1110
Ano
1110 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1110 MCX | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 1863 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 559 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 3806 – 3807 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 4870 – 4871 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1165 – 1166 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1032 – 1033 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4211 – 4212 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 488 – 489 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 503 – 504 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 1360 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editar- Xaneiro: o papa Pascual II declara nulo o matrimonio entre Urraca e Afonso I de Aragón[1].
- Febreiro: Pedro Froilaz pon fin ao preito dos arciprestados que enfrentaban á súa familia co bispo Xelmírez[2].
- Maio: Afonso I de Aragón, acompañado pola súa esposa a raíña Urraca, invade Galiza para rematar coa rebelión dos partidarios do infante Afonso Raimúndez.
- Afonso I de Aragón derrota os nobres galegos na Batalla de Monterroso, a cruel represión posterior provoca a súa primeira separación da raíña Urraca.
- Pedro Froilaz agocha o príncipe Afonso Raimúndez no mosteiro de Moraime en Muxía.
- Xuño: Os exércitos do rei de Aragón son expulsados de Galiza despois dunha campaña de tres meses. Na súa retirada tentan infrutuosamente sitiar Astorga[3].
- Afonso o Batallador retírase a Aragón para facer fronte a unha nova ofensiva almorábide[4].
- Urraca convoca o seu fillo á corte leonesa co obxecto de coroalo rei ao seu carón. Cando o nobres galegos chegan a León, Urraca esta camiño de Aragón reconciliada co seu esposo[1].
- Agosto: Afonso I e Urraca derrotan ao emir de Zaragoza Almostain na batalla de Valterra.
- Agosto: Pedro Froilaz entrevístase con Henrique de Borgoña e leva o infante Afonso Raimúndez á fortaleza do Castrelo do Miño, aproximandoo aos dominios do conde Henrique[5].
- Afonso I retén como prisioneira, encerrada no castelo de Castellar, á raíña Urraca e ocupa militarmente Castela e León. Expulsa das súas sés os bispos de Toledo, Burgos e León.
- Urraca escapa da prisión de Castellar coa axuda dos condes Gómez Núñez de Candespina e Pedro González de Lara.
- 26 de outubro: Batalla de Candespina. Afonso I de Aragón, en alianza con Henrique de Borgoña, derrota os condes casteláns partidarios de Urraca.
- Henrique de Borgoña descontento polo incumprimento do seu pacto con Afonso de Aragón alíase agora con Urraca e ambos sitian a Afonso no castelo de Peñafiel[6].
- Henrique de Borgoña rompe a alianza con Urraca a instancias da súa muller a condesa Tareixa[6].
- Urraca reconciliase por segunda vez co seu home o rei de Aragón. Levántase o cerco ao castelo de Peñafiel.
- Afonso I de Aragón retoma Palencia e Sahagun onde case captura á condesa Tareixa.
- O exército de Henrique de Borgoña cerca a Urraca e Afonso en Carrión. Os partidarios de Urraca obrígano a levantar o sitio.
Asia
editarNacementos
editar- García IV Ramírez, rei de Navarra († 1150)
Mortes
editar- Almostain, emir de Zaragoza.
- 11 de xullo - Elías I do Maine, conde do Maine.
- Outubro: Gómez Núñez, amante da raíña Urraca. Na batalla de Candespina.
- Li Jie, arquitecto e político chinés (n. 1065).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Falque Rey, Emma (ed.). Historia compostelana (1990 ed.). AKAL. pp. 155–156.
- ↑ Pena Graña, André (1992). Narón, un concello con historia de seu. 2. Concello de Narón. p. 100. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2019. Consultado o 08 de marzo de 2019.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 338.
- ↑ López Teixeira 2013. p. 64
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 344.
- ↑ 6,0 6,1 López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 359.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1110 |