Frixe, Muxía

parroquia civil do concello de Muxía

Santa Locacia de Frixe é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 214 habitantes (114 mulleres e 100 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 264 habitantes, e 1999 cando tiña 315 habitantes.

Frixe
Igrexa de Santa Locacia de Frixe.
ConcelloMuxía[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°00′40″N 9°13′42″O / 43.011111111111, -9.2283330555556Coordenadas: 43°00′40″N 9°13′42″O / 43.011111111111, -9.2283330555556
Poboación214 hab. (2013)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Toponimia editar

Testemuñado na época medieval baixo as formas Frixe (1165) e Freeixi (1220), sendo a súa forma moderna consolidada xa no século XVII recollida por Jerónimo del Hoyo como Santa Leocadia de Frije e Santa Leocadia de Frixe.

A súa posíbel orixe é Fridīsclī, xenitivo do antropónimo xermánico Fridīsclŭs, constituído polo tema gótico *friþ- 'paz' e o sufixo -isclus. Piel e Kremer interprétano como unha variante posíbel do tema *gis(c)l-, procedente do gótico *geisl- 'azoute, látego'. Na documentación altomedieval galega atópanse atestacións deste antropónimo: Fridisclo abba (865, 986, 990) Fresisclo (941), Fedisclus (986) e Fredisclus (1010). Evolucionou a través da síncope do -d- e a redución do grupo vocálico subseguinte por asimilación regresiva e a evolución do grupo consonántico [skλ] presente en -sclī nunha fricativa prepalatal xorda <x>.[2]

Patrimonio editar

A súa igrexa parroquial, de estilo románico, foi construída no século XII, ao igual que as veciñas de Nemiña e Morquintián.

Consta dunha soa nave, con ábsida cadrada abovedada en pedra cun arco de entrada de medio punto, decorada ó longo de toda a súa arquivolta cun xaquelado, apoiada sobre dúas columnas acaroadas que rematan en capiteis decorados con motivos vexetais. A porta de acceso está formada por un tímpano e varias arquivoltas apoiadas en catro columnas, tamén rematadas en capiteis con adornos vexetais.

Na parte externa da ábsida hai seis canzorros. Un deles está sen decorar, tres deles son figuras vexetais (cunha folla volta cara a adiante), noutro hai un cuadrúpede con cabeza humana e coa boca aberta por riba do can; no último hai outro cuadrúpede en posición frontal. No testeiro conserva unha fiestra con dúas columnas acodilladas cunha antiga imaxe pétrea de Santa Locaia. Viste túnica e manto, cun libro pechado na man esquerda e unha palma na dereita (atributo común dos mártires).

O edificio foi construído polos mesmos canteiros que levantaron as igrexas de Cereixo, Treos e Nemiña, xa que deixaron gravadas na cabeceira as letras PA, seguramente correspondentes ás iniciais dos mestres que dirixiron a obra. En 1714 leváronse a cabo algunhas reformas, como a modificación da propia fachada.

Xunto a unha parede lateral hai unha pía bautismal. No recinto non hai cruceiros, se ben antigamente había dous. Dun deles queda en pé a columna, rompéndose a cruz en dous anacos nun traslado.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Frixe editar

Lugares da parroquia de Frixe no concello de Muxía (A Coruña)

A Casa do Monte | Castro | Frixe | A Grixa | Loalo | Vaosilveiro

Parroquias de Muxía editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Muxía

Bardullas (San Xoán) | Caberta (San Fins) | Coucieiro (San Pedro) | Frixe (Santa Locacia) | Leis de Nemancos (San Pedro) | Moraime (San Xulián) | Morquintián (Santa María) | Muxía (Santa María) | Nemiña (San Cristovo) | Nosa Señora da O (Santa María) | San Martiño de Ozón (San Martiño) | Santiso de Vuiturón (San Tirso) | Touriñán (San Martiño) | Vilastose (San Cibrán)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar