John Gould

ornitólogo (1804–1881)

John Gould, nado o 14 de setembro de 1804 en Lyme Regis, Dorset, e finado o 3 de febreiro de 1881 en Bedford Square, Londres, foi un naturalista e ornitólogo inglés.

Infotaula de personaJohn Gould

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1804 Editar o valor em Wikidata
Lyme Regis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de febreiro de 1881 (76 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Kensal Green Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoOrnitoloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Continente australiano Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónzoólogo , ilustrador , ornitólogo Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaGould Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeElizabeth Gould
FillosCharles Gould (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Gould-5232 Find a Grave: 41178013 Editar o valor em Wikidata

Ademais de ser un grande ilustrador, a súa identificación dos pimpíns de Charles Darwin foi básica para o desenvolvemento da teoría da orixe das especies.

A Gould League de Australia leva o seu nome en recoñecemanto ás súas achegas á ornitoloxía.

Traxectoria editar

Gould naceu en Lyme Regis, Dorset, e era fillo dun xardineiro. Pouco despois do seu nacemento seu pai obtivo un posto nunha leira preto de Guildford, Surrey e, en 1818, foi nomeado capataz dos xardíns reais de Windsor. Gould comezou a súa formación como horticultor e, daquela, tamén se converteu nun experto en taxidermia.

En 1824 iniciou un negocio de taxidermia en Londres, e as súas habilidades leváronlle a ser o primeiro conservador do museo da Sociedade Zoolóxica de Londres en 1827.

O seu traballo púxoo en contacto cos mellores naturalistas de Inglaterra, e tamén na oportunidade de ser o primeiro en ver as novas coleccións de aves que chegaban á Sociedade.

En 1830 chegou unha colección de aves do Himalaia, das cales moitas non se describiran con anterioridade. Gould publicou estas aves en A Century of Birds from the Himalayas (18301832). O texto foi escrito por Nicholas Aylward Vigors e as ilustracións eran litografías da muller de Gould, Elizabeth. Este traballo foi seguido por catro máis nos sete anos seguintes, con textos do propio Gould e editados por Edwin Prince. Algunhas das ilustracións eran de Edward Lear.

Cando Charles Darwin presentou os espécimes de aves e mamíferos recollidos durante a súa viaxe no Beagle á Geological Society of London na súa reunión do 4 de xaneiro de 1837, as aves foron entregadas a Gould para a súa identificación. Despois de traballar niso, na seguinte reunión do 10 de xaneiro informou que as aves das illas Galápagos que Darwin pensaba que eran merlos, picogrosos e pimpíns, eran en realidade "unha serie de pimpíns tan particulares" como para "formaren un grupo enteiramente novo, que contería 12 especies". A historia chegou aos xornais. En marzo, Darwin e Gould encontráronse de novo, descubrindo que o "carrizo das Galápagos" de Darwin era en realidade outra especie de pimpín, e que os seus "mockingbirds" que recollera en cada illa eran en realidade especies separadas e non variacións, con parentes na Sueamérica continental.

Posteriormente Gould informou de que o pequeno ñandú do sur que fora salvado dunha cea de Navidad era unha especie nova que chamó Rhea darwinii, cun territorio que se solapaba parcialmente co dos ñandús do norte. Darwin non se molestara en etiquetar os seus pimpíns indicando a illa de procedencia, pero outros membros da expedición tiveron máis coidado. Darwin buscó os espécimes recollidos polo capitán Robert FitzRoy e pola tripulación. A partir deles foi capaz de establecer que cada especie era única de certas illas, o que supuxo un importante paso no desenvolvemento da teoría da evolución.

 
Ornitorrincos. Por John Gould.

En 1838, o matrimonio Gould embarcou cara a Australia co propósito de estudar as aves do país e poder seren os primeiros en publicar un libro sobre o tema. Xunto con eles foi o naturalista John Gilbert. Chegaron a Tasmania en setembro, coñecendo ao gobernador John Franklin a á súa muller. Gould e Gilbert recolleron exemplares na illa.

En febreiro de 1839 Gould embarcou para Sidney, deixando á súa muller embarazada cos Franklins. Gould viaxou até a estación do seu cuñado en Yarrundi, empregando tempo en buscar Ptilonorhynchidae no Liverpool Range. En abril volveu a Tasmania para o nacemento do seu fillo. En maio embarcou cara a Adelaida para coñecer a Charles Sturt, que estaba preparando unha expedición ao río Murray. Gould recolleu espécimes nas montañas da cadea Mount Lofty e en Murray Scrubs, volvendo a Hobart en xullo. Despois viaxou coa súa muller a Yarrundi. Volveron a Inglaterra en maio de 1840.

O resultado desta viaxe foi The Birds of Australia (18401848) - incluye algunas imágenes seleccionadas de la obra. O libro incluía 600 láminas en sete volumes, 328 das especies eran novas para a ciencia e foron bautizadas por Gould. Tamén publicou A Monograph of the Macropodidae, or Family of Kangaroos (18411842) e The Mammals of Australia (18491861) - The Birds of Australia: in seven volumes by John Gould. 1848. Inclúe algunhas imaxes seleccionadas da obra.

 
Colibrí de pico longo. (litografía John Gould).

Véxase tamén (en inglés): Digitised album held by the National Library of Australia

Despois da morte da súa muller en 1841, os libros de Gould foron ilustrados por distintos artistas incluíndo a Henry Constantine Richter e Joseph Wolf.

Durante a súa carreira profesional Gould sentiu un especial interese polos colibrís. Acumulou unha colección de 320 especies, que exhibiu na Grande Exhibición de 1851. A pesar do seu interese Gould nunca vira un colibrí vivo.

En maio de 1857 viaou aos Estados Unidos co seu segundo fillo Charles. Chegou a Nova York antes da temporada para ver colibrís na cidade, pero o 21 de maio, nos xardíns Bartram de Filadelfia puido ver o seu primeiro colibrí vivo (Archilochus colubris).

Despois continuou a súa viaxe a Washington, onde puido ver un gran número destes paxaros nos xardínes do Capitolio.

Gould intentou chegar a Inglaterra con exemplares vivos pero, sen saber as condicións necesarias para mantelos con vida o máximo que puido mantelos foron dous meses. Gould publicou a súa Monograph of Trochilidae en 1861.

A Gould League, fundada en Australia en 1909, foi chamada así na súa honra. Esta organización dá a moitos australianos a súa primeira introdución ás aves, xunto con educación ecolóxica e ambiental. Un dos seus máis importantes patrocinadores é a Royal Australasian Ornithologists Union (agora coñecida como Birds Australia).

Algunhas publicacións editar

Fonte: The Australian Museum Research Library[Ligazón morta]
  • John Gould. The birds of Asia. 1850-83 7 vols. 530 láminas. Artistas: J. Gould, H. C. Richter, W. Hart, J. Wolf. Litógrafos: H. C. Richter, W. Hart. Partes 33-55 completadas postmortem, por R. Bowdler Sharpe. Vol VI : artista e litógrafo: W. Hart
  • -----------------. The Birds of Australia|The birds of Australia. 1840-48. 7 vols. 600 láminas. Artistas: J. Gould, E. Gould, litógrafo: E. Gould
  • -----------------. The birds of Australia; Supplement 1851-69. 1 vol. 81 láminas. Artistas: J. Gould, H. C. Richter; litógrafo: H. C. Richter
  • -----------------. The Birds of Great Britain; 1862-73. 5 vols. 367 láminas. Artistas: J. Gould, J. Wolf, H.C. Richter, W. Hart; litógrafos: H. C. Richter, W. Hart
  • -----------------. The Birds of Great Britain; 1862-73. 5 vols. 367 láminas. Artista: J. Wolf; litógrafo: H. C. Richter
  • -----------------. The birds of New Guinea and the adjacent Papuan Islands, including many new species recently discovered in Australia; 1875-88. 5 vols. 300 láminas. Partes 13-25 completadas postmortem por R. Bowdler Sharpe. Artistas: J. Gould, W. Hart; litógrafo: W. Hart
  • -----------------. A monograph of the Odontophorinae, or partridges of America; 1844-50 1 vol. 32 láminas. Artistas: J. Gould, H. C. Richter; litógrafo: H. C. Richter
  • -----------------. A monograph of the Ramphastidae, or family of toucans; 1833-35. 1 vol. 34 láminas. Artistas: J. Gould, E. Gould, E. Lear, G. Scharf; litógrafos: E. Gould, E. Lear;
  • Edición de 1854. Todas as láminas atribuídas a John Gould e H. C. Richter
  • -----------------. A monograph of the Trochilidae, or family of humming-birds Supplement. Completou postmortem R. Bowdler Sharpe; 1880-87. 5 partes. 58 láminas. Artistas: J. Gould, W. Hart; litógrafo: W. Hart
  • -----------------. A synopsis of the birds of Australia, and the adjacent islands. 1837-38 1 vol. 73 láminas. Artista e litógrafo: E. Gould

Honores editar

Moitas especies lle foron dedicadas a John Gould, entre elas:

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar