Guillerme I de Ponthieu
Guillerme I de Ponthieu, tamén chamado Guillerme III Talvas, finado o 29 de xullo de 1171, foi conde de Ponthieu de 1110 a 1126, señor de Alençon e de Sées (baixo o nome de Guillerme III) de 1119 a 1171. Era fillo de Roberto II de Bellême, señor de Bellême, de Alençon, vizconde de Hémois, e conde de Shrewsbury, e de Inés, condesa de Ponthieu.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1095 (Gregoriano) |
Morte | 20 de xuño de 1171 (75/76 anos) |
Lugar de sepultura | Perseigne Abbey (en) |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | House of Bellême (en) |
Cónxuxe | Helena da Borgonha (1115 (Gregoriano)–) |
Fillos | Ela de Ponthieu, Clemence de Ponthieu, Xoán I de Alençon, Guy II of Ponthieu |
Pais | Roberto de Bellême e Agnes, Countess of Ponthieu |
Traxectoria
editarO seu pai era un nobre anglo-normando que, aínda que fiel a Guillerme I de Inglaterra, buscou independizarse á morte deste e a miúdo rebelouse contra os fillos de Guillerme. Henrique I de Inglaterra requisou as súas terras inglesas en 1102 e prendeuno en 1112. Roberto de Bellême amosárase cruel coa súa muller, ata o punto de que esta fuxiu e se refuxiou na corte de Blois, para logo establecerse no Ponthieu. Morreu entre 1106 e 1110 e despois o seu fillo Guillerme Talvas converteuse en conde de Ponthieu como Guillerme I. En 1119, Henrique Beauclerc (Henrique I) devolveu a Guillerme Talvas unha parte dos dominios confiscados ao seu pai. Morreu en 1134 e Guillerme acadou os seus dereitos en Normandía como Guillerme III.
Para dedicarse aos asuntos normandos, encomendou o condado de Ponthieu ao seu fillo Guido en 1126. No conflito entre Henrique I de Inglaterra e Godofredo Plantagenet, conde de Anjou, escolleu o bando do conde de Anjou e Henrique tomoulle os castelos de Alençon e Argentan. Aproveitou a morte do rei Henrique I para retomar Alençon. A morte do rei anunciou unha guerra de sucesión entre Matilde de Inglaterra, filla do rei e muller de Godofredo Plantagenet, e Estevo de Blois, sobriño do rei. Mentres a maioría dos señores veciños se uniron a Estevo, Guillerme permaneceu leal a Godofredo e Matilde e tivo que defenderse contra Rotrou III de Perche e Ricardo de l'Aigle. En 1147, seguiu o rei Lois VII o Mozo á segunda cruzada. Á súa volta, un litixio fixo que se opuxese a Henrique II Plantagenet, o novo conde de Anjou e duque de Normandía, e este retomoulle Alençon. Para se vingar, Guillerme arrasou a zona entre Perche e Normandía.
Despois de fundar varios establecementos relixiosos, especialmente a Abadía de Perseigne, Guillerme Talvas morreu o 29 de xuño de 1171.
Matrimonio e fillos
editarCasara sobre 115 con Helena de Borgoña (circa 1080 - 1141), filla do duque de Borgoña Odón I, e de Sibila de Borgoña, e viúva do seu primeiro matrimonio con Bertrán de Tolosa. Deste matrimonio naceron:
- Guido II († 1147), conde de Ponthieu.
- Guillerme, asociado co goberno do condado de Alençon, pero morreu entre 1166 e 1171.
- Roberto, citado en 1127.
- Enguerrando, citado en 1127.
- Mabilla, citada en 1127.
- Xoán I (m. 1191), conde de Alençon.
- Clemencia (m. antes de 1189), casada con Juhel II de Mayenne, señor de Mayenne.
- Ela (m. 1174), casada con Guillerme III de Warenne, conde de Surrey e despois con Patrick de Salisbury, (Patrick FitzWalter), fillo de Gautier (Walter FitzEdward) de Salisbury.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Os señores de Bellême
- Guillerme de Ponthieu en Medieval Genealogy.