no que se describe a intención da filosofía natural como o coñecemento adquirido do razoamento dedutivo baseado na observación, e a «Narrativa persoal» de Alexander von Humboldt, na que se narran as súas viaxes científicas de 1799 a 1804. O "fervor por colaborar" de Charles fixo que nese momento se propuxese facer unha viaxe a Tenerife acompañado dalgúns compañeiros de estudos para estudar a historia natural dos trópicos. Como preparación da viaxe, apuntouse ás clases de xeoloxía de Adam Sedgwick, nas cales se estratigrafaba en Gales durante o verán enteiro [20][21].

A viaxe no Beagle

editar
Artigo principal: Segunda viaxe do Beagle.
 
A ruta marítima seguida polo Beagle.

Despois desa semana con compañeiros de estudos en Barmouth, o 29 de agosto ao chegar á casa atopouse cunha carta de Henslow informándoo de que o propuxera como candidato naturalista idóneo, aínda que sen formación, para un posto no HMS Beagle. Propoñíalle embarcar na viaxe do capitán Robert FitzRoy, sen soldo pero non como un mero operario senón máis ben como o seu acompañante. O barco ía partir de porto en catro semanas a unha expedición pola costa de Suramérica.[22] O seu pai púxolle obxección á viaxe, de dous anos, pois considerábaa unha perda de tempo. Pero o cuñado de seu pai, Josiah Wedgwood, conseguiu convencelo de que o deixase participar na expedición e o financiase.[23] Naquel momento Darwin mirou de ter as súas coleccións ao seu coidado: o médico da navegación, Robert McCormick, partía como o naturalista oficial da expedición [24].

Despois de atrasos na partida, a expedición saíu de porto o 27 de decembro do 1831 e durou case cinco anos. Tal e como FritzRoy pensara en que fixese, Charles Darwin pasou a meirande parte do tempo en terra investigando a xeoloxía dos lugares visitados e recollendo material para coleccións de historia natural. Mentres, a frota do barco adicouse á exploración e cartografado das costas[25][26]. Darwin anotou coidadosamente as observacións que foi realizando e as súas especulacións teóricas. Periodicamente enviaba os espécimes recollidos a Cambridge, acompañados de cartas que incluían copias desas notas para a súa familia.[27] Darwin chegou a dominar a xeoloxía, adquiriu destreza na recolleita e tratamento entomolóxico de escaravellos e na disección de invertebrados mariños. Noutras áreas non deixou de ser un aprendiz, que intelixentemente recolleu espécimes para que outros expertos nesa materia os examinasen.[28] Aínda que sufría forte e frecuentemente os trastornos propios da navegación, escribiu unha ampla cantidade de notas a bordo. A meirande parte das súas notas de zooloxía eran sobre de invertebrados mariños, comezando xa por mostras de plancto recollidas en momentos de mar calmo.[29]

Na primeira parada en Santiago, Cabo Verde, Darwin atopouse con que unha banda branca, a elevada altitude nos acantilados de rochas volcánicas, era un estrato formado por cunchas mariñas. FitzRoy déralle a Darwin o primeiro volume dos Principios de Xeoloxía de Charles Lyell. Nese libro establecíanse os principios do uniformismo e falábase de levantamentos e inmersións de terras ao longo de inmensos períodos de tempo. Así que Darwin comezou a captar esas características xeolóxicas e entendelas do mesmo xeito que Lyell o fixera. De aí que comezase a postular teorías e pensase en escribir un libro sobre xeoloxía.[30]

Ao chegar ao Brasil Darwin fascinouse polos bosques selváticos e escandalizouse ao ver a escravitude.[31] Nese momento McCormick deixou a expedición e foi substituído por Darwin no seu posto de naturalista. A expedición seguiu navegando ata o sur da Patagonia. Fixeron un atraque na Bahía Blanca, Arxentina. En cantís Darwin fixo a importante descuberta de fósiles de grandes mamíferos extintos pero a carón de cunchas modernas. Iso constituíu un importante fito pois supoñía a descuberta dunha extinción recente sen que houbese signos de cambios climáticos ou catástrofes. Localizou o pouco coñecido Megatherium, identificándoo por un dente. De primeiras pensou que era unha coiraza ósea dunha versión xigante dos armadillos desa zona. Estas descubertas tiveron un enorme interese cando se fixeron públicas en Inglaterra [32].

Acompañado de gauchos, adicouse á exploración xeolóxica do interior e recolleu máis fósiles. Achegáronlle unha mellor perspectiva social, política e antropolóxica dos pobos colonizadores e nativos neses tempos de revolución. Nesas viaxes ao interior tamén observou que dous tipos de ñandú tiñan territorios separados pero solapados.[33] Máis ao sur, viu chairas levantadas en chanzos e formadas por cantos e cunchas mariñas. Identificounas como praias emerxidas en varias elevacións. Naquel entón, leu o segundo volume da obra de Lyell e chegou a aceptar a súa visión dos "centros de creación" das especies.[34] Porén, as súas descubertas e postulados teóricos fixeron que comezase a contrapoñerse á idea de Lyell de "suave continuidade" e extinción das especies.[35]

Tres indíxenas de Terra do Fogo, que embarcaran na primeira viaxe do Beagle e pasaran un ano en Inglaterra, foron levados de novo ao arquipélago como misioneiros. Mentres que Darwin vía nesa xentes a persoas amigables e civilizadas, os seus compañeiros só os apreciaban como persoas "miserables e salvaxes degradados", tan diferentes deles como se fosen animais domésticos.[36] Para Darwin esas diferenzas non eran máis que as propias de diferentes avances culturais e non dunha inferioridade racial. É máis, en contra do que os seus amigos científicos opinaban, para el xa non existía ese insuperable salto entre humanos e animais. Tras un ano de misión eses nativos americanos decidiran abandonar a misión, fixeron vida na Terra do Fogo e alí casaron; sen lles quedar desexo ningún de volver a Inglaterra.[37]

A Darwin colleuno un tremor de terra estando en Chile e viviu a sensación de ver a terra levantarse e as cunchas de mexillóns chegaren á cima das rochas dos cantís de praia. No cume dos Andes identificou cunchas mariñas e outros fósiles de árbores en estratos formados por area de praia. Isto fíxoo propoñer que segundo a terra se erguía, as illas oceánicas se afunden e os arrecifes de corais medran rodeándoas, formando atois.[38][39][40]

Nas Illas Galápagos, de orixe xeolóxica recente, Darwin procurou probas que relacionasen a vida salvaxe co seu "centro de creación" ancestral. Atopouse con que os paxaros mímedes (Mimidae) semellaban estar emparentados cos que vira en Chile, mais que variaban de illa en illa. Tamén tiña escoitado alí que a forma das coirazas das tartarugas permitía saber de que illa viñan. Nunca o deu comprobado por non ser quen de facer unha recolección de coirazas, malia que eran un dos pratos habituais a bordo do barco.[41] Chegados a Australia, a rata-canguro (Potoroidae), e o ornitorrinco resultáronlle tan estraños que chegou a pensar que foran obra de dous Creadores diferentes.[42] Tamén en Australia percibiu o "bo humor e a amabilidade" dos aborixes australianos e como se estaba forzando a súa retirada de territorios, forzados polo asentamento dos europeos.[43]

O Beagle investigou a formación dos atois das Illas Cocos revelando información importante para contrastar as hipóteses de Darwin ó respecto. FitzRoy comezou nese momento a escribir as "Narrativas" oficiais das viaxes do Beagle e, tras lelas, propuxo que o diario de Darwin fose incorporado nese rexistro. O diario de Darwin sería posteriormente reescrito coma un terceiro volume por separado adicado soamente á historia natural.

En Cidade do Cabo Darwin e FritzRoy coñecerían a John Herschel, que lle escribira recentemente a Lyell loando o seu uniformismo e abrindo amplas especulacións acerca do "misterio dos misterios, a substitución dunhas especies por outras" pois era "unha contradición natural ó proceso milagreiro" (en alusión á creación). Ó organizar as súas notas Darwin, cando xa o barco se dirixía cara ao seu país, escribiu que se as súas pescudas acerca dos Mimidae, as tartarugas e os raposos das Illas Malvinas eran correctas, daquela "eses feitos atentan contra a idea de que as especies son algo estable", aínda que rematou por moi sutilmente cambiar esa frase escribindo "poderían atentar". Posteriormente escribiría que tales feitos lle "parecían mostrar luz acerca da orixe das especies".

A concepción por Darwin da teoría evolutiva

editar
 
Sendo aínda un home novo, Charles Darwin ingresa con honores na elite científica

Cando o Beagle volve a porto o 2 de outubro de 1836 Darwin xa era unha celebridade nos círculos científicos pois un ano antes, en decembro de 1835 Henslow encargárase de gabar o seu pupilo entre o gremio repartindo folletos coas súas cartas xeolóxicas.[44] Ó retornar á súa Inglaterra natal Darwin visita primeiro a familiares na súa casa de Shrewsbury e logo apresúrase a ir a Cambridge para ver a Henslow, quen lle recomendara buscar naturalistas que aceptaran tratar os espécimes botánicos que fora recollendo durante a viaxe. Como o pai de Darwin xa lle tiña preparados fondos para que se puidese manter exclusivamente dedicado á misión científica, Darwin acode ás institucións de Londres para obter recoñecemento e na procura de expertos que describan as súas coleccións. Os zoólogos naquela hora tiñan morea de traballo no campo descritivo así que os espécimes da súa colección corrían un serio perigo de acabaren sendo gardados sen describir.[45]

Charles Lyell ansiosamente recibirá a Darwin e coñecerao por primeira vez o 29 de outubro dese ano. Lyell preséntalle ó biólogo, anatomista e paleontólogo Richard Owen, quen dispuña de espazo no Real Colexio de Cirurxiáns británico onde había o material necesario para o estudo dos fósiles que Darwin recollera. Os resultados dos traballos de Owen inclúen un preguiceiro extinto xigante, un esqueleto case completo de Scelidotherium, o Toxodon que era similar a un roedor e do tamaño dun hipopótamo e similar a unha capibara. Os fragmentos de coiraza pertencían ó Glyptodon, un armadillo xigante, tal e como Darwin pensara inicialmente.[46][47] Estas especies extintas eran todas semellantes a especies vivas de América do Sur.[48]

A mediados de decembro Darwin alóxase en Cambridge para organizar o traballo das súas coleccións e reescribir o seu Xornal.[49] Daquela escribe o seu primeiro informe científico no que explica a lenta elevación das masas suramericanas e leo ante a Sociedade Xeolóxica de Londres o 4 de xaneiro de 1837 co entusiasta apoio de Lyell. Ese mesmo día presenta os seus espécimes de mamíferos e paxaros na Sociedade Zoolóxica. O ornitólogo John Gould axiña anunciaría que os paxaros das Illas Galápagos que Darwin relacionara con outros xéneros, son en realidade doce especies de frinxilifos, pimpíns. O 17 de febreiro Darwin foi elixido para o Consello da Sociedade Xeolóxica e nesa mesma data a presentación presidencial de Lyell informa das descubertas de Owen relativas ós fósiles de Darwin, facendo fincapé na continuidade xeográfica das especies, como proba das súas ideas uniformistas.[50]

A primeiros de marzo Darwin trasládase a Londres para estar preto do seu traballo e únese ó círculo social de científicos e expertos de Lyell, como Charles Babbage,[51] quen chegou a describir a Deus coma un programador de leis. As cartas de John Herschel relativas ó "misterio dos misterios", a orixe das especies, foron amplamente discutidas buscando explicacións nas leis científicas e non en milagres. Darwin permaneceu co seu irmán librepensador Erasmus, quen pertencía ós círculos do Partido Británico Whig e amigo persoal de Harriet Marineau, defensora do maltusianismo que subxacía ás controvertidas reformas da Lei dos Pobres británica que pretendía parar que o benestar causara máis superpoboación e máis pobreza. Harriet Martineau, como unitaria aceptaba as implicacións radicais da transmutación das especies, promocionaba Edmond Grant e a escola de cirurxiáns influenciados por Geoffroy. A transmutación era repudiada polos anglicanos que defendían a orde social e a desbotaban,[52] pero que científicos de reputación debatían abertamente e era de interese. Unha carta de John Herschel louvou a aproximación de Lyell que era un xeito de atoparlle a orixe natural ás novas especies.[53]

Na súa primeira xuntanza para discutir as súas descubertas, Gould fálalle a Darwin de que os mímidae das diferentes illas eran especies separadas, non simples variedades, e que o grupo de pimpíns incluía ós carrizos.[54] Darwin, quen non recollera información dos pimpíns por illa, busca localizalos a partir de notas doutros no Beagle, incluíndo as de FitRoy. Efectivamente, os dous ñandús eran especies separadas e así, o 14 de marzo, Darwin anuncia que a súa distribución cambiou avanzando cara ó sur.[55]

 
A mediados de xullo do 1837 Darwin comeza o seu libro de notas "b" para falar da "transmutación das especies", no que aparece na páxina escrito un "Penso" enriba do que é o primeiro esbozo dunha árbore evolutiva

A mediados de marzo, Darwin especula no seu "libro de notas vermello" acerca da posibilidade de que "unha especie se transforme noutra" como posible explicación da distribución das especies vivas e das extintas. As súas divagacións sobre o tempo de vida e a reprodución asexual e sexual conforman un libro de notas "B" no que a mediados de xullo anota que as variacións na descendencia "para se adaptar e alterar a raza fronte a un mundo cambiante" explican os casos das tartarugas das Galápagos, os mímidae e os ñandús. Nese momento representa a descendencia coma unha árbore ramificada dunha única árbore evolutiva e escribe que "é absurdo falar de que un animal sexa superior a outro", clara referencia descartando as ideas lamarquianas de liñas independentes que mutan a formas superiores.[56]

Exceso de traballo, enfermidade e o seu casamento

editar

Mentres traballaba intensamente no estudo da transmutación, Darwin acabou acumulando aínda máis traballo. Cando estaba a reescribir o seu xornal, asumiu a edición e publicación do informe de expertos das súas coleccións, e coa axuda de Henslow obtivo unha subvención do Tesouro de 1,000 £ para a promoción da publicación de varios volumes da Zooloxía da Expedición do H.M.S Beagle. Ampliou ese financiamento para incluír os seus libros planificados de xeoloxía, aceptando datas de publicación co editor que non eran nada realistas.[57] Sendo o comezo da época vitoriana, Darwin esforzouse na escritura do seu Xornal e en agosto do 1837 comezou a facer as correccións dos preparativos para a impresión.[58]

A saúde de Darwin sufriu desta presión de traballo. O 20 de setembro tivo "unha incómoda palpitación do corazón", co que os seus doutores lle aconsellaron a obriga de "liquidar todo o traballo" e irse descansar ao rural por unhas semanas. Despois dunha visita a Shrewsbury xuntouse cos seus parentes de Wedgwood no casarío de Maer Hall, en Maer, mais tanta presión por que lles relatase contos das súas viaxes eses días de repouso non lle serviron para tal. A súa cariñosa e intelixente curmá Emma Wedgewoo, de nove meses máis ca Darwin, dedicábase a coidar a súa tía. O seu tío Jos mencionoulle naquela hora un espazo de terras onde as pedras de cinza desapareceran enterradas en lagumeiros e suxeriulle que iso era froito do traballo das lombrigas, o que lle inspirou "unha nova e importante teoría" na formación do solo que Darwin presentaría na Sociedade de Xeoloxía o 1 de novembro.[59]

William Whewell promoveu que Darwin se fixese cargo da Secretaría Xeral da Sociedade de Xeoloxía. Aínda que inicialmente se negou, aceptou o posto en marzo do 1838.[60] Malia a rutina na escritura e edición dos informes do Beagle, Darwin fixo importantes avances na transmutación ao aproveitar cada oportunidade de lle preguntar non só a naturalistas senón tamén a xente con experiencia práctica como agricultores e granxeiros de porcos.[61][62] Co tempo nesta investigación foi obtendo información dos seus familiares e fillos, do mordomo da familia, da veciñanza, dos colonialistas e doutros compañeiros de expedicións oceanográficas.[63] Desde sempre tivo na conciencia a humanidade nas súas especulacións e anotou o 28 de marzo do 1838 os comportamentos infantís que lle viu aos orangutáns.[64]

As infeccións pasáronlle factura e en xuño encamou por varios días con problemas estomacais, dores de cabeza e síntomas cardíacos. O resto da súa vida tivo repetidamente incapacidades con períodos de dores estomacais, vómitos, furúnculos, palpitacións, tremores e outros síntomas, que en particular se lle daban durante os momentos de estrés, como era en reunións e visitas no eido social. A causa da enfermidade de Darwin aínda se descoñece e os tratamentos que lle deron non obtiveron bo resultado.[65]

O 23 de xuño tomou unhas vacacións e fixo unha ruta xeolóxica en Escocia. Visitou Glen Roy desfrutándoo con bo tempo e que lle deixou ver as "pistas" paralelas cortadas nas ladeiras a tres alturas. Máis tarde publicaría a súa visión de que esas eran praias mariñas elevadas, aínda que posteriormente tivo que aceptar que se trataba de liñas de costa de lagos pro-glaciais.[66]

Xa unha vez totalmente recuperado, volveu de Shrewsbury en xullo. No papel usado para facer notas diarias sobre da alimentación dos animais, anotou ideas ou cuestións que ao chou lle viñan a cabeza sobre a súa carreira e perspectivas dúas columnas tituladas "Casar" e "Non Casar". As vantaxes incluían "un compañeiro constante e un amigo na vellez ... mellor ca un can de calquera xeito" e entre as desvantaxes "menos cartos para libros" e "terrible perda de tempo.".[67] Despois de decidirse a favor e telo debatido co seu pai, visitou a Emma o 29 de xullo. Non lle propuxo casamento máis, e en contra dos consellos do seu pai, mencionoulle as súas ideas sobre a transmutación.[68]

Malthus e a selección natural

editar

Continuando as súas investigacións en Londres, a ampla cantidade de lecturas feita incluía agora a sexta edición de An Essay on the Principle of Population (Ensaio sobre o principio da poboación) de Malthus e o 28 de setembro do 1838 fixo un apuntamento aseverando que "a poboación [humana], se non se controlaba, iría duplicándose cada vinte e cinco anos", ou aumentaría nunha progresión xeométrica que faría que as poboacións axiña excedesen as fontes de recursos de alimentos existentes, algo que hoxe se coñece como a catástrofe malthusiana. Darwin estaba formado abondo como para comparala coa "batalla das especies" de plantas e a súa loita pola súa existencia na natureza proposta por de Cadolle, e que explica como o número de individuos dunha especie se mantén estable. Xa que as especies sempre se reproducen por riba dos recursos existentes dispoñibles, as variacións favorables farían que eses organismos estivesen máis capacitados para sobreviviren e pasaren á súa prole esas variacións, namentres que as variacións desfavorables se perderían. Escribiu que "a causa final ten que ser a escolla da estrutura axeitada e adaptala aos cambios", co que "se pode dicir que hai unha forza coma cen mil cuñas intentando forzar a cada unha das estruturas adaptadas aos fallos da economía da natureza, ou máis ben formando cuñas ao empurrar os máis febles".[61][69] Isto produciría a formación de novas especies.[61][70] Como máis tarde escribía na súa autobiografía:

"En outubro do 1838, isto é, quince meses despois de comezar a miña pescuda sistemática, lin con ledicia o ensaio de Malthus sobre a Poboación, e estando ben preparado para apreciar como é a loita pola supervivencia que existe en todos os lados por ter observado de xeito continuo hábitats de animais e plantas, iso fixo que caese na conta de que baixo esas circunstancias as variacións favorables tenderían a se conservar, e as desfavorables a ser destruídas. O resultado disto sería a formación de novas especies. Así, con iso, cheguei ao fin a unha teoría coa que traballar..."[71]

A mediados de decembro Darwin viu a semellanza entre os granxeiros escollendo as mellores razas por selección artificial e a natureza malthusiana seleccionando aleatoriamente variantes de xeito que "cada parte das novas estruturas adquiridas fose totalmente práctica e perfecta"[72] e pensou nesta comparanza como "unha fermosa parte da miña teoría".[73] Máis tarde chamaríalle a esta teoría a selección natural, unha analoxía co que denominara selección artificial da reprodución selectiva.[61]

O 11 de novembro volveu para Maer e propúxolle casamento a Emma, unha vez máis contándolle antes todas as súas ideas. Ela aceptouno e como máis tarde relatou en cartas de amor, valorábao pola súa mente aberta a compartir as diferenzas, recalcando a súa propia crenza no unitarismo e a súa preocupación de que esa diferenza os puidese separar máis adiante, noutra vida.[74] No momento en que el se encargara da busca de fogar en Londres, continuaron as súas caídas por enfermidade e Emma escribíalle incentivándoo a que repousase. Dicíalle frases como "Así que non esteas enfermo máis, meu prezado Charley, ata que eu te poida coidar". El atopou a que logo lle chamaron a "Cabana do Guacamaio", polos interiores de cores cálidas, situada na rúa Gower de Londres. Ese inverno moveron o seu "museo" para o novo fogar. O 24 de xaneiro do 1839 Darwin foi escolleito como parte da Royal Society.[75][76]

Ese 29 de xaneiro, Darwin e Emma Wedgewood casaron en Maer nunha cerimonia anglicana organizada polos unitarios e ao saír da mesma mudáronse a Londres ao seu novo fogar.[77]

Libros de xeoloxía, cirrípedes e investigación en evolución

editar
 
Darwin nos seus trinta anos de idade, co seu fillo vestido cunha casaca no seu colo.

Nese momento Darwin tiña xa o marco conceptual da súa teoría da selección natural "coa que poder traballar" sendo esta "o principal entretemento".[78] A súa liña de investigación incluía unha extensa selección artificial de plantas e animais co fin de mostrar que as especies non estaban fixadas, así como investigar moitas máis ideas que detallasen e lle desen peso á súa teoría.[61] Durante quince anos este traballo estivo en segundo plano por detrás do principal de escribir sobre xeoloxía e realizar informes de especialista para as coleccións do Beagle.[79]

Cando se publicou a Narración de FitzRoy en maio de 1839, o xornal de Darwin Xornal e Anotacións da viaxe do Beagle converteuse nun éxito no seu terceiro volume e acabou por se publicar independentemente máis tarde ese mesmo ano.[80] Antes, no ano 1842, Darwin escribira sobre das súas ideas a Charles Lyell, quen lle indicou que a súa achega era "negar que se vira o comezo da división de especies".[81]

O libro A Estrutura e a Distribución dos Arrecifes de Coral de Darwin, acerca da teoría da formación de atois publicouse en maio do 1842, despois de máis de tres anos de traballo. A continuación desa publicación foi cando comezou o "esbozo a lapis" da súa teoría da selección natural.[82] Para escapar das presións que aturaban en Londres, a familia mudouse ao lugar de Down House ese setembro.[83] O 11 de xaneiro do 1844 Darwin mencionou o postulado da súa teoría ao botánico Joseph Dalton Hooker escribíndolle con retranca melodramática que "é como confesar un asasinato".[84][85] Hooker respondeulle que na súa opinión "pode ter habido unha serie de producións en diferentes puntos, e así mesmo un cambio gradual nas especies. Estaría encantado de lle escoitar como pensa que se pode producir este cambio, xa que ningunha das opinións expostas ata o de agora para este tema me satisfai".[86]

 
O carreiro ó que Darwin lle chamaba "o pé de area" e que era o seu "carreiro de pensamento"

En xullo Darwin xa tiña enchido o seu "esbozo" e conseguira un "Ensaio", que se ampliaría cos resultados das súas investigacións se morrese de xeito prematuro.[87] En novembro o libro best-séller sensacionalista, que se publicou de xeito anónimo, Vestixios da Historia Natural da Creación fixo que se puxese moita atención na transmutación. Darwin desprezou a súa xeoloxía e zooloxía de afeccionado, mais aínda así revisou con calma os seus argumentos. O debate vivo estourou e continuou vendendo ben, malia que moitos científicos o refutaban con desprezo.[88][89]

Darwin rematou o seu terceiro libro xeolóxico no 1846. Nese momento aviváraselle a fascinación e a experiencia en invertebrados mariños, que comezara nos seus días de estudante con Grant, por terse adicado á disección e clasificación de cirrípedes que se recolleran na expedición, e cos que desfrutou observando belas estruturas e comparándoas con outras similares.[90] No 1847 Hooker leu o "Ensaio" e envioulle notas que a Darwin lle deron os comentarios críticos serenos que necesitaba. Hooker aínda así negouse a afirmalo e cuestionou a oposición de Darwin aos continuos actos da creación.[91]

Intentando mellorar a súa mala saúde crónica, Darwin foi no 1849 ao spa do Doutor James Gully en Malvern e sorprendeuse de atopar beneficios coa hidroterapia.[92] Máis adiante no 1851 a súa prezada filla Annie enfermou e iso fíxoo volver a pensar en que a súa enfermidade se herdaba. Anne morreu despois dunha longa serie de crises.[93]

Despois de oito anos de traballo cos cirrípedes (percebes), a súa teoría permitiulle atopar "homoloxías" mostrando que lixeiros cambios en partes do corpo serven para acadar diferentes funcións que cumpran as restricións de novas condicións, e nalgúns xéneros atopou que pequenos machos parasitan a hermafroditas mostrando un estadio intermedio na evolución dos distintos sexos.[94] No 1853 acadou a medalla real da Royal Society e gañou reputación como biólogo.[95] En 1854 converteuse en membro da Sociedade Linneana de Londres, co que tivo acceso á súa libraría.[96] Retomou o seu traballo nas especies en novembro e decatouse de que a diverxencia nos caracteres dos descendentes poderían ser explicada pola adaptación destes a "diversificados lugares na economía da natureza".[97]

Publicación da teoría da selección natural

editar
 
Foto de estudo que mostra a característica testa e ollos profundos de Darwin. Di de si mesmo nesta foto que "se eu realmente teño tan mala expresión na face como esa miña foto dá, como é logo que se sorprendan as miñas propias amizades dela?".[98]

A comezos do 1856 Darwin estaba investigando se os ovos e as sementes poderían sobrevivir a viaxes a través dos fluxos de corrente de auga e conseguir que as especies puidesen colonizar ó longo dos océanos. Hooker dubidaba cada vez máis da visión tradicional de que as especies eran fixas, mais o seu novo amigo Thomas Henry Huxley xa era un firme detractor da transmutación das especies. Lyell estaba intrigado polas especulacións de Darwin aínda sen caer na dimensión real diso. Cando leu a publicación de Alfred Russel Wallace, "Sobre da lei que regula a introdución de novas especies", apreciou similitudes coas ideas de Darwin e fixo que se achegase a Darwin e motivalo a que publicase para establecer o seu precedente. Aínda que Darwin non apreciou risco ningún, comezou a traballar na súa pequena publicación. Atopar solucións a preguntas complexas levouno a incentivalo continuamente e ampliou o seu plan de traballo a escribir un gran libro sobre as especies titulado "Selección Natural". Continuou coas súas investigacións, obtendo máis información e espécimes de naturalistas de todo o mundo, entre os cales estaba Wallace, quen traballaba en Borneo. O botánico americano Asa Gray mostrou un interese parecido e o 5 de setembro de 1857 Darwin envioulle a Gray unha lista detallada das súas ideas, onde ía un resumo da "Selección Natural". En decembro Darwin recibiu unha carta de Wallace preguntándolle se o libro ía explorar as orixes do home. Respondeulle que ía evitar ese punto, "tan rodeado de prexuízos", e animouno a que postulase a súa teoría e engadiu que "Eu irei máis aló ca ti".[99]

O libro de Darwin só estaba en parte escrito cando o 18 de xuño do 1858 recibiu un artigo de Wallace describindo a selección natural. Atónito por ter sido "anticipado", Darwin envioulle o artigo a Lyell, como lle pedía Wallace, e aínda que Wallace non preguntara por publicación ningunha, Darwin suxeriulle que o remitise a calquera xornal que el estimase.[100][101] A súa familia estaba en crise con rapaces da aldea a morrer de escarlatina co que lle deixou o tema nas mans de Lyell e Hooker. Despois de varios debates, decidíronse por realizar unha presentación conxunta na Linnean Society o 1 de xullo sobre "A Tendencia das Especies a Formar Variedades e a Perpetuación de Variedades e Especies por Medios Naturais de Selección". Porén, o neno de Darwin morreu de escarlatina e estaba moi afectado como para asistir.[102]

Nese momento houbo moi pouca atención no anuncio da teoría, mesmo chegando a darse a opinión do presidente da Linnean Society dicindo en maio do 1859 que fora un ano que non estivera marcado por ningunha descuberta revolucionaria.[103] Só houbo unha que merecese atención, que foi a do profesor de Dublín Samuel Haughton que dixo que "todo o que é novo diso é falso e todo o verdadeiro xa é vello."[104] Darwin seguiu pelexando durante trece meses para escribir un resumo do seu "gran libro" por padecer enfermidades, aínda que moito máis que apoiado polos seus amigos científicos. Lyell conseguiu que fose publicado por John Murray.[105]

A orixe das especies conseguiu facerse inesperadamente popular, pasando de non chegar as subscricións para a primeira impresión a 1.250 copias ata chegar a ser o libro máis vendido o 22 de novembro do 1859.[106] No libro Darwin debuxa "un longo argumento" de observacións detalladas, inferencias e consideracións sobre dos posibles argumentos para rexeitalas.[107] No seu argumento a favor do descendente común describiu as evidencias por homoloxías entre os humanos e outros mamíferos.[108][III] Despois de debullar a selección natural apuntou ás diferenzas posibles entre as razas humanas[109][IV] Evitou facer referencia á evolución humana e só fixo a sutil afirmación de que se "lle dará luz á orixe do home e á súa historia".[110][IV] A súa teoría está afirmada directamente na introdución:

Segundo haxa máis individuos de cada especie que nazan e teñan posibilidades de sobrevivir, e segundo, consecuentemente, haxa cada vez máis competencia por sobrevivir, darase que calquera ser, se se cambia a si mesmo lixeiramente e de calquera xeito para o seu beneficio, terá unha maior probabilidade de sobrevivir, e polo tanto será "seleccionado de xeito natural". Dende o firme principio da herdanza, calquera variedade escolleita tenderá a propagar as súas novas e modificadas melloras.[111]

Resaltou un claro caso para antepasado común, e ao final do libro concluíu que:

Hai unha grandeza nesta visión da vida que, coas súas diferentes forzas, se orixinou nunhas poucas formas ou nunha soa; e que, mentres este planeta estivo orbitando seguindo a constante lei da gravidade, a partir dun tan simple inicio as formas máis belas e máis marabillosas foron, e están, evolucionando.[112]

A última palabra era a única variante de "evolucionado" que saíu en calquera das primeiras cinco edicións do libro. Evolucionismo nese momento estaba ligado a outros conceptos, principalmente relacionados co desenvolvemento embrionario. Darwin cita por primeira vez a palabra evolución en A orixe do home, e a selección en relación co sexo, publicado no 1871. Non chega a engadir o termo ata 1872 na sexta edición de A orixe das Especies.[113]

As respostas á publicación

editar
 
Durante as vacacións do 1869 da familia de Darwin na súa cabana da Illa de Whight, Julia Margaret Cameron fíxolle retratos mostrando a súa longa barba que deixara medrar entre o 1862 e o 1866.
 
Unha caricatura do 1871 trala publicación de A orixe do home que se fixo das típicas e na que se mostraba a Darwin con corpo de gorila, e co que realmente o estaban a popularizar como o autor principal da teoría evolutiva.[114]

O libro acadou un amplo interese internacional, con menos controversia que a que xeraran os Vestixios da Historia Natural da Creación.[115] Aínda que a enfermidade de Darwin o mantivo fóra dos debates públicos, escudriñou con afán tódalas repostas dos científicos, desde as que saían nas edicións de prensa, nas revisións, en artigos, en sátiras e caricaturas, e comentounas con colegas de todo o mundo por correspondencia postal.[116] No libro no expuña explicitamente as orixes humanas,[110][IV] mais incluía unha serie de indicacións sobre a ascendencia animal dos humanos a partir da cal a dedución podería ser feita.[117] A primeira revisión fíxose a pregunta de "Se os monos se fixeron persoas - en que é que non se converterán as persoas?" e deixou dito que era competencia dos teólogos argumentar porque era demasiado perigoso para os lectores comúns.[118]

Entre as primeiras respostas favorables deuse a de Huxley aproveitándoa e rebatendo contra Richard Owen, un asentado científico ao que Huxley intentaba desbancar.[119] En abril, a revisión de Owen atacou os amigos de Darwin e desprestixiou as ideas destes, enfurecendo a Darwin por tal,[120] mais Owen e outros máis comezaron a promover ideas de evolución guiada por forzas supernaturais. Patrick Matthew resaltou a idea do libro de 1831 no que había un apéndice suxerindo o concepto de selección natural orixinando novas especies, mais no que a idea aínda non estaba desenvolvida.[121]

A resposta da Igrexa de Inglaterra foi unha mestura. Os antigos titores de Darwin en Cambrige, Adam Sedgwick e Jon Stevens Henslow desbotaron as súas ideas, mais os clérigos liberais interpretaron a selección natural como un instrumento froito do deseño de Deus, mesmo o clérigo Charles Kingsley mostrando que o vía "tan nobre como a concepción da Deidade".[122] No 1860 a publicación de Ensaios e Revisións por sete teólogos liberais anglicanos tratou de esvaecer a proposta de Darwin coas súas ideas que incluían a do alto cristianismo estar sendo atacado polas autoridades da igrexa nunha herexía. O matemático Baden Powel argumentou que os milagres rompían as leis de Deus co que e louvou "o volume maxistral de Darwin [que apoia] o gran principio dos poderes da natureza que evoluciona por si soa".[123] Asa Gray debateu sobre de teoloxía con Darwin e chegou a importar e distribuír os panfletos de Grey a favor da evolución teísta, a liña que é a favor de que as ensinanzas de Deus non serían contrarias á comprensión científica da evolución biolóxica, e que dicía que A selección natural non é inconsistente coa Teoloxía Natural.[122][124] A máis famosa das confrontacións foi en público no debate de evolución de Oxford no 1860, durante o encontro da Asociación Británica para os avances en ciencia, e na que o bispo de Oxford Samuel Wilberforce, aínda que non se mostraba contrario á transmutación de especies, refutou a explicación de Darwin de que os homes proviñan de primates. Joseph Hooker argumentou moi a favor de Darwin e Thomas Huxley fixo a súa histórica afirmación, que prefería ben ter sido descendente dun primate máis ca dun humano que desaproveita os seus regalos, e que chegaría a ser un símbolo do triunfo da ciencia sobre da relixión.[122][125]

Incluso os moi achegados amigos de Darwin, Gray, Hooker, Huxley e Lyell lle mostraban varios reparos aínda que lle daban un forte apoio, como outros tantos, moi especialmente os naturalistas máis mozos. Grey e Lyell buscaron a reconciliación entre a ciencia e a relixión, mais Huxley retrataba unha polarización entre a relixión a ciencia. Fixo campaña contra a autoridade dos cregos na educación,[122] co obxectivo de derrubar o dominio dos cregos e afeccionados aristocráticos e coa axuda de Owen en favor dunha nova xeración de científicos profesionais. As afirmacións de Owen de que a anatomía cerebral dos humanos era unha evidencia de que a orde biolóxica dos humanos estaba separada do resto dos primates foron desbotadas por Huxley nunha longa e forte disputa, que chegaría a ser parodiada como a Gran cuestión do hipocampo, e desacreditou a Owen.[126]

O darwinismo chegou a ser un movemento que cubría un amplo rango de ideas evolutivas. No 1863 a teoría das Evidencias Xeolóxicas da Antigüidade do Home de Lyell fixo que a prehistoria acadase popularidade, aínda que as súas cautelas na evolución desanimaban a Darwin. Semanas despois o libro de Evidencias do home como parte da natureza de Huxley demostraba que anatomicamente os humanos son primates e pouco máis tarde O naturalista no Río Amazonas de Henry Walter Bates ofrecía datos empíricos da selección natural.[127] Os movementos persoais de xente de alto rango fixo que a Darwin se lle outorgase o maior rango honorífico científico en Gran Bretaña: a Copley Medal da Royal Society que lle foi asignada o 3 de novembro do 1864.[128] Ese mesmo día Huxley celebrou a primeira reunión do que se converteu no influente X Club, dedicado á "ciencia, pura e libre, libre de dogmas relixiosos".[129] Ao final desa década a meirande parte dos científicos mostrábanse convencidos de que a evolución ocorría, mais só unha minoría apoiaba a postura de Darwin de que acontecía polo mecanismo de selección natural.[130]

A orixe das especies foi traducida a multitude de linguas, chegando a se converter nun libro básico da ciencia que atraeu con atención a multitude de xente de diferentes eidos, mesmo homes traballadores que desfrutaban das lecturas de Huxley.[131] A teoría de Darwin tamén resoou grazas a varios movementos desa época[V] chegando a se converter nunha figura da cultura popular.[VI] As parodias de caricaturistas seguían, como era tradición, a se mofar debuxando xente con corpos de animais, algo que na Gran Bretaña lle permitiu á teoría de Darwin marcarse como a raíña da popularidade. Estando enfermo Darwin deixou medrar a barba e cando no 1866 apareceu de novo en público as caricaturas fixéronse eco del e caricaturizárono como un primate, algo que fixo sucumbir todos os conceptos de evolucionismo e que desde aquela este se entendera como a posición do darwinismo.[114]

A orixe do home, a selección sexual e a botánica

editar
 
No 1878, un cada día máis famoso Darwin e con anos de enfermidade sobre das súas costas

Malia os repetidos andazos de enfermidades dos seus anteriores vinte anos de vida, o traballo de Darwin seguiu en pé. Xa tendo publicado A orixe das especies como un resumo da súa teoría, enfocouse na experimentación, a investigación e na edición do seu "gran libro". Fixo unha exploración da ascendencia humana desde os animais predecesores incluíndo a evolución da sociedade e das capacidades mentais e ademais fixo estudos para explicar a beleza decorativa na vida salvaxe e na diversificación en plantas innovadoras.

As súas pescudas sobre da polinización de insectos deu froito en que no 1861 publicase estudos novidosos sobre orquídeas salvaxes, que mostrarían a atracción de avelaíñas concretas e o mantemento da fertilización cruzada. No 1862 en A fertilización das orquídeas publicou a súa primeira demostración detallada da capacidade de selección natural que explicaría as relacións ecolóxicas complexas, facendo afirmacións comprobables. Cando a súa saúde empeorou, coidábase descansando na cama nun dormitorio cheo de experimentos innovadores destinados á busca dos movementos das planta rubideiras.[132] Entre os visitantes que máis apreciaban o encontro atopábase Ernst Haeckel, un fervoroso propoñente do Darwinismo incorporando o lamarckismo e o idealismo de Goethe.[133] Wallace seguiu apoiándoo, malia que aumentaba a súa orientación ao espiritualismo.[134]

A variación dos animais e as plantas pola domesticación do 1868 foi a súa primeira parte do planificado "gran libro" de Darwin. Nese ía detallada a súa infrutífera hipótese da panxénese intentando explicar a herdanza. Vendeuse nun chiscar de ollos, malia ao seu amplo volume, e foi traducido tamén a unha chea de linguas. Escribiu case o total dunha segunda parte, sobre da selección natural, mais non chegou a ser publicada en vida.[135]

 
Almanaque Punch do 1882, que saíu pouco antes da morte de Darwin e que o esboza entre unha lea xurdida do caos da burguesía vitoriana cunha lenda que di Un home non é máis ca un verme.

Lyell xa fixera coñecida a prehistoria humana e Huxley revelara que os humanos son anatomicamente primates.[127] Coa publicación de A orixe do home, a selección en relación ao sexo no 1871, Darwin expuxo multitude de probas que mostran que os humanos son animais, cunha continuidade de atributos físicos e mentais, mostrou que a selección sexual explica as características anatómicas nada prácticas como o é a plumaxe nos pavos reais, como nos humanos evoluciona a cultura, as diferenzas entre sexos, e as características raciais; mais sempre suliñando que os humanos son só unha única especie.[136] A súa investigación ampliouse usando imaxes no 1872 co seu libro A expresión das emocións nos humanos e nos animais converténdose nun dos primeiros libros con fotografías impresas. Nese libro discute a evolución da psicoloxía humana e a súa continuidade co comportamento animal. Ambos os dous libros fixéronse populares e fixeron que Darwin quedase impresionado por como as súas percepcións se acolleran por parte da sociedade, mesmo facendo fincapé en que "todos están a falar sobre iso sen quedar pasmados".[137] A súa conclusión foi "que a xente con todas as súas nobres cualidades, coa simpatía que sente polos máis depravados, coa benevolencia que vai máis aló da xente e chega as máis entrañables criaturas viventes, co seu intelecto propio de deuses que lles permite entrar nos movementos e na constitución do sistema solar - con semellante soñado poder - o Home aínda leva na armazón do seu corpo a indeleble estampa da súa humilde orixe".[138]

Os seus experimentos relacionados coa evolución e as investigacións levaron á publicaciónsdos libros de Plantas insectívoras e Os efectos da fertilización cruzada e autofertilización no Reino Vexetal, sobre diferentes formas nas flores en plantas das mesmas especies, e O poder do movemento nas plantas. No seu derradeiro libro retornou a A formación de mofo de vexetais pola acción das lombrigas.

 
A Down House, o fogar de Darwin e onde traballou nas teorías da evolución e a selección natural.
 
A publicación en The Graphics o 6 de maio de 1882 mostrando o funeral de Charles Darwin na Abadía de Westminster.

No 1882 foi diagnosticado co que se chamaba anxina pectoral, e que naquel momento era como se coñecía unha trombose coronaria e infección cardíaca. No momento da súa morte os facultativos diagnosticáronlle "ataque anxínicos" e "fallo cardíaco".[139] Morreu en Down House o 19 de abril de 1882. As súas últimas palabras para a súa familia foron dicíndolle a Emma "Non lle teño o máis mínimo temor á morte - Lembra o boa muller que fuches para min - Dille a todos os meus fillos o bos que eles foron para min", logo, mentres repousaba, repetiulle a Henrietta e Francis "Case vale a pena estar enfermo para que me atendades vós".[140]

Esperaba ser enterrado no adro da igrexa de Santa María en Downe, mais por petición de colegas de Darwin despois de peticións ante o parlamento, William Spottiswoode, presidente da Royal Society foi quen de que se levara a cabo o enterro de Darwin na Abadía de Westminster, ao lado de John Herschel e Isaac Newton. O funeral celebrouse o mércores 26 de abril e a el acudiron miles de persoas: familiares, amigos, científicos, filósofos e representantes do estado.[141][142]

Legado

editar
 
En 1881 Darwin convertérase nunha figura eminente, aínda traballando nas súas contribucións ao pensamento evolucionista que tivo un amplo impacto en moitos campos científicos. Retrato de John Collier.

Darwin deixou convencidos a moitos científicos de que a evolución como descendencia con modificacións era verdadeira e fóronlle dados os méritos de gran científico de ideas revolucionarias. Aínda que moi poucos concordaban con el na súa visión de que "a selección natural foi o principal pero non o único medio de modificación", foi honrado en xuño do 1909 por máis de 400 oficiais e científicos de todo o mundo, reunidos en Cambridge para a conmemoración do seu centenario e o décimo quinto aniversario da publicación A orixe das especies.[143]

Nese período de comezo do século XX, ao que se lle chamou a eclipse do Darwinismo, propuxéronse varias alternativas de mecanismos evolutivos mais nunca chegaron a se asentar con probas. Ronald Fisher, un estadista británico, foi quen deu ligado a xenética mendeliana coa selección natural no período entre 1918 e 1930, cando publica o libro de A teoría xenética da selección natural.[144] Estableceu un marco matemático teórico sobre do que se deu un amplo consenso científico de que a selección natural era o mecanismo esencial para +a evolución. Con iso, asentou as bases para a xenética de poboacións e a síntese evolutiva moderna. J.B.S. Haldane e Sewall Wright foron os que puliron ese marco para os actuais debates da teoría evolutiva.[145]

Fillos

editar
Fillos de Charles Darwin
William Erasmus Darwin (27 de decembro de 1839 – 1914)
Anne Elizabeth Darwin (2 de marzo de 1841 – 23 de abril de 1851)
Mary Eleanor Darwin (23 de setembro de 1842 – 16 de outubro de 1842)
Henrietta Emma Darwin, Etty (25 de setembro de 1843 – 1929)
George Howard Darwin (9 de xullo de 1845 – 7 de decembro de 1912)
Elizabeth Darwin, Bessy (8 de xullo de 1847 – 1926)
Francis Darwin (16 de agosto de 1848 – 19 de setembro de 1925)
Leonard Darwin (15 de xaneiro de 1850 – 26 de marzo de 1943)
Horace Darwin (13 de maio de 1851 – 29 de setemebro 1928)
Charles Waring Darwin (6 de decembro de 1856 – 28 de xuño de 1858)

A parella dos Darwin tivo dez fillos. Dous morreron na súa infancia e Annie á idade de só dez anos, o que lle causou unha moi notable angustia aos seus pais. Charles fíxose un devoto pai e máis que atento cos seus fillos. Sempre que os vía enfermos preocupábase por ter casado cunha curmá e que iso sucedese por endogamia. Mesmo chegou a avaliar nos seus escritos as vantaxes de cruzamento entre moitos organismos. E aínda que o tivese preocupado, a meirande parte dos seus fillos que viviron chegaron a ter carreiras destacables.[146]

De entre os fillos que lle viviron, George, Francis e Horace chegaron a académicos da Royal Society,[147] distinguidos astrónomos, botánicos e enxeñeiros civís, respectivamente. Os tres foron nomeados cabaleiros.[148] O outro fillo, Leonard, chegou a soldado, político, economista e euxenicista; e foi mentor do estadista e biólogo evolutivo Ronald Fisher.[149]

Obra bibliográfica

editar

Darwin foi un prolífico escritor. Incluso sen ter publicado o seu traballo acerca da evolución xa se tería convertido nun científico con alta reputación como autor de A viaxe do Beagle, como xeólogo que publicou un extenso traballo de Suramérica e descifrou a formación dos atois de corais e como biólogo que redactou a máis extensa obra sobre cirrípedes. Porén, a obra sobranceira na súa bibliografía é A orixe das especies. A esta séguelle A orixe do home, que na práctica é a continuación da anterior. Tamén destacan os seus libros de botánica. Así, O poder do movemento nas plantas foi un estudo que fixo achegas innovadoras nesa disciplina. Rematou a súa obra coa publicación da A formación de terra vexetal pola acción das miñocas. Cinco anos trala morte de seu pai, o seu fillo France editou e publicou a Autobiografía de Charles Darwin, unha obra best-séller baseada nas Recompilacións do desenvolvemento da mente e o carácter que Charles escribira no 1876 para a súa familia [150].

A referencia bibliográfica que se fará aquí é só unha listaxe parcial dos escritos de Charles Darwin, mais na que se citan os seus traballos fundamentais. Os textos da súa bibliografía están dispoñibles baixo dominio público no Proxecto Gutenberg e na páxina web Darwin-Online.

Libros

editar
  • 1829-1832. (Rexistro de captura de insectos en) Stephens, J. F., Ilustracións da entomoloxía británica
  • 1835: Extractos das cartas ao Profesor Henslow
  • 1836: UNHA CARTA, Contén o estado moral do estado de Tahití, Nova Zelandia, &c. Por Capitán R. Fitzroy e C. Darwin, ESQ. do H.M.S.
  • 1838-43: Zooloxía da expedición do H.M.S Beagle: publicado entre o 1839 e o 1843 en cinco partes, e dezanove números, por diferentes autores; editado e organizado por Charles Darwin, e que fixo seccións en dúas das partes.
  • 1838: Parte 1 Nº 1 dos Fósiles de Mammalia, sobre fósiles de mamíferos, por Richar Owen (Prefacio e Introdución xeolóxica a cargo de Darwin)
  • 1838: Parte 2 Nº 2 Mammalia, sobre mamíferos, por George R. Waterhouse (Introdución xeográfica e Unha nota sobre dos seus hábitos e rangos por Darwin)
  • 1839: Xornal e observacións (A viaxe do Beagle)
  • 1842: A estrutura e distribución dos arrecifes de corais
  • 1844: Observacións nas illas volcánicas visitadas durante a viaxe do H.M.S Beagle
  • 1846: Observacións xeolóxicas de América do Sur
  • 1849: Xeoloxía en Un manual de pescudas científicas: preparadas para o uso do navío da Súa Gran Maxestade: e adaptado para calquera viaxeiro" de John Hersche
  • 1851: Unha monografía da Sub-clase Cirripeda, con Figuras de Todas as Especies. Os Lepadidae; ou Cirrípedos Pedunculados."
  • 1851: Unha monografía dos fósiles Lepadidae, ou, Cirrípedos pedunculados da Gran Bretaña
  • 1854: Unha monografía da Sub-clase Cirripeda, con figuras de todas as especies. A Balanidae (ou Cirrípedos sésiles), os Verrucidae etc.
  • 1854: Unha monografía sobre dos fósiles Balanidae e Verrucidae da Gran Bretaña
  • 1858: Sobre da tendencia das especies a formar variedades, e da perpetuación das variedades e das especies por procesos naturais de selección (Extracto dun traballo sen publicar sobre especies)
  • 1859: Sobre da orixe das especies por medio de selección natural, ou a preservación de razas favorecidas na loita pola vida
  • 1862: Sobre dos diversos artificios polos que as orquídeas británicas son fertilizadas por insectos
  • 1865: O Movemento e os hábitats das plantas rubideiras, publicación no artigo da Linnean Society, publicación como libro en 1875)
  • 1868: A variación dos animais e as plantas baixo domesticación
  • 1871: A orixe do home e a selección en relación co sexo
  • 1872: A expresión das emocións en humanos e animais
  • 1875: Plantas insectívoras
  • 1876: Os efectos da fertilización cruzada e autofertilización no reino vexetal
  • 1877: As diferentes formas de flores nas plantas da mesma especie
  • 1879: Prefacio e unha Nota preliminar no libro de Ernst Krause titulado Erasmus Darwin
  • 1880: O poder de movemento nas plantas
  • 1881: A formación de mofo de vexetais pola acción das lombrigas

Autobiografía

editar
  • 1887: Autobiografía de Charles Darwin (Editada por Francis Darwin)
  • 1958: Autobiografía de Charles Darwin (Barlow, edición completa sen frases omitidas ou eliminadas)
     
    Francis Darwin.

Cartas

editar
  • 1887: Vida e cartas de Charles Darwin, (ed. Francis Darwin)
  • 1903: Máis cartas de Charles Darwin, (ed. Francis Darwin e A.C. Seward)

Recoñecementos

editar

A comunidade científica, e no seu nome a Sociedade Linneana de Londres, premia as achegas científicas de importancia todos os anos dende 1908 coa Medalla Darwin-Wallace.

O "día de Darwin" celébrase cada ano, e con ocasión do bicentenario do seu nacemento e o 150 aniversario da publicación da súa obra máis importante, anunciáronse actos e publicacións por todo o mundo.[151] A exposición sobre Darwin coa que se inaugurou o Museo Americano de Historia Natural en 2006, exhibiuse no Museo da Ciencia de Boston, o Museo do Campo de Chicago e o Museo Real de Ontario en Toronto,[152] antes da súa exposición no Museo de Historia Natural de Londres (14 de novembro de 2008-19 de abril de 2009), como parte do programa conmemorativo "Darwin200" [153]. A universidade de Cambridge preparou un festival especial en xullo de 2009[154], Na súa cidade natal celébrase o "Festival de Shrewsbury de 2009" con importantes actores durante todo o ano[155].

No Reino Unido, unha edición especial da moeda de dúas libras mostra o retrato de Darwin en fronte dun simio, rodeados pola inscrición "DARWIN 2009", cun texto no canto que reza "A orixe das especies 1859".[156]

En setembro de 2008, a igrexa anglicana publicou un artigo que aproveitaba a ocasión do seu 200 aniversario para desculparse ante Darwin "por interpretalo mal" e "por decatarnos desa primeira reacción equivocada, animar a outros que seguen sen entendelo"[157].

  1. Coyne, Jerry A. (2009). Why Evolution is True. Viking. ISBN 978-0-670-02053-9. 
  2. Larson, Edward J. (2004). Evolution: The Remarkable History of a Scientific Theory. Modern Library. ISBN 0-679-64288-9. 
  3. Coyne, Jerry A (2009). Why Evolution is True. Oxford. ISBN 0-19-923084-6. 
  4. Glass, Benteley (1959). Forerunners of Darwin, p.iv. Jonhs Hopkins University Press. ISBN 0-8018-0222-9. 
  5. darwin-online.org.uk. "The Complete Work of Darwin Online - Bibliography". Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  6. Universidade de Edinburgh. "Notable alumni: Charles Darwin". Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  7. Leff. "Who was Darwin (2000)". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2015. Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  8. Desmond & Moore (1991). pp. 210, 284–285. 
  9. Desmond & Moore 1991, pp. 263–274
  10. van Wyhe 2007, pp. 184, 187
  11. Beddall, B. G. (1968). "Wallace, Darwin, and the Theory of Natural Selection" (PDF). Journal of the History of Biology 1 (2): 261–323. ISSN 0022-5010. doi:10.1007/BF00351923. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de outubro de 2012. Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  12. Darwin Online. "Publications". Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  13. "Special feature: Darwin 200". New Scientist. 
  14. John H. Wahlert. "Darwin and Darwinism: Scientific Theory and Social Construction". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2015. Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  15. Desmond & Moore 1991, pp. 12–15
    Darwin 1958, pp. 21–25
  16. Darwin 1958, pp. 47–51
  17. worldhistoryproject.org. "Mar 27 1827: Charles Darwin First Scientific Speech". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2015. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  18. Browne, E. Janet (1995). Charles Darwin: vol. 1 Voyaging. London: Jonathan Cape. ISBN 1-84413-314-1. 
  19. Desmond, Adrian; Moore, James (1991). Darwin. Penguin Group. ISBN 0-7181-3430-3. 
  20. Darwin 1958, pp. 67–68
  21. Browne 1995, pp. 128–129, 133–141
  22. Darwin Online. "Proxecto de Correspondencia de Darwin - Carta 105. Henslow, J.S. a Darwin, C.R. 24 de Agosto de 1831.". Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  23. Desmond, Adrian; Moore, James (1991). Darwin. Michael Joseph, Penguin Group. London. ISBN 0-7181-3430-3. 
  24. Browne, E. Janet (1995). Charles Darwin: vol 1 Voyaging. Jonathan Cape. London. ISBN 1-84413-314-1. 
  25. van Wyhe, John. "Charles Darwin: gentlemen naturalist. A biographical sketch.". Consultado o 3 de xaneiro de 2020. 
  26. Keynes, Richard. "Charles Darwin's zoology notes & specimen lists from H.M.S Bealge. Cambridge University Press. ISBN 0-521-46569-9. 2000.". Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  27. van Wyhe, John (2008). Darwin: The Story of the Man and His Theories of Evolution. Andre Deutsch Ltd.London. ISBN 0-233-00251-0. 
  28. Chancellor, Gordon (2006). Darwin's field notes on the Galapagos: 'A little world within itself'. Darwin Online. 
  29. Keynes, Richard. "Charles Darwin's Beagle Diary. Cambridge University Press. ISBN 0-521-23503-0.". Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  30. Browne, E. Janet (1995). Charles Darwin: vol 1 Voyaging. Jonathan Cape. London. ISBN 1-84413-314-1. 
  31. Darwin, Chales (1958). The Autobiography of Charles Darwin 1809–1882. With the original omissions restored. Editado e con apéndice da súa neta Nora Barlow. Collins. London. 
  32. Darwin, Charles (1835). Extracts from letters to Professor Henslow. Cambridge. 
  33. Eldredge, Niles (2006). Confessions of a Darwinist. The Virginia Quartely Review (Verán do 2006): 32-53. 
  34. Browne, E. Janet (1995). Charles Darwin: vol. 1 Voyaging. páx 244-250. Jonathan Cape. ISBN 1-84413-314-1. 
  35. Darwin Online. "'Hurrah Chiloe': an introduction to the Port Desire Notebook". Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  36. Darwin, Charles (1845). Journal of researches into the natural history and geology of the countries visited during the voyage of H.M.S. Beagle round the world, under the Command of Capt. Fitz Roy, R.N. John Murray. 
  37. Keynes, Richard (2001). Charles Darwin's Beagle Diary. páx 226-227. Cambridge University Press. ISBN 0-521-23503-0. 
  38. Desmond & Moore (1991). Darwin páx 160-168, 182. London. ISBN 0-7181-3430-3. 
  39. Darwin, Charles (1887). The life and letters of Charles Darwin, including an autobiographical chapter. Edición de Francis Darwin. páx 260. John Murray. ISBN 0-404-08417-6. 
  40. Darwin, Charles (1958). The Autobiography of Charles Darwin 1809–1882. With the original omissions restored. Editado e con apéndices escritos pola súa neta, Nora Barlow. Collins. London. 
  41. Sulloway, Frank J. (1982). Darwin and His Finches: The Evolution of a Legend, Journal of the History of Biology 15 (1): 1–53. doi:10.1007/BF00132004. 
  42. Darwin Online. "Coccatoos & Crows: An introduction to the Sydney Notebook". Consultado o 26 de outubro de 2015. 
  43. Keynes, Richard (2001). Charles Darwin's Beagle Diary. páx 398-399. Cambridge University Press. ISBN 0-521-23503-0. 
  44. Darwin 1835, editorial introduction
  45. Desmond & Moore 1991, pp. 195–198
  46. Owen 1840, pp. 16, 73, 106
    Eldredge 2006
  47. Keynes 2001, pp. 206–209
  48. Desmond & Moore 1991, pp. 201–205
    Browne 1995, pp. 349–350
  49. Browne 1995, pp. 345–347
  50. Desmond & Moore 1991, pp. 207–210
    Sulloway 1982, pp. 20–23
  51. "Darwin Correspondence Project – Letter 346 – Darwin, C. R. to Darwin, C. S., 27 Feb 1837".  proposes a move on Friday 3 March 1837,
    Darwin's Journal (Darwin 2006, pp. 12 verso) backdated from August 1838 gives a date of 6 March 1837
  52. Desmond & Moore 1991, pp. 201, 212–221
  53. van Wyhe 2007, p. 197
  54. Sulloway 1982, pp. 9, 20–23
  55. Browne 1995, p. 360
    "Darwin, C. R. (Read 14 March 1837) Notes on Rhea americana and Rhea darwinii, Proceedings of the Zoological Society of London". 
  56. Herbert 1980, pp. 7–10
    van Wyhe 2008b, p. 44
    Darwin 1837, pp. 1–13, 26, 36, 74
    Desmond & Moore 1991, pp. 229–232
  57. Browne 1995, pp. 367–369
  58. Keynes 2001, p. xix
  59. Desmond & Moore 1991, pp. 233–234
    "Darwin Correspondence Project – Letter 404 – Buckland, William to Geological Society of London, 9 Mar 1838". 
  60. Desmond & Moore 1991, pp. 233–236.
  61. 61,0 61,1 61,2 61,3 61,4 van Wyhe 2008
  62. Desmond & Moore 1991, pp. 241–244, 426
  63. Browne 1995, p. xii
  64. Desmond & Moore 1991, pp. 241–244
  65. Desmond & Moore 1991, pp. 252, 476, 531
    Darwin 1958, p. 115
  66. Desmond & Moore 1991, p. 254
    Browne 1995, pp. 377–378
    Darwin 1958, p. 84
  67. Darwin 1958, pp. 232–233
  68. Desmond & Moore 1991, pp. 256–259
  69. "Darwin transmutation notebook D pp. 134e–135e". 
  70. Desmond & Moore 1991, pp. 264–265
    Browne 1995, pp. 385–388
    Darwin 1842, p. 7
  71. Darwin 1958, p. 120
  72. "Darwin transmutation notebook E p. 75". 
  73. "Darwin transmutation notebook E p. 71". 
  74. "Darwin Correspondence Project – Belief: historical essay". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2009. 
  75. "Fellows of the Royal Society". Londres: Royal Society. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2015. 
  76. Desmond & Moore 1991, pp. 272–279
  77. Desmond & Moore 1991, p. 279
  78. "Darwin Correspondence Project – Letter 419 – Darwin, C. R. to Fox, W. D., (15 June 1838)". 
  79. van Wyhe 2007, pp. 186–192
  80. Darwin 1887, p. 32.
  81. Desmond & Moore 1991, p. 292
  82. Desmond & Moore 1991, pp. 292–293
    Darwin 1842, pp. xvi–xvii
  83. Darwin 1958, p. 114
  84. van Wyhe 2007, pp. 183–184
  85. "Darwin Correspondence Project – Letter 729 – Darwin, C. R. to Hooker, J. D., (11 January 1844)". 
  86. "Darwin Correspondence Project – Letter 734 – Hooker, J. D. to Darwin, C. R., 29 January 1844". 
  87. van Wyhe 2007, p. 188
  88. Browne 1995, pp. 461–465
  89. "Darwin Correspondence Project – Letter 814 – Darwin, C. R. to Hooker, J. D., (7 Jan 1845)". 
  90. van Wyhe 2007, pp. 190–191
  91. Desmond & Moore 1991, pp. 320–323, 339–348
  92. "Darwin Correspondence Project – Letter 1236 – Darwin, C. R. to Hooker, J. D., 28 Mar 1849". 
  93. Browne 1995, pp. 498–501
  94. Darwin 1958, pp. 117–118
  95. Desmond & Moore 1991, pp. 383–387
  96. Freeman 2007, pp. 107, 109
  97. Desmond & Moore 1991, pp. 419–420
  98. Darwin Online: Fotografía de Charles Darwin de Maull e Polyblank para o Club de retratos literarios e científicos (1855), John van Wyhe, decembro de 2006
  99. Desmond & Moore 1991, pp. 412–441, 457–458, 462–463
    Desmond & Moore 2009, pp. 283–284, 290–292, 295
  100. Ball, P. (2011). Shipping timetables debunk Darwin plagiarism accusations: Evidence challenges claims that Charles Darwin stole ideas from Alfred Russel Wallace. Nature. online
  101. J. van Wyhe and K. Rookmaaker. (2012). A new theory to explain the receipt of Wallace's Ternate Essay by Darwin in 1858. Biological Journal of the Linnean Society10.1111/j.1095-8312.2011.01808.x
  102. Desmond & Moore 1991, pp. 466–470
  103. Browne 2002, pp. 40–42, 48–49
  104. Darwin 1958, p. 122
  105. Desmond & Moore 1991, pp. 374–474
  106. Desmond & Moore 1991, p. 477
  107. Darwin 1859, p 459
  108. van Wyhe 2008.
  109. Darwin 1859, p. 199
    Darwin & Costa 2009, p. 199
    Desmond & Moore 2009, p. 310
  110. 110,0 110,1 Darwin 1859, p. 488
    Darwin & Costa 2009, pp. 199, 488
    van Wyhe 2008
  111. Darwin 1859, p 5
  112. Darwin 1859, p 492
  113. Browne 2002, p. 59, Freeman 1977, pp. 79–80
  114. 114,0 114,1 Browne 2002, pp. 373–379
  115. van Wyhe 2008b, p. 48
  116. Browne 2002, pp. 103–104, 379
  117. Radick 2013, pp. 174–175
    Huxley & Kettlewell 1965, p. 88
  118. Browne 2002, p. 87
    Leifchild 1859
  119. Desmond & Moore 1991, pp. 477–491
  120. Browne 2002, pp. 110–112
  121. Bowler 2003, pp. 158, 186
  122. 122,0 122,1 122,2 122,3 "Darwin and design: historical essay". Darwin Correspondence Project. 2007. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2009. 
  123. Desmond & Moore 1991, pp. 487–488, 500
  124. Miles 2001
  125. Bowler 2003, p. 185
  126. Browne 2002, pp. 156–159
  127. 127,0 127,1 Browne 2002, pp. 217–226
  128. "Darwin Correspondence Project – Letter 4652 – Falconer, Hugh to Darwin, C. R., 3 Nov (1864)". 
  129. "Darwin Correspondence Project – Letter 4807 – Hooker, J. D. to Darwin, C. R., (7–8 Apr 1865)". 
  130. Bowler 2003, p. 196
  131. Desmond & Moore 1991, pp. 507–508
    Browne 2002, pp. 128–129, 138
  132. van Wyhe 2008b, pp. 50–55
  133. "The correspondence of Charles Darwin, volume 14: 1866". Arquivado dende o orixinal o 5 de xuño de 2010. 
  134. Smith 1999.
  135. Freeman 1977, p. 122
  136. Darwin 1871, pp. 385–405
    Browne 2002, pp. 339–343
  137. Browne 2002, pp. 359–369
    Darwin 1887, p. 133
  138. Darwin 1871, p. 405
  139. Colp, Ralph. "Darwin's Illness". 
  140. Darwin, Emma (1882). "[Reminiscences of Charles Darwin's last years.] CUL-DAR210.9". 
  141. Desmond & Moore 1991, pp. 664–677
  142. "Westminster Abbey » Charles Darwin". Westminster Abbey » Home. 2 de xaneiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 19 de novembro de 2017. 
    Leff 2000, O enterramento de Darwin(en inglés)
  143. Bowler 2003, pp. 222–225
    van Wyhe 2008
    Darwin 1872, p. 421
  144. A. W. F. Edwards. The Genetical Theory of Natural Selection - An introduction to the book by A. W. F. Edwards. 
  145. Bowler 2003, pp. 178–179, 338, 347
  146. Leff 2000, Os fillos de Darwin
  147. "List of Fellows of the Royal Society / 1660–2006 / A-J". Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de febreiro de 2017. 
  148. Berra, Tim M. Darwin and His Children: His Other Legacy, (Oxford: 2013, Oxford UP), 101, 129, 168. George foi nomeado cabaleiro da orde de Bath en 1905 e Francis foino en 1912. Horace foi nomeado comandante cabaleiro da Orde do Imperio Británico en 1918.
  149. Edwards, A. W. F. 2004. Darwin, Leonard (1850–1943). En: Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press.
  150. Darwin Online. "Life and Letters and Autobiography". Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  151. "Darwin Online: Darwin 2009 commemorations around the world". Darwin Online.  (en inglés)
  152. "Darwin | American Museum of Natural History". Meet the curator. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2008. Consultado o 14 de marzo de 2015.  (en inglés)
  153. "Darwin 200: Celebrating Charles Darwin's bicentenary". Museo de Historia Natural de Londres. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2015. Consultado o 14 de marzo de 2015.  (en inglés)
  154. "Darwin 2009 - The Festival". Universidade de Cambridge. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2012. Consultado o 14 de marzo de 2015.  (en inglés)
  155. "Darwin's Shrewsbury 2009 Festival, Birthplace, History and Information". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2015. Consultado o 14 de marzo de 2015.  (en inglés)
  156. "2 Pounds - Elizabeth II Charles Darwin; Gold Proof". Numista.com
  157. Reverendo Dr. Malcolm Brown, Director de Pastoral e Asuntos Públicos, Igrexa anglicana. "Good religion needs good science". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2015. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar