Sibila de Barcelona
- Este artigo trata da infanta filla de Berenguer Ramón I, conde de Barcelona (1005-1035). Para outra nobre do mesmo nome, raíña consorte da Coroa de Aragón (1377-1387), véxase Sibila de Fortià.
Sibila de Barcelona, nada en 1035 e finada en Barcelona despois do 6 de xullo de 1074, foi unha infanta de Barcelona e, despois do seu matrimonio, condesa consorte de Borgoña.
Sibila de Barcelona | |
---|---|
Infanta de Barcelona Condesa consorte de Borgoña | |
Nacemento | c. 1035 |
Falecemento | Despois do 6 de xullo de 1074 Barcelona, Condado de Barcelona |
Sepultura | Catedral de Santo Estevo, de Besançon (Hoxe catedral de San Xoán de Besançon) |
Descendencia | Véxase Descendencia |
Casa real | Casa de Barcelona |
Proxenitores | Henrique de Borgoña Xisela de Lluçá |
![]() Armas da Casa de Barcelona | |
Na rede | |
![]() | |
Orixes familiares editar
Foi a derradeira filla do conde de Barcelona, Berenguer Ramón I el Corbat ("o Curvado") e de Xisela de Lluçà,[1][2] filla do señor de Lluçà e de Villanueva Sunifredo II e da súa terceira esposa, Ermesinda de Balsareny.[3]
Era neta por liña paterna do conde Ramón Borrell e Ermesenda de Carcasona.[4] Foi irmá, por parte do pai, do tamén conde de Barcelona Ramón Berenguer I.[5]
Traxectoria editar
Sibila probabelmente coñeceu ao seu futuro esposo, Henrique de Borgoña, chamando Donzel ou le Damoiseau,[6] e ao pai deste, Roberto I, príncipe francés da dinastía dos Capetos e primeiro duque de Borgoña de dita casa, conde de Charolais, Langres e de Auxerre,[7] cando se traladaron desde Borgoña á península Ibérica para loitaren na cruzada contra os musulmáns.
Ao redor de 1055, en Barcelona, Sibila casou con Henrique de Borgoña o Doncel,[5][8] fillo segundoxénito do duque de Borgoña Roberto I e de da súa esposa Hélie de Semur,[5] filla de Dalmacio I, señor de Semur, e de Aremburga de Vergy.[9]
Non se coñece o ano exacto da morte de Sibilla, soamente que a derradeira vez que aparece citada foi nun documento datado no 6 de xullo de 1074.
Foi sepultada na Capela do Sagrado Corazón (Sacré-Cœur) da Catedral de Santo Estevo de Besançon, hoxe Catedral de San Xoán de Besançon, templo fundado por Carlomagno no século IX e lugar habitual de enterramento dos condes do Franco Condado (ou Condado de Borgoña),[10] que por iso de coñece tamén como a Capela dos Condes.
Descendencia editar
Sibila e Henrique de Borgoña tiveron sete fillos:[11]
- Hugo I de Borgoña (1057 - 1093), conde de Borgoña.
- Odón I de Borgoña (1058 - 1103), conde de Borgoña.
- Roberto (1059 - 1111), bispo de Langres
- Hélie (c. 1061 - ?), monxa
- Beatriz (c. 1063 - ?), casou con Guido I, conde de Vignory.
- Rexinaldo (1065 - 1092), abade de St. Pierre de Flavigny (no Franco Condado).
- Henrique de Borgoña (1066 - 1112), vasalo de rei de Galicia, de León e de Castela polo seu casamento, en 1093, con Teresa, filla ilexítima de Afonso VI. O rei concedera o goberno do territorio de Galicia a Raimundo de Borgoña, casado coa súa outra filla Urraca; pero ante a presión dos almorábides, separou a parte sur fundando o Condado de Portugal, que confiou a Henrique e Teresa; o fillo destes Afonso Henriques sería o primeiro rei de Portugal desde 1139.
Notas editar
- ↑ Condes de Barcelona en Medieval Lands (en inglés).
- ↑ Berenguer Ramon "el Curvo" of Barcelona en genealogy (en inglés).
- ↑ Guisle de Balçareni en geneanet.org (en castelán).
- ↑ Sòria i Ràfols 1989.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Sibila de Barcelona en geneanet.org (en castelán).
- ↑ Henri de Bourgogne, le Damoiseau en Medieval Lands] (en inglés).
- ↑ Richard 1954.
- ↑ Outras fontes din que o casamento foi en 1057.
- ↑ Hélie de Semur Arquivado 07 de novembro de 2017 en Wayback Machine. en geneanet.org (en castelán).
- ↑ Quinnez, Joseph (1914): Les peintres et la cathédrale de Besançon, Éditions Jacques et Demontrond, pp. 70-71.
- ↑ Dinastía de Borgoña en Medieval Lands (en inglés).
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Richard, Jean (1954): "Les ducs de Bourgogne et la formation du duché du XIe au XIVe siècle". París: Société "les Belles-Lettres". (Publicacións da Universidade de Dijon, XII).
- Sòria i Ràfols, Ramon (1989): Diccionari Barcanova d'història de Catalunya. Barcelona: Barcanova. ISBN 978-84-7533-457-8.
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Sibila de Barcelona en geneanet.org (en castelán).