1111
Ano
1111 (MCXI) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario xuliano, en vigor naquela data.
1111 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1111 MCXI | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 1864 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 560 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 3807 – 3808 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 4871 – 4872 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1166 – 1167 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1033 – 1034 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4212 – 4213 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 489 – 490 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 504 – 505 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 1361 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editar- Xaneiro: A irmandade de cabaleiros galegos partidaria da raíña Urraca pon baixo asedio o príncipe Afonso Raimúndez e á súa aia Maior Guntroda na fortaleza de Castrelo do Miño[4].
- Xaneiro: Arias Pérez, líder dos partidarios de Urraca, captura mediante engano á condesa de Traba e o seu protexido Afonso Raimúndez. Xelmírez tamén e retido brevemente [5].
- Xaneiro: Pedro Froilaz e Xelmírez entrevístanse no río Tambre. Xelmírez achégase ao partido do infante Afonso. Envían legados para facer a paz con Urraca.[5]
- Xaneiro: Urraca, enemistada con Henrique de Borgoña e, novamente, co seu marido Afonso de Aragón, acepta compartir a coroa co seu fillo Afonso Raimúndez[5].
- Xaneiro: Arias Pérez libera o príncipe Afonso, á condesa Guntroda e os seus fillos. Pedro Froilaz e Xelmírez danlle garantias de renunciar á vinganza.
- 30 de xuño - Munia Froilaz, da casa de Traba, funda o Mosteiro de San Salvador de Pedroso en Narón.
- 17 de setembro: Pedro Froilaz e o bispo Xelmírez coroan rei de Galiza a Afonso Raimúndez na Catedral de Compostela[6].
- Outubro: Os burgueses de Lugo, partidarios de Afonso I de Aragón, entregan a cidade a Pedro Froilaz e Xelmírez[6].
- Outubro: Batalla de Viadangos: Após coroaren rei a Afonso VII en Compostela, os nobres galegos tentan coroalo tamén en León sendo interceptados e derrotados por Afonso I de Aragón na vila de Viadangos (Villadangos)[6].
- Outubro: Pedro Froilaz é capturado na batalla de Viadangos. Diego Xelmírez foxe co rei-neno Afonso e entrégallo á súa nai Urraca no castelo do Orcellón (na castela ourensá)[6]
Europa
editar- 13 de abril - Coroamento de Henrique V do Sacro Imperio Romano Xermánico
Nacementos
editar- Afonso Henriques, fundador do reino de Portugal (m. 1185).
Mortes
editar- Outubro: O conde Fernando García, na batalla de Viadangos.
- Abu Hamid Ghazali, coñecido en Occidente como Algazel e Abuhamet, filósofo e teólogo musulmán (n. 1058).
- 5 de outubro - Roberto II, conde de Flandres (n. c. 1065).
Notas
editar- ↑ Castiñeiras, Manuel (2012). Las portadas del crucero de la catedral de Santiago (1101-1111). Alfonso VI y su legado. Actas del Congreso Internacional, Sahagún, 29 de octubre al 1 de noviembre de 2009 : IX Centenario de Alfonso VI (1109-2009) (Diputación de León). p. 217. ISBN 978-84-89410-22-0.
- ↑ Williams, John (2015). "¿España o Toulouse? Observaciones medio siglo después" (PDF). Quintana. Revista de Estudos do Departamento de Historia da Arte (Universidade de Santiago de Compostela ed.) (14): 284. ISSN 1579-7414.
- ↑ López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 370. ISBN 978-84-8341-293-0.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelana (1994 ed.). AKAL. p. 157.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelana (1994 ed.). AKAL. p. 161.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelana (1994 ed.). AKAL. pp. 174–177.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1111 |