Odón I de Borgoña
Odón I de Borgoña Odón Borrel, nado en 1058 e finado en Tarso, actual Turquía en 1103, foi duque de Borgoña (1079 - 1103).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | decembro de 1058 (Gregoriano) |
Morte | 23 de marzo de 1103 (Gregoriano) (44 anos) Tarso, Turquía |
Lugar de sepultura | Abadia de Cister (pt) |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Duque de Borgoña (1079 (Gregoriano)–1103 (Gregoriano)) |
Familia | Casa de Borgoña |
Cónxuxe | Sibila de Borgoña (1080 (Gregoriano)–) |
Fillos | Helena da Borgonha, Florina de Borgonha, Hugo II de Borgoña, Henri de Bourgogne |
Pais | Henrique de Borgoña e Sibila de Barcelona |
Irmáns | Roberto de Borgonha, bispo de Langres Henrique de Borgoña Hugo I, Duque da Borgonha |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarOrixes familiares
editarNado en 1058, foi o segundo fillo do infante de Borgoña, Henrique de Borgoña e a súa muller Sibila de Barcelona. Era neto por liña paterna do duque Roberto I de Borgoña e Helia de Semur, e por liña materna do conde de Barcelona Berenguer Ramón I e Ermesenda de Carcasona. Foi irmán do duque de Borgoña Hugo I de Borgoña, ao que sucedeu.
Matrimonio e descendencia
editarCasou en 1080 con Sibila de Borgoña, filla do conde Guillerme I de Borgoña. Desta unión naceron:
- A infanta Helena de Borgoña (1080 - 1142), casada en 1095 co conde Bertrán de Tolosa, e en 1115 con Guillerme III de Alençon.
- A infanta Flor de Borgoña (1083 - 1097), casada co príncipe Sven de Dinamarca.
- o infante Hugo II de Borgoña (1084 - 1143), duque de Borgoña.
- o infante Henrique de Borgoña (1087 - 1131), relixioso.
Ducado de Borgoña
editarEn 1079 recibiu o ducado de Borgoña de mans do seu irmán máis vello, Hugo I, que renunciou ao condado para se retirar á vida contemplativa.
Loitou xunto ao rei Filipe I de Francia contra as revoltas internas da nobreza e, posteriormente, participou en varias incursións na Península Ibérica contra os musulmáns.
Non participou na Primeira Cruzada, pero despois viaxou a Terra Santa, morrendo na cidade de Tarso o 23 de marzo de 1103.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Odón I de Borgoña |