Iago Toba Campaña
Santiago Manuel "Iago" Toba Campaña, nado en Muxía en 1987, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Iago Toba Campaña | |
---|---|
Nacemento | 1987 |
Lugar de nacemento | Muxía |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e arquitecto técnico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Arquitecto técnico. Foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Muxía nas municipais de 2015, ocupando a área de deportes no goberno de Félix Porto Serantes. Nas municipais de 2019 foi candidato á alcaldía e foi elixido con maioría absoluta. Porén, a comezos do verán de 2020 viuse obrigado a cesar 4 dos 7 edís socialistas tras votaren en contra do orzamento municipal, gobernando en minoría o resto do mandato. Dende decembro de 2021 forma parte do Comité Nacional Galego do PSdeG, así como da Executiva Provincial coruñesa do PSdeG como Secretario de Ordenación do Territorio, a partir de febreiro de 2022.
Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e logrou a vitoria con maioría simple, 5 dos 11 concelleiros, polo que mantivo a alcaldía como cabeza da lista máis votada.
Predecesor: Félix Porto Serantes |
Alcalde de Muxía 2019 - actualidade |
Sucesor: no cargo |