Muxía, Muxía

parroquia civil do concello de Muxía

Santa María de Muxía é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Muxía. Segundo o INE en 2009 tiña 1635 habitantes (821 mulleres e 814 homes) distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 1654 habitantes, e 1999 cando tiña 1.742 habitantes.

Muxía
Igrexa parroquial
ConcelloMuxía[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°06′31″N 9°13′01″O / 43.10865, -9.21701Coordenadas: 43°06′31″N 9°13′01″O / 43.10865, -9.21701
Poboación1.527 hab. (2017)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

A igrexa parroquial atópase sobre unhas rochas na aba norte do monte Corpiño. O templo foi doado en 1203 con todas as súas pertenzas ao mosteiro cisterciense de Carracedo (O Bierzo) polo Papa Inocencio III.

O templo pertence a un estilo románico de transición, formada por unha soa nave, con cuberta de madeira e dividida en tres treitos por dous arcos apuntados que se apoian en columnas acaroadas ós muros laterais. A ábsida é rectangular, accedéndose a ela por un arco triunfal apuntado, apoiado, a igual que os outros tres que treman da bóveda, sobre semicolumnas rematadas en capiteis adornados con diferentes motivos.

A porta principal da igrexa, que dá ao antigo camiño que conducía ao Santuario da Virxe da Barca, é tamén de arco apuntado, cunha arquivolta adornada cun bocel e apoiada sobre dúas columnas con dous capiteis de mármore por base, que algúns autores consideran de orixe romana. O tímpano é liso, apoiándose sobre ménsulas esculpidas, unha delas similar á figura dun frade. Posiblemente a escultura de pedra que agora está dentro da igrexa, entrando á dereita, ocupase noutro tempo este tímpano.

Tanto na parte sur coma no testeiro da igrexa hai contrafortes que axudan a reforzar os muros. Na parte sur, entre dous contrafortes, ábrese unha porta de forma rectangular. Baixando unhas escaleiras e acaroada a este mesmo muro está o sartego do párroco José Fondevila Martínez, falecido en 1874, benfeitor do Santuario da Barca.

Nesta mesma banda da igrexa, no lugar onde se construíron uns nichos, atopábase a capela da Encarnación, derrubada non hai moito. Esta capela de forma cadrada, cunha porta de arco semicircular, era unha obra do século XVI e foi fundada por Alonso García, veciño de Muxía.

Acaroada ao muro norte atópase a capela do Rosario, de estilo gótico, á que se accede dende o interior da igrexa a través dunha porta oxival. Construída a finais do século XIV, de forma rectangular, cuberta con bóveda de crucería na que os seus arcos diagonais apóianse en cada esquina sobre ménsulas rematadas en capiteis.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Muxía editar

Lugares da parroquia de Muxía no concello de Muxía (A Coruña)

Muxía

Parroquias de Muxía editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Muxía

Bardullas (San Xoán) | Caberta (San Fins) | Coucieiro (San Pedro) | Frixe (Santa Locacia) | Leis de Nemancos (San Pedro) | Moraime (San Xulián) | Morquintián (Santa María) | Muxía (Santa María) | Nemiña (San Cristovo) | Nosa Señora da O (Santa María) | San Martiño de Ozón (San Martiño) | Santiso de Vuiturón (San Tirso) | Touriñán (San Martiño) | Vilastose (San Cibrán)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar