Pilar Vázquez Cuesta
Pilar Vázquez Cuesta, nada en Chantada o 25 de abril de 1926 e finada en Santiago de Compostela o 6 de marzo de 2019,[1] foi unha escritora e filóloga galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1926 Chantada, España |
Morte | 6 de marzo de 2019 (92 anos) Santiago de Compostela, España |
Profesora | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritora, filóloga |
Empregador | Universidade de Salamanca |
Xénero artístico | Ensaio |
Familia | |
Pais | Daniel Vázquez Campo e Modesta Cuesta Gutiérrez |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarFilla de Daniel Vázquez Campo,[2] deputado nas constituíntes de 1931 pola ORGA, dedicou a súa vida ao ensino. A súa tía Luisa Cuesta Gutiérrez xa fora profesora da Universidade de Santiago[3] antes da guerra e a súa nai, Modesta Cuesta, foi a primeira muller Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela.[4] Criouse en Chantada ata os cinco anos en que a familia marchou a Madrid.[5]
Despois de terminado o Bacharelato, matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid e licenciouse en 1946. En 1976 acadou, por oposición, a praza de agregada de Lingua e Literatura Portuguesas na Universidade de Salamanca da que foi catedrática até 1988.[6] En 1988 volveu a Galiza cando se creou a Cátedra de Portugués na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela que detentou ata a súa xubilación en 1991, momento en que foi nomeada Profesora Emérita de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.
Estudosa da cultura portuguesa e brasileira e á súa difusión en España, elaborou numerosos estudos, traballos de investigación e traducións ao castelán de autores portugueses e brasileiros, destacando a súa gramática portuguesa en español con Maria Albertina Mendes da Lus.
Publicou estudos sobre Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, M. Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Castelao, Otero Pedrayo, Blanco Amor, Luís Seoane, Álvaro Cunqueiro, Lamas Carvajal...[7]
Publicacións
editarEnsaio
editar- Gramática portuguesa (1949). Con Mendes da Lus, María Albertina (en castelán). Gredos. Madrid. Reeditada. II vols.
- A poesía portuguesa actual (1976). Editora Nacional. Madrid. Ed. bilingüe castelán-portugués. 406 páxs. ISBN 9788427603318.
- A língua e a cultura portuguesas no tempo dos Filipes (1988). Europa-América. En portugués. 152 páxs.
- O que um falante de português deve saber acerca do galego (2002). Colibri. Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Lisboa. En Portugués.
Obras colectivas
editar- Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas, 1980, AS-PG/Xistral.[8]
- Situación e perspectivas do Galego, en Congresso sobre a situação da língua portuguesa no mundo, 1985, ICALP, Lisboa.
- Escritores galegos contemporáneos. Participantes no encontro de escritores galegos e portugueses en Compostela, (setembro 1991) (1991, Xunta de Galicia). Coordinación con Henrique Monteagudo e Fernando Dacosta.
Obras sobre a autora
editar- Homenaxe á profesora Pilar Vázquez Cuesta (1996). Universidade de Santiago. 834 páxs. ISBN 9788481214765.
Obra en castelán
editarObras colectivas
editarDistincións
editar- Doutora honoris causa pola Universidade de Lisboa.
- Medalla Castelao (1996).
Notas
editar- ↑ Mociño, Isabel (7/3/2019). "Pilar Vázquez Cuesta". La Voz de Galicia.
- ↑ Rina Simón, César (2015). "Pilar Vázquez Cuesta". Academia. Consultado o 7/3/2018.
- ↑ "Xornal electrónico. Acontece". www.usc.es. Consultado o 7/3/2019.
- ↑ "Historia de Chantada". Concello de Chantada. Arquivado dende o orixinal o 31/07/2021. Consultado o 7/3/2019.
- ↑ Blanco, Carmen (3/5/2021). "Pilar Vázquez Cuesta". Álbum de Galicia. Consello da Cultura Galega. Consultado o 28/5/2021.
- ↑ "Pilar Vázquez Cuesta". www.aelg.gal. Consultado o 7/3/2019.
- ↑ "Pilar Vázquez Cuesta". Dialnet (en castelán). Consultado o 7/3/2019.
- ↑ "Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2018. Consultado o 29 de decembro de 2018.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Vázquez Cuesta, Pilar". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 291.
- "Vázquez Cuesta, Pilar". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 448. ISBN 84-7492-465-0.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. pp. 444–446. ISBN 978-84-8341-146-9.
Ligazóns externas
editar- Lembranza emocionada de Pilar Vázquez Cuesta Arquivado 08 de marzo de 2019 en Wayback Machine., nese enorme silencio… López Foxo, Manuel (2013)