Folga
Unha folga é unha acción emprendida de forma individual, ou por un colectivo social, consistente en deixar de facer algunha actividade, dentro das funcións do colectivo ou individuo, para exercer unha presión social, con vistas á obtención dun obxectivo concreto.
- Folga de fame: É unha forma de protesta que consiste en deixar de inxerir alimentos durante o tempo que faga falta ata que a súa reivindicación sexa atendida.
- Folga laboral: Internacionalmente a folga é recoñecida como un dereito fundamental dos traballadores (dereito de folga), constitutivo da liberdade sindical. Consiste basicamente en deixar de traballar co obxectivo de conseguir vantaxes laborais ou sociais, aínda que pode ser manifestada doutras formas:
Cando unha folga laboral ou doutro tipo se estende á maioría dos estamentos sociais denomínase folga xeral.
Historia
editarA primeira noticia dunha protesta colectiva de traballadores recóllese no "papiro da folga", que se conserva no Museo Exipcio de Turín. Ao parecer, os traballadores que construían a necrópole real durante o reinado de Ramsés III (1166 a.C.) deixaron de recibir os alimentos que constituían o seu salario, por mor da corrupción que invadía o país. Tras varios meses nesta situación, deixaron de traballar e ó grito de 'fame!' organizaron unha "sentada", que repetiron tres días seguidos, ata que lograron que se lles pagase e o aumento das porcións de manutención[1].
En España regulouse o Dereito de Folga por primeira vez mediante unha norma con rango de lei polo Real Decreto Lei 17/1977 de Relacións de Traballo xa que durante a época franquista e con anterioridade non se tratou a regulación legal deste dereito. Actualmente, aínda que a Constitución española recoñece expresamente este dereito no seu art.28.2 como un dereito fundamental, non se levou a cabo o seu desenvolvemento mediante lei orgánica (a pesar dalgúns destacados esforzos como o frustrado proxecto lexislativo de 1992) sendo entón de aplicación o mencionado real decreto preconstitucional, aínda que debidamente matizado e corrixido polo Tribunal Constitucional na súa famosa sentenza de 8 de abril de 1981. Ademais, está prohibido realizar folgas se non se informa previamente a autoridade laboral.
Fonte
editar- Normativa citada, "Prontuario del Derecho del Trabajo" Ed. Civitas, 2001. J.A.Sagardoy Bengoechea, J.M. del Valle Villar y J.L. Gil y Gil. ISBN 84-470-1702-8
Véxase tamén
editarVexa a entrada do Galizionario acerca de folga |
Referencias
editar- ↑ Roitman Rosenmann, Marcos (2016). La criminalización del pensamiento. Escolar y Mayo. ISBN 978 84 16020 42 3.