Necrópole

conxunto de sepulturas

Unha necrópole é un cemiterio ou lugar destinado a enterramentos. Etimoloxicamente significa cidade dos mortos, pois provén do idioma grego: (necro:morte, e polis:cidade). O termo emprégase tanto para designar cemiterios pertencentes a grandes urbes como para as zonas de enterramento que se atoparon preto de cidades de antigas civilizacións.

Tumbas antropomorfas en Cervera de Pisuerga (Palencia)

Historia

editar

As necrópoles foron construídas por varias razóns, ás veces eminentemente relixiosas, como a Necrópole de Giza, en Exipto. O chamado Val dos Reis xorde durante o Imperio Novo, fronte a Menfis, co propósito de evitar os periódicos roubos dos ricos enxovais funerarios de faraóns e nobres exipcios, configurando os enterramentos como luxosas galerías subterráneas, pero ocultando e selando os seus accesos. A gran maioría foron saqueadas poucos anos despois.

Moitas culturas fundaron necrópoles en resposta á prohibición de practicar enterramentos dentro dos límites urbanos[Cómpre referencia]. Os camiños que partían das cidades foron ornados con monumentos funerarios, especialmente no Imperio romano. Aínda poden verse na Vía Apia de Roma, en Italia.

Durante o século XIX as necrópoles monumentais gozaron dun rexurdimento, alentado pola moda vitoriana, con grandes e elaborados sepulcros.