Daniel Vázquez Campo
avogado e político galego
Daniel Vázquez Campo, nado en Chantada en 1894 e finado en Ribadavia en 1940, foi un avogado e político galego.
Daniel Vázquez Campo | |
---|---|
Nacemento | 1894 |
Chantada | |
Falecemento | 1940 |
Ribadavia | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Fillos | Pilar Vázquez Cuesta |
Irmáns | Antonio Vázquez Campo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Deputados galegos de 1931. Ramón Suárez Picallo, Daniel Vázquez, Alejandro Rodríguez Cadarso, Castelao, Nóvoa Santos, Antón Villar Ponte, Poza Juncal, Otero Pedrayo e Antón Alonso Ríos.
Colaborador do periódico Hidalguía e director de La Voz del Agro. Presidente da Asociación Republicana de Chantada, foi reelixido en febreiro de 1931.[1] O 10 de marzo de 1930 foi un dos fundadores da Organización Republicana de Lugo, que se uniu á ORGA, e foi presidente da Comisión Xestora da Deputación de Lugo cando se proclamou a Segunda República Española. Nas Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Lugo pola ORGA.
Predecesor: José Benito Pardo Rodríguez |
Presidente da deputación de Lugo 1931 - 1932 |
Sucesor: José Sánchez Gacio |
Vida persoalEditar
É pai da escritora Pilar Vázquez Cuesta.
NotasEditar
- ↑ El Pueblo Gallego, 26-2-1931, p. 6.