Partido dos Socialistas de Galicia
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) é un partido político galeguista e socialdemócrata de ámbito galego, federación do Partido Socialista Obreiro Español en Galicia.
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) | |
---|---|
Partido político de Galicia | |
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Valentín González Formoso |
Mocidades | Xuventudes Socialistas de Galicia |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Centroesquerda Socialismo Galeguismo |
Representación | |
Parlamento de Galicia | 14 / 75 |
Deputados por Galicia (Congreso) | 7 / 23 |
Senadores por Galicia | 4 / 19 |
Deputados provinciais en Galicia | 36 / 108 |
Alcaldías en Galicia | 111 / 313 |
Concelleiros en Galicia | 1.010 / 3.721 |
Outros datos | |
Sede | Santiago de Compostela |
Na rede | |
psdeg-psoe.gal | |
- Para a historia do PSOE en Galicia antes da constitución do PSdeG véxase Partido Socialista Obrero Español en Galicia.
Conta con 1.181 concelleiros e 111 alcaldías, entre elas as de 5 das 7 cidades galegas. Ademais ten 14 deputados no Parlamento de Galicia, 10 no Congreso dos Deputados e 6 no Senado.
Historia Editar
Tiña 25.423 militantes no ano 2000, tras unha depuración interna da listaxe de militancia no ano 2002 quedou reducida a 10.500. Segundo datos publicados o 6 de marzo de 2006 conta con 27.551 afiliados, deles 19.307 activos.
Nas eleccións do 2005, o PSdeG-PSOE acadou 25 parlamentarios. A través dun pacto cos nacionalistas galegos do BNG, conseguiu a presidencia da Xunta de Galicia: Emilio Pérez Touriño, daquela secretario xeral dos socialistas foi o presidente dun goberno de coalición. Nas eleccións de 2009 o PSdeG-PSOE tivo un retroceso en votos e, aínda que conservou o mesmo número de escanos, non lles foi abondo aos partidos do goberno para conservalo. O 2 de marzo de 2009, Emilio Pérez Touriño dimitía como secretario xeral, e un mes despois era substituído por Pachi Vázquez, quen dirixiu a formación dende o 24 de abril de 2009 ata 2013. Dende entón, o secretario xeral foi José Ramón Gómez Besteiro, ata a súa dimisión en 2016 polo caso das Torres Garañón, no que estaba imputado. A partir de entón, o partido está presidido por unha Comisión xestora.
O colectivo da mocidade do PSdeG-PSOE é as Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG).
O PSOE en Galicia adoptou o nome de Partido Socialista de Galicia no Congreso Extraordinario de novembro de 1977 e por diversos contenciosos co Partido Socialista Galego modificou o seu nome en 1980 para adoptar o actual.
Resultados electorais Editar
Parlamento de Galicia Editar

Secretarios xerais Editar
- Modesto Seara (1977-1979)
- José Luis Rodríguez Pardo (1979-1980)
- Francisco Vázquez Vázquez, 1ª vez (1980-1982)
- Antonio Rodríguez Rodríguez (1982-1985)
- Antolín Sánchez Presedo (1985-1994)
- Francisco Vázquez Vázquez, 2ª vez (1994-1998)
- Emilio Pérez Touriño (1998-2009)
- Pachi Vázquez (2009-2013)
- José Ramón Gómez Besteiro (2013-2016)
- Comisión Xestora presidida por Pilar Cancela (2016-2017)
- Gonzalo Caballero (2017-2021)
- Valentín González Formoso (dende 2021)
Notas Editar
- ↑ "Resultados Electorales en Galicia: Elecciones Autonómicas 2016". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-10-20.
- ↑ Senadores por procedencia geográfica Arquivado 13 de xullo de 2016 en Wayback Machine. Páxina web do Senado. Recuperado o 29 de xullo de 2015.
- ↑ Nova composición das deputacións. praza.gal, 25/05/2015.
Véxase tamén Editar
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Partido dos Socialistas de Galicia |