Elías I do Maine

Elias I do Maine, nado no século XI e finado o 11 de xullo de 1110, tamén coñecido como de la Flèche ou de Baugency, foi conde do Maine, sucedendo ao seu curmán Hugo V do Maine.

Elías I do Maine
Elias I of Maine - Odo II Count of Blois.jpg
Nacementoséculo XI
Lugar de nacementoFrancia
Falecemento11 de xullo de 1110
Lugar de falecementoFrancia
Ocupaciónaristócrata
PaiJean de Beaugency
NaiPaula of Maine
CónxuxeBeatriz de Poitiers e Mathilda of Château-du-Loire
FillosErmengarda do Maine
Na rede
WikiTree: Maine-32
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era fillo de Xoán de la Flèche e Paula, filla de Herberto I, conde do Maine. En 1092 o seu curmán Hugo V vendeulle o Maine por 10.000 xilins. Co apoio de Fulque IV o Tiburón continuou a guerra con Roberto II de Normandía. Despois de que Roberto II marchase para a Primeira Cruzada, Elías fixo a paz con Guillerme II, o rexente de Roberto en Normandía.

FamiliaEditar

En 1090 Elías casou con Matilde, filla de Xervasio II de Château-du-Loir.[1] Tiveron unha filla, Ermengarda, casada con Fulque V de Anjou[2].

En 1109, segundo Orderico Vitalis, Elías casou de novo con Inés, filla de Guillerme VIII de Aquitania, despois de que o matrimonio desta con Afonso VI de León fose anulado por consanguinidade.[3] Elías morreu ao ano seguinte.[3] Segundo Jaime de Salazar y Acha, quen casou con Elías non foi Inés, senón a última esposa do rei Afonso VI, Beatriz de Poitiers, tras quedar viúva.[4]

NotasEditar

  1. Detlev Schwennicke, Europäische Stammtafeln: Stammtafeln zur Geschichte der Europäischen Staaten, Neue Folge, Band III Teilband 4 (Verlag von J. A. Stargardt, Marburg, Germany, 1989), Tafel 692
  2. Vitalis 1854, p. 223.
  3. 3,0 3,1 Vitalis 1854, p. 276.
  4. Salazar y Acha & 1992-1993, p. 329.