Henrique Monteagudo
Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado na Insuela (Esteiro, Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018[1], membro numerario e secretario da Real Academia Galega.
Henrique Monteagudo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 26 de novembro de 1959 |
A Insuela | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor e profesor universitario |
Cónxuxe | Dolores Vilavedra |
Fillos | dúas |
Xéneros | ensaio |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Henrique Monteagudo licenciouse en filoloxía hispánica (galego-portugués) pola Universidade de Santiago de Compostela (1981) e foi profesor na mesma e investigador do Instituto da Lingua Galega desde 1982. En 1995 doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela e desde ese momento foi profesor titular de Filoloxía Galega en Santiago. Tamén foi profesor nas universidades de Birmingham (como 'Assistant Lectores'), na City University of New York (1996) e na de Lisboa (1998). Actualmente é coordinador da Sección de Lingua Galega do Consello da Cultura Galega e director do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística. Monteagudo é co-coordinador do Informe sobre Política Lingüística e Normalización en Galicia da Sección de Lingua Galega do CCG desde 1998 e forma parte do Consello de Redacción da revista Grial desde 1989, e co-director da mesma desde 1993. Desde xaneiro de 2019 é catedrático de universidade.
O 30 de abril de 2010 foi elixido académico numerario da Real Academia Galega[2], para ocupar así a vacante de Antonio Gil Merino, e dende 2013 é o seu secretario.
Foi membro do partido político Compromiso por Galicia.
Predecesor: Xosé Luís Axeitos |
Secretario da Real Academia Galega 2013- |
Sucesor: No cargo |
Publicacións destacadasEditar
Ten publicado traballos sobre literatura galega medieval, historia externa da lingua, planificación lingüística e gramática e lexicografía galegas e, entre as súas publicacións destacan:
EnsaioEditar
- Ideas e debates sobre a lingua: Alfonso D. Rodríguez Castelao e a tradición galeguista (1995, Galaxia).
- O son das ondas: Mendiño, Martín Codax, Johán de Cangas, xograres da beiramar (1998, Galaxia).
- Castelao (1999, Xunta de Galicia).
- Historia Social da Lingua Galega (1999, Galaxia).
- Castelao: Defensa e ilustración do idioma galego (2000, Galaxia).
- Letras primeiras. O foral de Caldelas, a emerxencia da escrita en galego e os primordios da lírica trobadoresca (2008, Fundación Barrié).
- As razóns do galego (2009, Galaxia).
- A nobreza miñota e a lírica trobadoresca na Galicia da primeira metade do século XIII (2014, Editorial Toxosoutos).
- Carlos Casares, un contador de historias. Vida e obra (2017, Galaxia).
EdiciónsEditar
- Cancionero de Payo Gómez Chariño, de Armando Cotarelo Valledor (1984, Xunta de Galicia).
- A romaría de Xelmírez, de Ramón Otero Pedrayo (1991, Galaxia).
- Antoloxía da prosa literaria galega medieval (1994, Tórculo).
- De viva voz Castelao: conferencias e discursos (1996, Fundación Castelao).
- Os dous de sempre, de Castelao (2001, Galaxia).
- Catálogo de algunos libros curiosos y selectos, para la librería de algún particular, de Frei Martín Sarmiento, 2002, Toxosoutos.
- Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio (2003, Consello da Cultura Galega).
- De historia natural y de todo género de erudición: obra de 660 pliegos, de Martín Sarmiento (2008, Consello da Cultura Galega).
- O espertar da conciencia galega. Galeguismo, cultura e identidade: ensaios e artigos dispersos (1950-1990), de Ramón Piñeiro (2009, Galaxia).
- “En cadea sen prijon”. Cancioneiro de Afonso Paez (2013, Xunta de Galicia).
- "Manuscritos poéticos inéditos de Rosalía de Castro", xunto con María Xesús Lama, Ed. Real Academia Galega, 2014.[3]
- Irmandades da Fala: oratoria e prosa non ficcional. Antoloxía (2016, Real Academia Galega).
- Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos (2017, RAG e Fundación Barrié). ISBN 978-84-9752-154-3.
Obras colectivasEditar
- Lingua galega: 1 BUP (1984, Xerais).
- Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia (1986, Xunta de Galicia).
- Gramática galega (1986, Galaxia). Con Rosario Álvarez e Xosé Luís Regueira.
- A poesía lírica galego-portuguesa, de Giuseppe Tavani (1986, Galaxia). Co-tradutor con Rosario Álvarez.
- Diccionario galego-castelán (1988, Galaxia).
- Contos da xustiza (1991, Ir Indo).
- Escritores galegos contemporáneos. Participantes no encontro de escritores galegos e portugueses en Compostela, (setembro 1991) (1991, Xunta de Galicia). Coordinación con Pilar Vázquez Cuesta e Fernando Dacosta.
- A vida e o tempo de Diego Xelmírez, de R. A. Fletcher (1992, Galaxia). Tradución con María Xesús Lama López.
- Follas novas, de Rosalía de Castro (1993, Galaxia). Editor, con Dolores Vilavedra.
- Nivel soleira: versión provisional (1993, Xunta de Galicia).
- Diccionario da literatura galega. I. Autores, 1995, Galaxia.
- Estudios de sociolingüística galega (1995, Galaxia).
- Día das Letras Galegas 1996: Xesús Ferro Couselo (1996, Universidade de Santiago de Compostela).
- Xesús Ferro Couselo. 1906-1975: unha fotobiografía (1996, Xerais). Con Marcos Valcárcel, Xesús Alonso Montero e Ramón Villares.
- Diccionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas (1997, Galaxia).
- Galego, 2 BUP (1998, Xerais).
- A lagarada. O desengano do prioiro, de Ramón Otero Pedrayo (1998, Galaxia).
- Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño e Johán de Cangas (1998, Galaxia).
- Lingua COU (1999, Xerais).
- Novas voces da poesía galega: recital (2000, Consello da Cultura Galega).
- Para ler a Castelao. I. II (2000, Galaxia).
- Galicia: unha luz no Atlántico (2001, Xerais).
- Elaboración e difusión da lingua (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador, con Xan Bouzada.
- A normalización lingüística a debate (2002, Xerais).
- O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000. Volume I, II, III (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador con Xan Bouzada.
- Sobre a lingua galega: antoloxía, de Martín Sarmiento (2002, Galaxia).
- Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio.
- Actas do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo" (Celanova, 2001) (2004, Consello da Cultura Galega).
- Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego (2005, ILG/Consello da Cultura Galega).
- A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003) (2005, Consello da Cultura Galega).[4]
- A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza (2008, Baía Edicións).
- De verbo a verbo: documentos en galego anteriores a 1260 (2009, Universidade de Santiago de Compostela). Con Ana Isabel Boullón Agrelo.
- Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade (2009, Consello da Cultura Galega).
- Fermín Penzol. Unha obra para un país (2010, Galaxia).
- Historia das historias de Galicia (2016, Xerais).
Ademais, ten editado textos de Rosalía de Castro, Castelao e Ramón Otero Pedrayo e os seus traballos publícanse en revistas especializadas como Grial, Verba, Coloquio/Letras (de Lisboa), Signo y Seña (de Buenos Aires), Portuguese Studies (de Cambridge), entre outras.
Premios e recoñecementosEditar
- 1º Premio de "Ensayo sobre las lenguas y literaturas gallega, vasca y catalana", da Universidade Nacional de Educación a Distancia (Madrid), 1998.
- Premio Antón Losada Diéguez de investigación (2000).
- Premio da Crítica Galicia, na sección de Investigación, en 2009, pola obra Letras primeiras. O Foral de Caldelas. A emerxencia da escrita en galego e os primordios da lírica trobadoresca.
NotasEditar
- ↑ Redacción (outubro-novembro-decembro 2018). "Henrique Monteagudo, catedrático de Filoloxía Galega". Grial LVI (220): 10.
- ↑ "Henrique Monteagudo ingresará na Real Academia Galega", Xornal de Galicia, 1 de maio de 2010.
- ↑ "Manuscritos poéticos inéditos de Rosalía de Castro" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2016. Consultado o 03 de marzo de 2016.
- ↑ A sociedade galega e o idioma. Evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003), obra de varios autores dirixida por Henrique Monteagudo e Anxo Lorenzo.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henrique Monteagudo |
BibliografíaEditar
- "Monteagudo Romero, Xosé Henrique". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, Francisco (1992). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. p. 282.
Ligazóns externasEditar
- Xosé Henrique Monteagudo Romero na páxina web da RAG.
- Ficha do autor na AELG