Muxía
Coordenadas: 43°6′17″N 9°13′5″O / 43.10472, -9.21806
Muxía é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.068 habitantes (5.424 no 2010, 5.746 no 2006, 5.823 no 2005, 5.899 no 2004, 6.029 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «muxián».
Muxía | |
---|---|
![]() Vista da vila de Muxía desde o monte do Corpiño. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | muxián |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Fisterra |
Poboación | 4.486 hab. (2022)[2][3] |
Área | 121,3 km²[3] |
Densidade | 36,98 hab./km² |
Entidades de poboación | 14 parroquias[4] |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Iago Toba Campaña (PSdeG-PSOE[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 7 |
Eleccións municipais en Muxía | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 91,70% |
Na rede | |
www.concellomuxia.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
PoboaciónEditar
Censo total 2014 | 5.068 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 487 (9.61 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.079 (60.75 %) |
Maiores de 65 anos | 1.502 (29.64 %) |

Evolución da poboación de Muxía Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
6.542 | 7.296 | 7.612 | 7.080 | 5.899 | 5.424 | 5.269 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | |||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Patrimonio cultural de MuxíaEditar
O concello de Muxía ten un importante patrimonio cultural no que podemos sinalar como predominante o patrimonio relixioso de época románica coas igrexas de San Cristovo de Nemiña, San Xiao de Moraime, Santa Leocadia de Frixe, Santa María de Morquintán, Santa María (esta última de estilo románico de transición) e San Martiño de Ozón (posteriormente transformada) entre outras. Ademais o concello tamén conta con dous mosteiros, o mosteiro de Moraime e o mosteiro de Santa María de Ozón.
Mais de entre todos os edificios relixiosos muxiáns o máis coñecido é o santuario da Virxe da Barca por ser punto de peregrinación desde o século XI ou XII, peregrinación que co paso do tempo deu lugar á actual Romaría da Barca que combina celebracións relixiosas e pagás na vila durante os mesmos días.
FestasEditar
- É moi famosa a Romaría da Virxe da Barca.
- En agosto celébrase o San Roque de Moraime.
Muxía na literatura popularEditar
- Nosa Señora da Barca,/ Nosa Señora, valeime,/ que estou no medio do mar,/ non hai barqueiro que reme [8].
- Nosa Señora da Barca/ ten uns zapatiños brancos,/ as mozas de Camariñas/ vanllos ver os días santos [9].
- Santo Cristo de Fisterra,/ Santo da barba dourada,/ axúdame a remontar/ a laxe de Touriñana [9][10].
- Santo Cristo de Fisterra,/ Santo da barba dourada,/ veño de tan lonxe terra,/ Santo, por che ver a cara./ Veño da Virxe da Barca,/ veño de abalar a pedra./ Tamén veño de vos ver,/ Santo Cristo de Fisterra [11].
- Veño da Virxe da Barca, veño da abalar a pedra./ Tamén veño de vos ver/ Santo Cristo de Fisterra [12].
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Muxía.
Operario limpando nas praias de Muxía o chapapote procedente da marea negra do Prestige, nas datas posteriores ao 13 de novembro de 2002.
Escultura A Ferida.
ParroquiasEditar
Lugares de MuxíaEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muxía vexa: Lugares de Muxía.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Muxía".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Resultados eleccións 2019
- ↑ Concello de Muxía na FEGAMP
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 14.
- ↑ 9,0 9,1 Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 183.
- ↑ Refírese á punta do cabo Touriñán, situado na parroquia do mesmo nome, no oeste do concello de Muxía. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 13. No texto: da Touriñana.
- ↑ Copla une a devoción ao Cristo de Fisterra e á Virxe da Barca. Fraguas, 1989.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega, s. v. Abalar, Pedra de.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muxía |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |