Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda

O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda foi un estado que existiu entre o 1 de xaneiro de 1801 e o 12 de abril de 1927 nas Illas Británicas formado pola fusión do Reino de Gran Bretaña e o Reino de Irlanda coa sinatura da Lei de Unión de 1800.

United Kingdom of Great Britain and Ireland
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda

 

1801–1922
 

 

Bandeira Escudo
Lema: Dieu et mon droit
(Francés: Deus e o meu dereito)
Himno: God Save the King
Capital Londres
Lingua Inglés (oficial de facto), irlandés, escocés, gaélico escocés, galés; tamén norn e córnico.
Goberno Monarquía parlamentar
King / Queen
 • 1801–1820 Xurxo III
 • 1820–1830 Xurxo IV
 • 1830–1837 Guillerme IV
 • 1837–1901 Vitoria
 • 1901–1910 Eduardo VII
 • 1910–1927 Xurxo V
Lexislatura Parlamento do Reino Unido
 - Cámara alta Cámara dos Lores
 - Cámara baixa Cámara dos Comúns
Historia
 • Lei de Unión 1 de xaneiro de 1801
 • Desestabelecemento 6 de decembro de 1922
 • Troco de nome do país 12 de abril de 1927
Superficie
 • 1921 315.093 km²
Poboación
 • 1801 est. 16.345.646 
 • 1921 est. 42.769.196 
     Densidade 135,7/km²
Moeda Libra esterlina
O lema real utilizado en Escocia era Nemo me impune lacessit (Ninguén me fere impunemente).

Despois da independencia de Irlanda, o 6 de decembro de 1922, cando o Tratado Angloirlandés de 1921 entrou en vigor, o nome oficial continuou en uso ata que foi cambiado polo de Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte mediante a Lei de Títulos Reais e Parlamentarios de 1927. A parte da illa de Irlanda que se separou do Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda en 1922 hoxe constitúe a República de Irlanda.

HistoriaEditar

AntecendentesEditar

A fusión dos dous reinos foi precedida pola rebelión irlandesa de 1798, que sacudiu á poboación de ascendencia protestante e foi reprimida brutalmente polo goberno, causando ao redor duns 30.000 mortos. O século anterior producírase unha discriminación brutal mediante a utilización das leis penais, destinadas a marxinar particularmente á poboación nativa católica e, en xeral, a tódolos disidentes da Igrexa de Irlanda, que recoñecía o liderado espiritual da monarquía británica, sendo excluídos da vida pública e económica.

Como resultado disto, o goberno de Londres impulsou a fusión dos dous países en resposta ao mal goberno dos protestantes como polos esforzos dos revolucionarios ao buscar unha alternativa de goberno. Así, para tentar evitar que unha crise na debilitada saúde do Rei Xurxo III, que podería provocar o nomeamento dunha alternativa en calquera dos dous reinos, comportou a promulgación da Acta de Unión de 1800, aprobada polos Parlamentos de Irlanda e da Gran Bretaña.

Termos da UniónEditar

Segundo os termos da fusión, e igual que na sinatura da Acta de Unión de 1707, os respectivos parlamentos nacionais dos dous estados foron abolidos e foron substituídos polo Parlamento do Reino Unido, con sede ao Palacio de Westminster. A nova cámara dos comúns foi ocupada polos membros do Parlamento da Gran Bretaña, incorporando 100 membros provenientes de Irlanda, e a nova Cámara dos Lords incorporou catro Lords permanentes e vinte e oito de temporais de orixe irlandesa.

Parte da solución de compromiso para os católicos de Irlanda foi a concesión da Emancipación Católica, que fora denegada durante anos polos membros anglicanos do parlamento irlandés. Este pero, finalmente foi bloqueada por Xurxo III, que argumentou que a emancipación dos católicos romanos violaba a súa coroación como monarca británico protector do Protestantismo.

Rotura da UniónEditar

O ano 1919 os deputados electos ao Parlamento de Westminster por parte do Sinn Féin formaron un parlamento irlandés independente na cidade Dublín, coñecido co nome de Dáil Éireann e presidido por Éamon de Valera. A proclamación deste parlamento por parte do Sinn Féin provocou o estalido da Guerra Angloirlandesa ou Guerra da Independencia irlandesa entre 1919 e 1921.

O 24 de decembro de 1920 aprobouse a Government of Ireland Act, pola cal se decidiu partir o país formando dúas rexións autónomas (exceptuando a defensa, política exterior e economía): Irlanda do Sur con 26 condados de maioría nacionalista, e Irlanda do Norte con seis condados de maioría unionista. Finalmente, o 6 de decembro de 1922, un ano despois da firma do Tratado Angloirlandés, os 26 condados do sur separáronse do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e formaron o autónomo Estado Libre de Irlanda. Os seis condados que forman Irlanda do Norte permaneceron no Reino Unido.

Até o ano 1927 mantívose o nome do Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda, momento no cal e mediante a sinatura da Lei de Títulos Reais e Parlamentarios se cambiou o nome do país polo de Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte.

Listaxe de monarcasEditar

Até 1927, parte do título real do monarca incluía as palabras Rei do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. En 1927, as palabras Reino Unido foron eliminadas do título real para que o monarca fose chamado Rei/Raíña de Gran Bretaña, Irlanda... [e outros lugares]. As palabras Reino Unido foron restauradas no título do monarca en 1953 coa referencia a Irlanda substituída por unha referencia a Irlanda do Norte.

A bandeiraEditar

Artigo principal: Bandeira do Reino Unido.

A bandeira creada para a unión dos reinos de Gran Bretaña e Irlanda no ano 1800 é aínda hoxe a bandeira do Reino Unido. A bandeira é combinación das bandeiras de Inglaterra e Escocia coa bandeira de San Patricio de Irlanda. A cruz vermella, a cruz de San Xurxo, representa a Inglaterra. O fondo azul sobre o cal aparece a cruz de Santo André (en forma dunha 'X' branca), representa a Escocia, mentres que a 'X' vermella que se superpón á 'X' branca é coñecida como a cruz de San Patricio, e representa a Irlanda.

Así pois, a bandeira do Reino Unido aínda conserva a Cruz de San Patricio en representación de Irlanda

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar