Struthio
- Para a avestruz común S, camelus ver avestruz.
Struthio Rango fósil: Mioceno-Holoceno, 23 Ma-0 Ma | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Struthio camelus australis unha subespecie da avestruz común no West Coast National Park | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
Struthio camelus Linnaeus, 1758 | |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
†Struthio coppensi | |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
Palaeostruthio Burchak-Abramovich 1953 |
Struthio é un xénero de aves da orde dos Struthioniformes, cuxos membros reciben o nome de avestruces. Deste xénero existen dúas especies vivas, a avestruz común (Struthio camelus) e a avestruz de Somalia (Struthio molybdophanes). Coñécense tamén especies fósiles asignadas a este xénero, algunhas das cales se extinguiron hai uns poucos miles de anos como S. asiaticus.
Historia
editarO xénero Struthio foi descrito por primeira vez por Carl Linnaeus en 1758. O xénero foi usado por Linnaeus e algúns outros dos primeiros taxónomos para incluír o emú, o ñandú e o casuario, ata que estes foron situados nos seus propios xéneros.[1] A avestruz de Somalia Struthio molybdophanes foi recoñecida como especie separada recentemente pola maioría das autoriades (antes era subespecie da avestruz común), mentres que outras autoridades están aínda revisando as evidencias.[2][3]
Especies
editarCoñécense nove especies dentro deste xénero, das cales sete están extingjidas. Outras tres especies máis: S. pannonicus, S. dmanisensis (a avestruz xigante) e S. transcaucasicus, foron transferidas ao xénero Pachystruthio en 2019.[4] Outras formas fósiles son icnotaxons que só se coñecen polas pegadas ou trazas que deixaron os organimos e a súa asociación coas especies descritas por ósos é polémica e pendente de ulteriores revisións.[5]
As especies son:
- †Struthio coppensi (Mioceno temperán de Elizabethfeld, Namibia)
- †Struthio linxiaensis (Mioceno tardío Liushu de Yangwapuzijifang, China)
- †Struthio orlovi (Mioceno tardío de Moldavia)
- †Struthio karingarabensis (Mioceno tardío – Plioceno temperán do suroeste e centro leste de África) – oospecie(?)
- †Struthio kakesiensis (Plioceno temperán de Laetoli, Tanzania) – oospecie
- †Struthio wimani (Plioceno temperán da China e Mongolia)
- †Struthio daberasensis (Plioceno temperán e medio de Namibia) – oospecie
- †Struthio brachydactylus (Plioceno de Ucraína)
- †Struthio chersonensis (Plioceno do sueste de Europa ata o centro oeste de Asia) – oospecie
- †Struthio asiaticus, (Plioceno temperán – Plistoceno tardío de Asia central á China ?e Marrocos)
- †Struthio oldawayi (Plistoceno temperán de Tanzania) – probablemente subespecie de S. camelus
- †Struthio anderssoni – no norte da China/Mongolia[6][7] oospecie(?)
- Struthio camelus, avestruz común
- Struthio molybdophanes, avestruz de Somalia.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Gray, George Robert (1855). Catalogue of the Genera and Subgenera of Birds contained in the British Museum. London, UK: Taylor and Francis. p. 109.
- ↑ Gill, F.; Donsker, D (2012). "Ratites". IOC World Bird List. WorldBirdNames.org. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2013. Consultado o 13 Jun 2012.
- ↑ BirdLife International (2012). "The BirdLife checklist of the birds of the world, with conservation status and taxonomic sources.". Arquivado dende o orixinal (xls) o 25 de decembro de 2011. Consultado o 16 Jun 2012.
- ↑ Zelenkov, N. V.; Lavrov, A. V.; Startsev, D. B.; Vislobokova, I. A.; Lopatin, A. V. (2019). "A giant early Pleistocene bird from eastern Europe: unexpected component of terrestrial faunas at the time of early Homo arrival". Journal of Vertebrate Paleontology: e1605521. doi:10.1080/02724634.2019.1605521.
- ↑ Bibi, Faysal; Shabel, Alan B.; Kraatz, Brian P.; Stidham, Thomas A. (2006). "New Fossil Ratite (Aves: Palaeognathae) Eggshell Discoveries from the Late Miocene Baynunah Foramation of the United Arab Emirates, Arabian Peninsula" (PDF). Palaeontologia Electronica 9 (1): 2A. ISSN 1094-8074.
- ↑ Janz, Lisa; et al. (2009). "Dating North Asian surface assemblages with ostrich eggshell: Implications for palaeoecology and extirpation". Journal of Archaeological Science 36 (9): 1982–1989. doi:10.1016/j.jas.2009.05.012.
- ↑ J. G. Andersson, Essays on the cenozoic of northern China. Memoirs of the Geological Survey of China (Peking), Series A, No. 3 (1923), pp. 1–152, especially pp. 53–77: "On the occurrence of fossil remains of Struthionidae in China."; and J. G. Andersson, Research into the prehistory of the Chinese. Bulletin of the Museum of Far Eastern Antiquities 15 (1943), 1–300, plus 200 plates.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Andersson, Johan Gunnar (1923). On the occurrence of fossil remains of Struthionidae in China. In: Essays on the cenozoic of northern China. Memoirs of the Geological Survey of China (Peking), Series A, No. 3, pp. 53–77. Peking, China: Geological Survey of China.
- Andersson, Johan Gunnar (1943). "Researches into the prehistory of the Chinese.". Bulletin of the Museum of Far Eastern Antiquities 15: 1–300, plus 200 plates.
- Brands, Sheila (14 Aug 2008). "Taxon: Genus Struthio". Project: The Taxonomicon. Consultado o 12 Jun 2012.
- Davies, S. J. J. F. (2003). "Ostriches". En Hutchins, Michael. Birds I Tinamous and Ratites to Hoatzins. Grzimek's Animal Life Encyclopedia 8 (2nd ed.). Farmington Hills, MI: Gale Group. p. 99. ISBN 978-0-7876-5784-0.
- Hou, L.; Zhou, Z.; Zhang, F.; Wang, Z. (Aug 2005). "A Miocene ostrich fossil from Gansu Province, northwest China". Chinese Science Bulletin 50 (16): 1808–1810. ISSN 1861-9541. doi:10.1360/982005-575.
- Janz, Lisa; et al. (2009). "Dating North Asian surface assemblages with ostrich eggshell: Implications for palaeoecology and extirpation". Journal of Archaeological Science 36 (9): 1982–1989. doi:10.1016/j.jas.2009.05.012.