Escala (xeometría)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Escala.
Escala é a medida que relaciona dous obxectos, un procedente da realidade e outro dunha representación desta. Os sistemas de representación gráfica tamén poden aplicar o concepto de escala entre dúas entidades irreais. A fórmula desta relación polo tanto sería:
onde E = escala, D = debuxo, R = realidade. Cando se sabe que un mapa está a unha escala 1:1.000 (ou 1/1.000), obtense que:
e polo tanto unha medida de 1 mm no mapa corresponderá a 1.000 mm na realidade, é dicir, 1 metro. Se no mapa se medise 10 cm no mapa corresponderíanse 10·1.000 cm = 10.000 cm = 100 metros.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escala |