Henrique de Borgoña

Conde de Portugal

Henrique de Borgoña, nado no 1066 en Dijon e finado o 24 de abril de 1112 en Astorga, foi un nobre de orixe francesa, conde de Portugal desde 1093 ata a súa morte e pai do primeiro Rei de Portugal, Afonso I.

Modelo:BiografíaHenrique de Borgoña

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1066 Editar o valor en Wikidata
Dijon, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte1 de novembro de 1112 Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
Astorga, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Braga Editar o valor en Wikidata
Conde de Portucale
1096 (Gregoriano) – 1 de novembro de 1112 (Gregoriano)
← Raimundo de BorgoñaTareixa, condesa de Portugal →

Nomeado por: Afonso VI de León
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTareixa, condesa de Portugal (1093 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosTareixa de Borgoña, Urraca Henriques, Sancha de Portugal, Afonso I de Portugal Editar o valor en Wikidata
PaisHenrique de Borgoña Editar o valor en Wikidata  e Sibila de Barcelona Editar o valor en Wikidata
IrmánsRoberto de Borgonha, bispo de Langres
Odón I de Borgoña
Hugo I, Duque da Borgonha Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5190135 WikiTree: Portugal-80

Fillo de Henrique de Borgoña (1035-1066), último dos fillos do duque Roberto I de Borgoña, Roberto o Vello, e de Sibila de Barcelona, era neto do rei de Francia Roberto II o Piadoso. Foi irmán de Hugo I de Borgoña, duque de Borgoña, e de Eudes I de Borgoña, así mesmo duque de Borgoña.[1]

Tamén era parente de Raimundo de Borgoña, e do papa Calisto II.

Traxectoria

editar

Orixes e primeiros anos

editar

Non se coñece con exactitude a data nin o lugar de nacemento de Henrique de Borgoña. Algúns autores aputan que naceu en Dijon, daquela a capital do ducado de Borgoña, no ano 1066. Outros autores apuntan ao ano 1069 ou 1070. O seu pai era Henrique de Borgoña, chamado o Donzel —un fillo do duque Roberto I de Borgoña (fillo á súa vez do rei Roberto II de Francia)— e a súa nai foi Sibila de Barcelona. Dous irmáns máis vellos, Hugo e Eudes, herdarían o título.[2][3]

A súa tía paterna, Constanza de Borgoña da casa ducal de Borgoña, casara co rei Afonso VI de León, da dinastía Ximena.

Como fillo máis novo, Henrique tivo escasas oportunidades de adquirir títulos e fortuna por herdanza, e por esa razón procurou riqueza e poder na Península Ibérica. Así, Henrique chegou en 1087 ao reino de León xunto ao seu parente Raimundo de Borgoña,[4] ofrecendo os seus servizos a Afonso VI "o Bravo",[5] participando nas campañas bélicas entre monarcas cristiáns e musulmáns.

Ambos os nobres borgoñóns chegaron como cruzados para loitar contra os almorábides. As vitorias militares dos borgoñóns e a altura das súas relacións familiares en Europa propiciaron a conveniencia de enlaces matrimoniais.

Así, en 1092, Afonso casou a súa filla natural Urraca con Raimundo de Borgoña, outorgándolle un impoortante dote: o goberno das terras galegas, desde o Ortegal até Coímbra, co título de condes de Galicia, tanto a Raimundo como a Urraca.

Dous anos máis tarde, en 1093, o outro cruzado, Henrique de Borgoña, tomaba a man da filla máis nova de Afonso VI, Tareixa.[3]

Conde de Portugal

editar
 
Representación gótica de Tareixa de Portugal (dereita).
Tombos A e B da Catedral de Santiago, e Tombo de Toxos Outos, Lousame.

Contra 1095 Afonso VI outorgou a este último matrimonio o novo condado de Portugal, formado cos territorios do sur do Reino de Galicia situados entre o Miño e o Mondego (en realidade, a influencia deste condado chegaba case até o río Texo, isto é, á zona fronteiriza co norte da Lusitania.[3]

O novo condado portucalense pasou a prestarlle vasalaxe directa, desvisculándoo do de Galicia. O rei de León pretenderia así limitar o poder do conde Raimundo de Borgoña.

Ao enviuvar a raíña Urraca de León —media irmá de Tareixa— por cuestións políticas e estratéxicas contrae matrimonio con Afonso I de Aragón. Henrique de Borgoña, aproveitando os problemas, conflitos familiares e políticos xurididos en torno á súa cuñada a raíña Urraca, declarou a independencia do condado de Portugal.[3]

Henrique morreu o 24 de abril de 1112 en Astorga, sendo sepultado na Sé de Braga. Á súa morte a súa viúva Tareixa gobernou o condado durante a minoría do futuro Afonso I de Portugal que só contaba con tres anos.

Porén, en 1128 o xove Afonso Henriques rebelouse contra a súa nai, que pretendia manterse no goberno do condado. Por iso, en 1139, Afonso reafirmouse independente de León, proclamándose rei de Portugal, recibindo o recoñecmento oficial do reino de León, en 1143, polo Tratado de Zamora, asinado o 5 de outubro dese ano co seu primo Afonso Raimúndez, que entón xa era o rei Afonso VII de León e Castela, e a do papado en 1179.

Descendencia

editar

Do seu matrimonio con Tareixa de León tivo sete fillos:

Árbore xenealóxica

editar
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Hugo Capeto
 
 
 
 
 
 
 
8. Roberto II de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Adelaida de Aquitania
 
 
 
 
 
 
 
4. Roberto I de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Guillerme I da Provenza
 
 
 
 
 
 
 
9. Constanza de Arlés
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Adelaida de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
2. Henrique de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Hélie de Semur
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Henrique de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Borrell II
 
 
 
 
 
 
 
12. Ramón Borrell
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Letgarda de Tolosa
 
 
 
 
 
 
 
6. Berenguer Ramón I
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Roxerio I de Carcasona
 
 
 
 
 
 
 
13. Ermesenda de Carcasona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Adelaida de Gévaudan
 
 
 
 
 
 
 
3. Sibila de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Guisla de Lluça
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Henrique de Borgoña
Nacemento: 1066 Falecemento: 1112


Outros títulos Nobiliarios
Vacante
O último posuidor do título foi
Nuno II Mendes


Conde de Portugal
Título outorgado por Afonso VI de León
(Xunto con Tareixa de Portugal)
Sucedido  por
Tareixa de Portugal
Afonso I de Portugal
  1. "PORTUGAL, kings". Consultado o 27 de xullo de 2014. 
  2. Amaral, Luís Carlos; Barroca, Mário Jorge (2020). Teresa, a Condessa-Rainha. Temas e Debates. pp. 25–44. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Henrique (D.).". Portugal - Dicionário Histórico, Corográfico, Heráldico, Biográfico, Bibliográfico, Numismático e Artístico (en portugués). pp. 900–901. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2014. 
  4. 2009 & Bartlett, p. 67.
  5. Martínez Diez 2003, p. 105.
  6. López Sangil 2002, p. 89.
  7. López Morán, Enriqueta (2005). "El monacato femenino gallego en la Alta Edad Media (Lugo y Orense) (Siglos XIII al XV)" (PDF). Nalgures (A Coruña: Asociación Cultura de Estudios Históricos de Galicia) (II): 49–142 (vid pp. 88–89). ISSN 1885-6349. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de febreiro de 2011. Consultado o 27 de xullo de 2014. 
  8. Manrique, Ángel (1649). Anales cistercienses 2. p. 13. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Amaral, Luís e Barroca, Mário Jorge: Teresa, a Condessa-Rainha. ISBN 978-9896446086
  • Bartlett, Robert (2009): La formación de Europa: Conquista, colonización y cambio cultural, 950-1350. València: Publicacions de la Universitat de València ISBN 84-370-5691-8. Sinopse.
  • López Sangil, José Luis (2002): La nobleza altomedieval gallega, la familia Froílaz-Traba. Noia - A Coruña: Editorial Toxosoutos, S. L. ISBN 84-95622-68-8.
  • Martínez Díez, Gonzalo (2003). Alfonso VI: Señor del Cid, conquistador de Toledo. Madrid: Temas de Hoy, S. A. ISBN 84-8460-251-6. 

Outros artigos

editar