Isabel Blanco

actriz e presentadora de televisión galega

Isabel Blanco Picallo, nada en Berna (Suíza) o 8 de setembro de 1974, é unha actriz de televisión, cine e teatro, e presentadora galega.

Isabel Blanco
Nacemento8 de setembro de 1971
LugarBerna
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz e presentadora de televisión
Na rede
http://isabelblanco.es
IMDB: nm0087267 Facebook: Isabel-Blanco-43961472398 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Naceu na cidade suíza de Berna, sendo filla de dous emigrantes galegos dos lugares de Randufe e A Illa, no concello de Santa Comba.[1] Trasladouse a Galicia na súa adolescencia. Licenciouse en Tradución e Interpretación de inglés e alemán e mesmo chegou a exercer como intérprete no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. Porén, no ano 1996 e despois de superar unha proba de selección para a TVG, iniciou a súa carreira televisiva como co-presentadora do espazo de humor A repanocha canda Tacho González. En 1998 deu o salto á interpretación actoral ao poñerse na pel de María Ares en Mareas vivas, da que principiou sendo a protagonista canda Luís Tosar e da que rodou máis de 150 capítulos entre 1998 e 2002. A serie foi un éxito de masas entre o público galego e grazas a ela Isabel Blanco acadou gran sona.

Máis tarde participou noutras producións para a TVG coma Rías Baixas (2000), Avenida de América (2002) ou Efectos secundarios (2007), ademais doutras de ámbito estatal como Nada es para siempre (1999-2000) ou Manolo & Benito Corporeision emitidas en Antena 3, Yo soy Bea (2008) emitida en Telecinco ou Cuéntame cómo pasó en TVE. Nos últimos anos tamén presentou os programas para a TVG Pasaporte galego (2018), Desmontando Galicia (2021-2023) e Desexo concedido (2022).

En cine destacan os seus traballos en A ti como se che di adeus? (1999), curtametraxe de Jorge Coira; Autopsia (2002), de Milagros Bará; O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa; Rosas (2005), curtametraxe de Mikel Fuentes; Cicatrices (2006), curtametraxe de Jairo Iglesias; Vida de familia (2007), de Llorenç Soler; El vestido (2008), de Paula de Luque; Agallas (2008), de Andrés Luque Pérez e Samuel Martín; así como a triloxía de Carlos Iglesias sobre a emigración española no século XX composta polos filmes Un franco, 14 pesetas (2006), Ispansi (2010) e 2 francos, 40 pesetas (2014).

Foi vicepresidenta da Academia Galega do Audiovisual e delegada de Galicia para AISGE (Actores e Intérpretes, Sociedad de Gestión). Gañou en dúas ocasións o premio Mestre Mateo á mellor interpretación protagonista feminina.

En 2019 foi galardoada do Premio Celanova, Casa dos Poetas[2].

Filmografía Editar

Cine Editar

Televisión Editar

Como presentadora Editar

Galardóns e nomeamentos Editar

Premios Mestre Mateo Editar

Ano Categoría Filme Resultado
2006 Mellor actriz Un franco, 14 pesetas Gañadora
2013 Mellor actriz Todos os santos Gañadora

Notas Editar

  1. "Isabel Blanco presentó su nueva obra en Santa Comba" (en castelán). 13 de xaneiro de 2013. Consultado o 8 de setembro de 2021. 
  2. "Isabel Blanco galardoada co XXXVº Premio Celanova Casa dos Poetas". Cultura Galega. 18 de marzo de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2019. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar