El Catón Compostelano
El Catón Compostelano foi o primeiro periódico de Galicia. O primeiro número apareceu o 1 de maio de 1800 na cidade de Santiago de Compostela.
El Catón Compostelano | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 1800 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarEl Catón Compostelano, que Eugenio Carré Aldao alcumou como “primeiro xornal galego”, veu a luz en Santiago de Compostela no ano 1800. Trátase dunha publicación semanal na que se tocaban temas de corte erudito e polémico, dende a necesidade da educación das mulleres ata a orixe das linguas de España; da paz, a liberdade ou o tempo, á necesidade dunha Historia Natural de Galicia ou a descrición dunha “embarcación que poida navegar polo ayre”. Este xornal tivo unha curta existencia de menos de seis meses. Cada entrega era presentada como un Discurso e todo apunta a que era Francisco del Valle-Inclán -catedrático, bibliotecario e reitor da Escola de San Clemente de Santiago de Compostela- o factótum da publicación.
No ano 2000 o Consello da Cultura Galega celebrou o bicentenario da súa aparición editando un facsímile, xunto cun volume de Estudos. O exemplar escolleito para a realización desta reprodución foi o adquirido polo CCG ós herdeiros de Ramón Vázquez Salgado. Componse esta colección de vinte e un discursos, o mesmo número de entregas que ten a serie que atesoura a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre da Coruña.
O único exemplar completo consérvase na Biblioteca do Seminario Maior de Ourense, que procede da biblioteca que en testamento doou o cóengo arquiveiro e bibliófilo ourensán Emilio Duro Peña. Consta de vinte e dous encadernados en pergamiño.
A reprodución de El Catón Compostelano ofrécea en formato PDF o Consello da Cultura Galega na súa páxina web, ata o Discurso XXI e o Discurso XXII -que completa o Discurso XXI, e que falta no facsímile-[1].
Notas
editar- ↑ Pódese descargar, no mesmo formato, na páxina Web da Biblioteca do Seminario Maior de Ourense Arquivado 06 de agosto de 2007 en Wayback Machine.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Catón Compostelano, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Catón Compostelano, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Lorenzana, Salvador (abril - maio - xuño, 1988). "Breve historia da prensa periódica en Galicia". Grial: 210–222. ISSN 0017-4181.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. pp. 12–14. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 99. ISBN 84-8288-137-X.