Grial (revista)
Grial, subtitulada Revista galega de cultura, é unha publicación trimestral editada pola editorial Galaxia (Vigo), desde 1963. Pode considerarse como un dos mellores referentes das revistas culturais galegas.
Grial | |
---|---|
![]() Capa do número 1 | |
País | España |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 1963 |
Primeira edición | 1963 |
Circulación | |
ISSN | 0017-4181 |
[ editar datos en Wikidata ] |
De seguido se converteu nunha revista de prestixio, dentro e fóra do país, na que colaboraron xentes de todas as ideoloxías do galeguismo e que levou a cabo un labor tanto de estudio da realidade galega, como de información da cultura exterior, seguindo a filosofía aperturista da que xa temos falado. — (Ramón Piñeiro: Da miña acordanza).
Descrición Editar
Como antecedente da revista cabe lembrar a Colección Grial, publicada tamén por Galaxia en 1951 pero que foi pechada pola censura franquista trala publicación de tan só catro números.[1] Eses catro números titulábanse: Presencia de Galicia, Pintura actual en Galicia, Presencia de Curros y Doña Emilia e Aspectos económicos e xurídicos de Galicia.[2]
Entre 1952 e 1963, intentouse conseguir o permiso administrativo para retornar a publicación, sen éxito. Soamente, coa apertura favorecida por Manuel Fraga, en 1963, se puido conseguir.[3]
Na revista Grial aparecen traballos que obedecen a un dobre propósito: informar sobre a realidade de Galiza, e informar e reflexionar sobre os máis diversos aspectos da cultura universal. Tamén se levaron a cabo traducións de diversos textos da cultura mundial ao galego, de Le Corbusier, André Breton ou Baudelaire.[4]
Os directores da revista foron Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego[5] ata o número 100. En 1989 asumiu a dirección Carlos Casares e, trala morte deste en 2003, os directores son Víctor Fernández Freixanes e Henrique Monteagudo.
En xaneiro de 2021 Galaxia publicou en aberto (en formato pdf) os 156 primeiros números da revista.[6]
Notas Editar
- ↑ "Grial". revistasculturales.com/ (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2021.
- ↑ Vilavedra, 2004, p. 396
- ↑ Fernández del Riego, 1996, p. 66
- ↑ Fernández del Riego, 1996, p. 68
- ↑ Salgado, Daniel (28 de novembro de 2010). "Francisco Fernández del Riego, intelectual galleguista". elpais.com (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Grial". editorialgalaxia.gal. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 16 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Grial |
Bibliografía Editar
- Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. pp. 1010–1011. ISBN 978-84-8288-942-9.
- Fernández del Riego, Francisco (1996). A xeración Galaxia. Vigo: Galaxia. ISBN 84-8288-037-3.
- Vilavedra, Dolores, ed. (2004). "Galaxia". Dicionario da literatura galega, Tomo IV (Termos e institucións literarias). Vigo: Galaxia. ISBN 84-8288-656-8.