1800
ano
1800 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1800 MDCCC | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2553 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1249 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4496 – 4497 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5560 – 5561 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1855 – 1856 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1722 – 1723 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4901 – 4902 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1178 – 1179 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1215 – 1216 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2050 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editarGran Bretaña
editar- O empresario británico Robert Owen implanta na súa fábrica de fiados de algodón (contruída en New Lanark), a xornada de traballo en dez horas e media. Tamén prohibe que traballen os nenos menores de 10 anos. Desta forma impúlsanse as primeiras medidas de protección laboral.
- O 1 de agosto fírmase a Acta de Unión, integrando a Irlanda, votada, a petición de Pitt (o Xove), polos deputados ingleses. Irlanda será representada, a pesar seu, no parlamento do Reino Unido.
España
editar- 1 de maio: nace en Santiago de Compostela El Catón Compostelano, primeiro periódico de Galicia.
- 25 e 26 de agosto: na Batalla de Brión, as tropas españolas e auxiliares civís rexeitan un ataque do exército británico, desembarcado na praia de Doniños, que tencioaba apoderarse da base naval de Ferrol.
- O 1 de outubro España e Francia firman un convenio preliminar e secreto, que sería bautizado co nome de San Ildefonso. O convenio establecía a ampliación do ducado de Parma e a súa posterior conversión no reino de Etruria, cando Francia firme a paz con Austria. A cambio, España debe entregar a Francia 6 naos de guerra (dotados cada unha de 74 canóns) e devolver Luisiana. O convenio, completado co de Madrid (asinado o 21 de marzo de 1801), entraría en vigor trala firma de paz de Lunéville.
India
editar- O gobernador xeral da India, Richard C. Wellesley, impón o protectorado británico o nizam de Hyderabad, un territorio situado na zona central do Decán.
Indonesia
editar- O 1 de xaneiro a Coroa neerlandesa faise cargo das propiedades que ten en Indonesia a Compañía das Indias Orientais, disolta pola mala xestión e corrupción.
Alemaña
editar- O poeta alemán Friedrich von Hardenberg, máis coñecido como "Novalis", publica os seus "Himnos de la noche", no que expresa o vínculo místico que o une con Sofía von Kühn (que era a súa prometida, morta no 1797 con 15 anos de idade). Toda a obra xira en torno á alternativa, a superposición dos soños e a realidade. A poesía alcanza mediante a densidade e a musicalidade da palabra unha forza de expresión nova, que será unha das referencias dos teóricos do romanticismo. Sentíndose rodeado pola presenza real da morte, o poeta declara apercebir as doces chamadas do invisible e desexa unirse á súa amada, non co suicidio, senón mediante o acto de vontade. Novalis nacera no 1772 e morrería no 1801.
Reino Unido
editar- O fisiólogo británico Anthony Carlisle, axudado polo físico William Nicholson, descobren a electrólise ao descompoñe-la auga acidulada. Xuntos realizan, tamén, a electrólise das sales metálicas disoltas.
- O astrónomo anglo-alemán William Herschel descobre as ondas infravermellas. Trátase dunha onda electromagnética cun rango e frecuencia invisibles para o ollo humano. Herschel descubrirá, ademais, o planeta Urano, centos de estrelas e algunhas nebulosas.
Roma
editar- O 14 de marzo o papa Pío VII (cuxo nome real era Gregorio Chiaramonti), con idade de 59 anos sobe ó solio pontificio, na calidade de sucesor de Pío VI (despois de 7 meses e medio nos que o trono pontifical permaneceu baleiro). Pío VII asumirá o seu cargo durante 23 anos (xa que finará o 20 de agosto de 1823).
Malta
editar- As tropas británicas ocupan a illa tralo asedio de 2 anos. O británicos non pensan devolve-la illa de Malta á Orde dos Cabaleiros e prepáranse para unha longa ocupación.
Francia
editar- Napoleón Bonaparte instálase nunha casa acomodada nas Tullerías o 19 de febreiro. O día seguinte (20 de febreiro) a Banca de Francia, que fora fundada por unha asociación de banqueiros que contaban co patrocinio de Napoleón, escomenza as primeiras operacións.
- O 14 de xuño durante unha revolta en Exipto na que morre o xeneral francés, Jean Baptiste Kléber, o seu substituto, o xeneral francés Jacques Francois de Boussay, asume o poder militar no país. Tamén nese mesmo día, as tropas de Napoleón Bonaparte derrotan o exército austríaco na batalla de Marengo.
Italia
editar- Na cidade de Pavia dáse a coñecer o invento da pila eléctrica creada por Alessandro Volta (que nacera na localidade de Como un 19 de febreiro de 1745 e finaría na mesma o 5 de marzo de 1827). A pila estaba composta por parellas de laminillas de cinc e cobre en contacto directo; cada parella estaba separada da seguinte por un cartón húmido. A artefacto desempeñaba a acción dunha batería de condensadores que se recarga de forma inmediata.
- En maio, unha segunda campaña de Napoleón Bonaparte (que duraría ata decembro de 1800), desenvolverase no marco da segunda coalición. Napoleón atravesará o Gran San Bernardo cun exército de reserva (feito que ocorrirá do 14 ao 23 de maio). Despois do éxito da vanguarda en Montebello (o 9 de xuño), vólvese a enfrontar contra os austríacos en Marengo (onde Desaix e Boudet transformarán en vitoria decisiva unha situación moi crítica). Mentres que Moreau e o exército de Alemaña invaden Baviera e ameazan o interior de Austria, Napoleón Bonaparte ocupa Lombardía e Venecia, impoñendo a Austria o armisticio de Trévise (que se asinará o 15 de xaneiro de 1801), preludio do tratado de Lunéville.
Arte e cultura
editar- Goya pinta "A familia de Carlos IV", hoxe no Museo do Prado.
Nacementos
editar- 7 de xaneiro - Millard Fillmore, político americano, será o 13º presidente de Estados Unidos.
- 14 de xaneiro - Ludwin Köchel, investigador e botánico austríaco.
- 28 de xaneiro - Antonio Feliciano de Castilho, escritor portugués.
- 12 de febreiro - John Edward Gray, zoólogo británico (m. 1875)
- 18 de febreiro - Dalmacio Vélez Sarsfield, estadista e xurisconsulto arxentino.
- 23 de febreiro - William Jardine, naturalista francés; 7º barón de Applegirth.
- 5 de marzo - Georg Friedrich Daumer, filósofo e poeta alemán.
- 20 de marzo - Braulio Carrillo Colina, político costarriqueño; presidente de Costa Rica nos anos 1835/37 e 1838/42.
- 25 de marzo - Alexis Paulin Paris, historiador francés.
- 14 de abril - Joseph Deharbe, teólogo francés.
- 15 de abril - James Clark Ross, explorador escocés.
- 22 de abril - Maria Francisca de Assis, filla do rei portugués Xoán VI e Carlota Xoaquina.
- 19 de maio - Antonio Xoaquin da Costa Carvalho, aristócrata portugués; coñecido co nome de barón de San Lourenzo.
- 19 de xuño - Juan José Flores y Aramburu, político ecuatoriano; presidente provisional de Ecuador dende o 14 de agosto de 1830 ao 22 de setembro de 1830.
- 14 de xullo - Jean-Baptiste Dumas, químico francés.
- 21 de xullo - Aureliano de Sousa e Oliveira Coutinho, aristócrata brasileiro; vizconde de Sepetiba.
- 9 de agosto - Buckner Stith Morris, político americano; segundo alcalde da cidade de Chicago.
- 17 de agosto - Charles Latour Rogier, estadista belga.
- 17 de setembro - Franklin Buchanan, tenente-almirante americano.
- 12 de outubro - Francesco Florimo, compositor italiano.
- 25 de outubro - Thomas Babington Macaulay, historiador e político británico (m. 1859).
- 4 de novembro - Eduard Brendler, compositor sueco.
- 6 de novembro - Eduard Grell, compositor alemán.
- 15 de novembro - George Rodwell, compositor inglés.
- 23 de novembro - Michael P. Pogodin, historiador ruso.
- 3 de decembro - France Prešeren, poeta romántico esloveno (m. 1849).
- 7 de decembro - Carlo Giuseppe Gené, escritor e naturista italiano.
- 25 de decembro - John Phillips, xeólogo británico.
- 27 de decembro - John Goos, compositor inglés.
- 29 de decembro - Charles Goodyear, inventor do proceso de vulcanizado que posteriormente facilitaría o tratamento do caucho.
Mortes
editar- 10 de xaneiro - Johan Wikmanson, compositor sueco.
- 27 de abril - Evstigney Iptovich Fomin, compositor ruso.
- 3 de maio - Johann Christian Fischer, compositor alemán
- 7 de maio - Niccolo Piccinni, compositor italiano.
- 10 de xuño - Johann Abrahan Peter Schulz, compositor alemán.
- 14 de xuño - Jean-Baptiste Kléber, xeneral francés que prestaba servizo coas súas tropas en Exipto.
- 20 de xuño - Abraham Gotthelf Kaestner, matemático alemán.
- 3 de agosto - Carl Friedrich Christian Fasch, compositor alemán.
- 8 de setembro - Pierre Gavinies, violinista e compositor francés.
- 26 de setembro - William Billings, compositor americano.
- 9 de novembro - Domingos Caldas-Barbosa, poeta e escritor brasileiro.
Outros
editarBreves
editar- 18 de xaneiro - En Francia diversos comerciantes e banqueiros crean a Banca de Francia.
- 22 de febreiro - Inaugúrase o Seminario de Olinda, que será un máis a sumarse nos que xa hai feitos no Brasil e que complementará o municipio do seu nome.
- 23 de marzo - O Congreso de Estados Unidos aproba unha medalla para o capitán Thomas Truxtun.
- 24 de abril - Co visto e prace do Congreso, comézase a construción da biblioteca do mesmo edificio.
- 9 de xuño - Celébrase a Batalla de Montevello entre os franceses e os austríacos.
- 8 de xullo - Un documento do estado brasileiro obriga aos propietarios a conserva-las árbores nunha distancia dende as costas do mar a 18 leguas no interior.
- 30 de agosto - Nos Estados Unidos, no estado de Virxinia fórmase unha rebelión de escravos, coñecida coma revolta de Gabriel.
- 30 de outubro - É executado o líder escravista, Gabriel Prosser, quen fora o principal responsable da rebelión de escravos no estado de Virxinia.
- 16 de decembro - Francia e os Estados Unidos asinan un documento, coñecido como "Convención 1800".
- Segundo outros historiadores, neste ano o físico alemán Johann Wilhelm Ritter descobre a radiación ultravioleta por simple casualidade.
- Ao longo deste ano a novela de Charles Dickens, "Almacén de antigüidades" é publicada por entregas dun capítulo á semana.
- O enxeñeiro inglés Richard Trevithink (ou Trevithick) constrúe o primeiro motor con vapor a presión.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1800 |
Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |