10 de marzo
día do ano
<< | Marzo | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
2024 Todos os días |
O 10 de marzo é o 69º día do ano do calendario gregoriano e o 70º nos anos bisestos. Quedan 296 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 988: O Conde Borrell de Barcelona abandona, a pleitesía ó rei franco. Independencia unilateral dos condados da Cataluña vella.
- 1126: Afonso VII rei de Galiza desde o 1111, é coroado tamén na catedral de León como rei de León e Castela.
- 1535: Descubrimento das Illas Galápagos por Tomás de Berlanga, bispo de Panamá.
- 1906: A meirande Catástrofe mineira francesa, a de Courrières, con 1099 mortes.
- 1915: accidente ferroviario na liña entre Monforte de Lemos e Vigo, entre as estacións da Frieira e Filgueira (Crecente). Un gran volume de rocha desprendeuse dun talude. Afectou á locomotora e seis unidades do convoi do tren correo Madrid-Vigo. Morreron 19 persoas e 25 resultaron feridas[1].
- 1944: Publícase en Buenos Aires Sempre en Galiza, de Castelao.
- 1945: Bombardeo de Toquio (Xapón) pola aviación dos Estados Unidos, 83 000 mortos.
- 1952: En Cuba, golpe de estado de Fulgencio Batista. Proclamouse presidente e suspendeu a Constitución.
- 1527: Babur obtén unha gran vitoria en Kanwaha, mentres o seu fillo pacifica o val do Ganxes, facéndose o dominador da India do norte.
- 1972: En ocasión das negociacións do convenio colectivo de Bazán, en Ferrol, os obreiros Daniel Niebla e Amador Rei morren baixo disparos da policía e moitos outros son detidos.
- 1990: Prosper Avril deixa a presidencia de Haití, que ocupou dende o 18 de setembro de 1988.
- 1987: Os médicos dos hospitais de Madrid inician unha folga, que dura ata fin de mes, contra a deterioración da asistencia sanitaria.
- 1988: Presentación pública da Frente Popular Galega.
Nacementos
editar- 1628 - Marcello Malpighi, médico italiano.
- 1749 - Lorenzo da Ponte, poeta e libretista italiano (m. 1838).
- 1772 - Friedrich von Schlegel, escritor alemán.
- 1844 - Pablo Sarasate, violinista e compositor español.
- 1866 - José Casares Gil, farmacéutico galego precursor do desenvolvemento da Química en España (m. 1961).
- 1887 - José Costa Alonso, sindicalista galego (n. 1960).
- 1892 - Arthur Honegger, compositor suízo (m. 1955).
- 1914 - Marcelino Fernández Villanueva, militar republicano e guerrilleiro antifranquista.
- 1920 - Boris Vian, escritor, enxeñeiro, poeta, cantante, e músico francés (m. 1959).
- 1929 - Ricardo Pérez Queiruga, mestre e político galego.
- 1931 - Antonio Eiras Roel, historiador galego.
- 1935 - José Antonio Labordeta, cantautor e político aragonés (m. 2010).
- 1939 - Chuck Norris, actor estadounidense.
- 1957 - Osama bin Laden, xefe fundador da rede terrorista Al-Qaida.
- 1962 - Isabel Blanco, avogada e escritora galega.
- 1958 - Sharon Stone, actriz estadounidense.
- 1963 - Jeff Ament, músico estadounidense.
- 1963 - Camilo Franco, escritor galego.
- 1969 - Paget Brewster, actriz e cantante estadounidense.
- 1973 - Eva Herzigova, modelo checa.
- 1989 - Alba Cid, poeta galega
Mortes
editar- 1760 - María Antonia Pereira, relixiosa e escritora galega (n. 1700)
- 1872 - Giuseppe Mazzini, político e xornalista italiano (n. 1805).
- 1942 - William Henry Bragg, físico inglés.
- 1965 - Xosé Castro Veiga, O Piloto, último maquis galego (n. 1915) foi abatido en Belesar (Chantada).
- 1966 - Frits Zernike, físico neerlandés (n. 1888).
- 1976 - Daniel Cosío Villegas, economista, historiador e sociólogo mexicano (n. 1898).
- 1985 - Konstantin Černenko, político soviético (n. 1911).
- 1988 - Phạm Hùng, Primeiro Ministro de Vietnam (n. 1912).
- 1995 - Ovidi Montllor, cantautor e actor catalá.
- 2012 - Moebius (Jean Giraud), historietista francés (n. 1938).
- 2022 - J. H. Elliot, historiador británico[2] (n. 1930)
Festas e celebracións
editarOutros
editarNotas
editar- ↑ "Desprendimiento de tierras. Parte de un tren sepultado", Heraldo de Madrid, 11 de marzo de 1915, pp. 1 e 2. Hemeroteca dixital da BNE. (data de acceso, 15 de outubro de 2013)
- ↑ De Miguel, Rafa (10 de marzo de 2022). "Muere John H. Elliott, el historiador británico maestro de hispanistas, a los 91 años". elpais.com (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2022.