Abrir o menú principal

Frits Zernike

físico neerlandés

Frits Zernike, nado en Ámsterdam, Países Baixos, o 16 de xullo de 1888 e finado o 10 de marzo de 1966 en Amersfoort, foi un físico neerlandés gañador do Premio Nobel de Física o ano 1953 pola súa invención do microscopio de contraste de fases.

Frits Zernike
Zernike.jpg
Nacemento16 de xullo de 1888
 Ámsterdam
Falecemento10 de marzo de 1966
 Amersfoort
NacionalidadeReino dos Países Baixos
Alma máterUniversidade de Ámsterdam e Universidade de Groningen
Ocupaciónfísico, matemático, inventor, catedrático de universidade e químico
IrmánsAnne Zernike e Elisabeth Zernike
PremiosPremio Nobel de Física, Medalha Rumford e Foreign Member of the Royal Society
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Herdou do seu pai, mestre de matemáticas, a súa paixón pola física, licenciándose en química, física e matemáticas pola Universidade de Amsterdam. En 1913 conseguiu ser asistente do astrónomo Jacobus Kapteyn no laboratorio astronómico da Universidade de Groningen, sendo nomeado o ano 1920 profesor de física teórica e mecánica cuántica.

Investigacións científicasEditar

Interesado na óptica, o 1930 iniciou os seus estudos sobre as liñas espectrais, creando no ano 1932 o primeiro microscopio de contraste de fases. A súa invención, que constituíu unha gran mellora en comparación coa teoría clásica do microscopio establecida por Ernst Karl Abbe, baseouse en que a luz reflectida por unha superficie metálica experimenta varios cambios de fase. Así mesmo describiu a aberración óptica nos microscopios e telescopios.

No ano 1953 foi galardoado co Premio Nobel de Física pola invención do microscopio de constraste.

RecoñecementosEditar

Véxase taménEditar