Nicholas Aylward Vigors

ornitólogo (1785–1840)

Nicholas Aylward Vigors, nado en 1785 en Old Leighlin, condado de Carlow, na provincia de Leinster (Irlanda) e finado o 26 de outubro de 1840 en Londres, foi un zoólogo e político irlandés.

Nicholas Aylward Vigors
Nacemento1785
Lugar de nacementoCondado de Carlow
Falecemento26 de outubro de 1840
Lugar de falecementoLondres
NacionalidadeReino de Irlanda, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino de Gran Bretaña
Alma máterTrinity College, Oxford
Ocupaciónornitólogo, político e zoólogo
Premiosmembro da Royal Society e Fellow of the Linnean Society of London
editar datos en Wikidata ]
Tucano debuxado por Vigors en 1831.

TraxectoriaEditar

Vigors estudou no Trinity College da Universidade de Oxford.

Serviu no exército británico durante a Guerra Peninsular (Guerra de Independencia española) de 1809 a 1811, e despois regresou a Oxford, graduándose en 1817.

Foi cofundador da Sociedade Zoolóxica de Londres en 1826, e ocupou a súa primeira secretaría até 1833. Foi tamén membro da Sociedade Linneana de Londres e da Royal Society.

Autor de 40 traballos, principalmente sobre ornitoloxía, escribiu o texto de John Gould's: A Century of Birds from the Himalaya Mountains (1830–32), e describiu o xénero Struthio da avestruz.

Como políticoEditar

Foi membro da Cámara dos Comúns polo distrito de Carlow de 1832 a 1835. Vigors gañou a posterior elección parcial do ano 1837, e conservou o seu escano até a súa su morte, en 1840.

Outras publicaciónsEditar

  • An inquiry into the nature and extent of poetic licence. Mackinlay & Bensley, Londres, 1810.
  • A statement of persecutions on the part of certain Tory landlords in the County of Carlow. Ridgways, Londres, 1836.

AbreviaturaEditar

A abreviatura Vigors emprégase para recoñecer a Nicholas Aylward Vigors con autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Kavanagh, P. J. (1983). "Nicholas Aylward Vigors, MP, 1786-1840". Carloviana: [Journal of the Old Carlow Society] 30: 15–19. 
  • John Doyle (1797–1868): A design – partly taken from the antique of the destruction of the Niobe family. McLean, Londres 1841.
  • Parliamentary Election Results in Ireland, 1801-1922, editado por B. M. Walker (Royal Irish Academy, 1978).

Ligazóns externasEditar