Filipe I de Francia
Filipe I[1], nado en Tours, o 23 de maio de 1052 e finado en Melun o 29 de xullo de 1108. Foi o rei de Francia desde o 1060 ata 1108.
Filipe I | |
---|---|
Rei de Francia | |
![]() | |
Reinado | 4 de agosto de 1060 - 29 de xullo de 1108 |
Coroación | 23 de maio de 1059 (Catedral de Reims) |
Nacemento | 23 de maio de 1052 Tours |
Falecemento | 29 de xullo de 1108 Melun |
Predecesor | Henrique I |
Sucesor | Luís VI |
Consorte | Berta de Holanda Bertrada de Montfort |
Casa real | Casa dos Capetos |
Proxenitores | Henrique I Ana de Kíiv (1024 - 1075) |
Na rede | |
![]() | |
Traxectoria editar
Membro da dinastía dos Capetos, Filipe era fillo de Henrique I e da princesa Ana de Kíiv (1024 - 1075). Foi coroado como rex designatus sendo un neno, en 1059, e ao ano seguinte finou o seu pai, actuando a súa nai como rexente ata o 1066.
Filipe I tivo que reprimir as revoltas provocadas pola fame que se estenderon por boa parte do territorio baixo o seu control. No 1077 asinou a paz con Guillerme o Conquistador, duque de Normandía, e desde a súa exitosa invasión e conquista de 1066, tamén rei de Inglaterra.
Durante o reinado de Filipe I, en 1095, tivo lugar a Primeira Cruzada, que non apoiou persoalmente a causa do seu conflito co papa Urbano II.
Filipe I morreu no castelo de Melun o 29 de xullo de 1108 e foi enterrado no mosteiro de Saint-Benoît-sur-Loire.
Matrimonio e descendentes editar
Casou no 1072 con Berta de Holanda, filla de Florencio I, conde de Holanda (1055-1094) e de Xertrude de Saxonia. Deste matrimonio naceron:
- Constanza (1078– v 1125), casada cara 1097 con Hugo I de Champaña e posteriormente en 1106 con Bohemundo I de Antioquía.
- Luís o Gordo (1081 - 1137), rei de Francia, co nome de Luís VI,
- Henrique (1083,
- Carlos (1085- 1096), abade.
- Eudes (1086-1089).
Posteriormente Filipe I repudiou a súa dona e casou no 1092 con Bertrada de Montfort. Por tal motivo, recibiu a excomuñón no 1094 polo bispo de Lión. O papa Urbano II confirmou a medida no Concilio de Clermont en 1095, levantándoa a posterioridade, se o rei se separaba de Bertrada, o que Filipe I non cumpriu. Deste matrimonio naceron:
- Filipe (1093-1129), conde de Mantes, casado coa filla de Guido II de Montlhéry;
- Fleury (1093-1147);
- Cecilia (1097-1145), casada, en primeiras nupcias, con Tancredo de Galilea e, en segundas, con Ponce de Trípoli, conde de Trípoli (1098-1137);
- Eustaquia (¿?-¿?).
Predecesor: Henrique I |
Rei de Francia 1060 – 1108 |
Sucesor: Luís VI |
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Filipe I de Francia |
Ligazóns externas editar
- Collection des mémoires relatifs a l'histoire de France, con introdución e anotacións de François Guizot.
- Fragments de l'histoire des français: De l'avénement de Hughes Capet a la mort de Philippe Ier.
- Acta da Consagración real de Filipe I, en Reims, o 23 de maio do 1059 (Procès-verbal de le sacre du Philippe Ier, à Rheims, le 23 mai 1059).
- Texto francés no mesmo sitio: ed. de 1825, en París.