Progresión xeométrica

En matemáticas, unha progresión xeométrica é unha sucesión de números onde cada termo despois do primeiro atópase multiplicando o anterior por un número fixo diferente de cero denominado razón. Por exemplo, a sucesión 2, 6, 18, 54, ... é unha progresión xeométrica de razón 3. Analogamente 10, 5, 2.5, 1.25, ... é unha progresión xeométrica de razón 1/2.

Diagrama que representa tres sucesións de termo xeral 1(rn−1) ata 6 iteracións. O primeiro bloque é unha unidade e a liña é a suma infinita da sucesión: 2, 3/2 e 4/3

Exemplos de sucesións xeométricas son as potencias rk dun número determinado r, como 2k]] e 3k. A forma xeral dunha sucesión xeométrica é

onde r ≠ 0 é a razón e a é o factor de escala, igual ao primeiro valor da sucesión.

Propiedades elementais editar

O termo n-ésimo dunha progresión xeométrica con valor a e razón r vén dado por

 

Unha progresión xeométrica segue a relación recursiva

  for every integer  

En xeral, para comprobar se unha sucesión é xeométrica, abonda con comprobar se cada un dos termos consecutivos teñen a mesma razón.

A razón dunha progresión xeométrica pode ser negativa, dando lugar a unha sucesión alternada, con números positivos e negativos alternativamente. Por exemplo

1, −3, 9, −27, 81, −243, …

é unha progresión xeométrica de razón −3.

O comportamento dunha progresión xeométrica depende do valor da razón. Se esta é:

  • Positiva, os termos terán o mesmo signo que o inicial.
  • Negativa, os termos terán signos alternos.
  • Maior que 1, terá crecemento exponencial cara a máis ou menos infinito, dependendo do signo do primeiro termo.
  • 1, a progresión será unha sucesión constante.
  • Entre -1 e 1, pero non cero, sufrirá decrecemento exponencial cara ao cero.
  • −1, a progresión será unha sucesión alternada.
  • Menor que -1, os valores absolutos dos termos crecerán exponencialmente cara ao infinito.

As progresión xeométricas (con razón diferente a −1, 1 ou 0) amosan crecemento o decrecemento exponencial, en oposición ao crecemento ou decrecemento linear dunha progresión aritmética como 4, 15, 26, 37, 48, … (con diferenza 11). Este resultado foi tomado por T.R. Malthus como fundamento matemático da súa obra Principle of Population.

Un resultado interesante das progresións xeométricas é que para cada valor da razón común, tres termos consecutivos a, b e c satisfarán a ecuación

 

onde b se considera a media xeométrica entre a e c.

Series xeométricas editar

2 + 10 + 50 + 250 = 312
− ( 10 + 50 + 250 + 1250 = 5 × 312 )

2 1250 = (1 − 5) × 312

Cálculo da suma 2 + 10 + 50 + 250. A sucesión consiste en multiplicar termo a termo por 5, e logo subtraer da sucesión orixinal. Permanencen dous termos: o primeiro termo, a, e o termo seguinte ao último, arm. O resultado desexado, 312, atópase subtraendo estes dous termos e dividindo por 1 − 5.

Unha serie xeométrica é a suma dos termos dunha progresión xeométrica. Por exemplo:

 

Se a é o primeiro termo (neste caso 2), n o número de termos (aquí 4) e r a constante pola que se multiplica cada termo para atopar o seguinte (aquí 5), a suma vén dada por:

 

No exemplo anterior, resulta:

 

A fórmula funciona para calquera números reais a e r (agás r = 1, que resulta nunha división entre cero). Por exemplo:

 

Derivación editar

Para derivar a fórmula escríbese primeiro unha serie xeométrica como:

 

Pódese atopar unha fórmula máis simple para a suma multiplicando ambos os membros da ecuación superior por 1 − r, e verase que

 

posto que todos os outros termos se cancelan. Se r ≠ 1, pódese reordenar a expresión superior para conseguir a fórmula conveniente dunha serie xeométrica que calcule a suma de n termos:

 

Fórmulas relacionadas editar

Se a suma non comezase en k=1, senón nun índice diferente m, entón

 

Derivando esta fórmula respecto de r pódese chegar ás fórmulas das dumas da forma

 

Por exemplo:

 

Para series xeométricas que conteñen só potencias de r multiplicadas por 1 − r2  :

 

Entón

 

Equivalentemente, tomando r2  como a razón e empregando a formulación estándar.

Para unha serie que só ten potencias impares de r

 

e

 

Series xeométricas infinitas editar

Unha serie xeométrica infinita é unha serie infinita con termos consecutivos que teñen unha razón común. Estas series converxen se e só se o valor absoluto da razón é menor que 1 (|r| < 1). O valor pode ser calculado coas fórmulas

 
 
Diagrama que amosa a serie xeométrica 1 + 1/2 + 1/4 + 1/8 + ⋯ que converxe a 2.

Dado que:

 

Entón:

 

Para unha serie que contén só potencias pares de  ,

 

e se só contén potencias impares,

 

Nos casos nos que a suma non comeza en k = 0,

 

As fórmulas dadas arriba só son válidas para |r| < 1. A última fórmula é válida en toda álxebra de Banach, cando a norma de r sexa menor ca 1, e tamén no corpo dos números p-ádicos |r|p < 1. No caso dunha suma finita pódese diferenciar para calcular as fórmulas das sumas relativas. Por exemplo,

 

Esta fórmula só funciona para |r| < 1. De aquí séguese que, para |r| < 1,

 

Tamén a serie infinita 1/2 + 1/4 + 1/8 + 1/16 + ⋯ é un exemplo elemental dunha serie que converxe absolutamente.

É unha serie xeométrica con primeiro termo igual a 1/2 e razón 1/2, logo a súa suma é

 

A serie 1/2 − 1/4 + 1/8 − 1/16 + ⋯ é un exemplo sinxelo dunha serie alternada que converxe absolutamente.

É unha serie xeométrica con primeiro termo e razón −1/2, polo que a súa suma é

 

Número complexos editar

A fórmula da suma de series xeométricas é válida mesmo cando a razón é un número complexo. Neste caso a condición de que o valor absoluto de r sexa menor que 1 convértese en que o módulo de r sexa menor que 1. É posible calcular as sumas dalgunhas series xeométricas non obvias. Por exemplo, considérese a proposición

 

A demostración procede do feito de que

 

que é consecuencia da fórmula de Euler. Substituíndo na serie orixinal

 .

Esta é a diferenza entre dúas series xeométricas, e é unha aplicación directa da fórmula das series infinitas xeométricas que completa a demostración.

Produto editar

O produto dunha progresión xeométrica é o produto dos seus termos. Se todos os termos son positivos entón pode calcularse rapidamente tomando a media xeométrica do primeiro e do último termo da progresión e elevando o valor á potencia dada polo número de termos:

  (if  ).

Demostración:

Sexa P o produto:

 .

Realizando as multiplicacións, conclúese que

 .

Aplicando a suma dunha serie aritmética, a expresión resultará

 .
 .

Elevando ao cadrado ambos os membros:

 .

Consecuentemente,

  and
 ,

que conclúe a demostración.

Relación entre as progresións xeométricas e a obra de Euclides editar

Os libros VIII e IX dos Elementos de Euclides analizan as progresións xeométricas e dan varios exemplos das súas propiedades.[1]

Notas editar

  1. Heath, Thomas L. (1956). The Thirteen Books of Euclid's Elements (2nd ed. [Facsimile. Original publication: Cambridge University Press, 1925] ed.). Nova York: Dover Publications. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar