Calendario musulmán

O Calendario musulmán é lunar. Baséase en ciclos lunares de 30 anos (360 lunacións, de tradición sumeria). Os 30 anos do ciclo divídense en 19 anos de 354 días e 11 anos de 355 días. Os anos de 354 días chámanse anos simples e divídense en seis meses de 30 días e outros seis meses de 29 días. Os anos de 355 días chámanse intercalares e divídense en sete meses de 30 días e outros cinco de 29 días. Anos e meses van alternándose. É dicir, cada 33 anos musulmáns equivalen a 32 anos cristiáns. As intercalacións fanse engadindo un día ao final do mes de dulhiyah nos anos 2º, 5º, 7º, 10º, 13º, 16º, 18º, 21º, 24º, 26º e 29º de cada ciclo de 30 anos.

O ano musulmán componse de 12 meses de 30 ou 29 días:

  1. MoHarran (محرّم (30 ,
  2. Safar (29), صفر
  3. Rabi al Aual (o primeiro) (30) ربيع الأول,
  4. Rabi al Ajir ou al zeni(o último ou segundo) (29) ربيع الآخر أو ربيع الثاني,
  5. yumada al Aual (o primeiro) (30) جمادى الأول ,
  6. Yumada al Ajir (o último) (29), جمادى الآخر أو جمادى الثاني
  7. Rayab (30), رجب
  8. Chaabán (29), شعبان
  9. Ramadán (30), رمضان
  10. Chaual (30), شوّال
  11. Du al Qada (30) ذو القعدةy
  12. Du al Hiyah (29 ou 30) ذو الحجة .

Se consideramos a diferenza de días entre o calendario lunar e o solar, e o feito de comezar o ano en datas diferentes, darémonos conta da dificultade de establecer unha correspondencia entre o calendario musulmán e o cristián. Existen táboas de correspondencia de anos, pero para un cálculo rápido e aproximado serven as seguintes fórmulas:

Para pasar do ano musulmán ao cristián G = H + 622 – (H/33) Para pasar do ano cristián ao musulmán H = G – 622 + (G - 622/32) Onde: G = ano cristián (ano gregoriano) H = ano musulmán (héxira)

Estas fórmulas serven para establecer a correspondencia de anos musulmáns e cristiáns dun xeito aproximado. Para establecer a correspondencia dunha data concreta a cousa é case imposible, e ata os historiadores admiten un erro dun día máis ou menos. A causa deste desfase é que o inicio e o fin de cada mes regúlase segundo o ciclo lunar observable, o que leva a introducir un día de máis cando as observacións non coinciden co cálculo teórico.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar