Abrir o menú principal

O castelo de Peñafiel é unha fortificación situada na localidade de Peñafiel, na provincia de Valladolid, sobre unha lomba estreita e longa que lle proporciona a forma dunha nave. O castelo é propiedade do concello de Peñafiel e está declarado Ben de Interese Cultural. É coñecido coma o "Buque de Castilla"[1].

Castelo de Peñafiel
Castillo de Penafiel 7112.JPG
ConcelloPeñafiel
ProvinciaValladolid
Comunidade
autónoma
Castela e León
Coordenadas41°35′48″N 4°06′52″O / 41.59666667, -4.11430556Coordenadas: 41°35′48″N 4°06′52″O / 41.59666667, -4.11430556
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico (século X)
Estilo actualRestaurado
editar datos en Wikidata ]
Castelo de Peñafiel

HistoriaEditar

A orixe da fortaleza remóntase ao século X, quedando constancia documental da súa existencia en 943, cando era Ramiro II era rei de León. En 983 apoderouse dela Almanzor, ata que en 1013, foi reconquistada polo conde castelán Sancho García; grazas a el, parece que se debe o cambio do primitivo nome de Pena Falcón polo de Peñafiel (en latín Pena Fidele); cando o conde Sancho García o tomou dos árabes e pronunciou a célebre frase "dende hoxe en diante esta será a pena máis fiel de Castela".

 
Vista dende a praia fluvial do río Duratón.

As desavinzas matrimoniais entre a raíña Urraca e Afonso I o Batallador deron lugar a que este se vise asediado no castelo de Peñafiel en 1112 polas tropas da súa esposa e, noutra ocasión, polas do seu sogro Afonso VI. Por entón fora alcaide da fortaleza o burgalés Álvar Fáñez, primo irmán do Cid Campeador e personaxe celebrado tamén no Cantar de mio Cid.

Fernando III o Santo instituíu o señorío de Peñafiel para o seu fillo Afonso X o Sabio, o cal transferiuno ao seu sobriño, e neto do rei santo, o infante Xoán Manuel. Este foi quen se ocupou da reedificación do castelo e do recinto amurallado na primeira metade do século XIV. Algo despois, sendo rei de Castela Pedro I o Cruel, suprimiuse o señorío e pasaron os seus bens a propiedade rexia.

 
Vista frontal do castelo.

De Xoán I pasou o castelo ás mans de Fernando de Antequera, e das deste ao seu fillo Xoán II de Aragón. Sendo Xoán aínda infante residiu no castelo durante algún tempo, de forma que nel naceu (1421) o seu primeiro fillo, Carlos, príncipe de Viana. Nel tamén protagonizou unha revolta contra Xoán II de Castela, quen o tomou en 1451 e ordenou a súa demolición. Non obstante, en 1456 concedeu a Pedro Téllez, Mestre da Orde de Calatrava, os dereitos sobre os restos do castelo, incluído o da súa reedificación.

En 1999 inaugurouse o Museo Provincial do Viño, que recibe máis de 100.000 visitas ao ano.

DescriciónEditar

O seu trazado en planta posúe forma moi estreita e alongada (uns 35 m de anchura fronte a 210 m de lonxitude). O conxunto está defendido por unha primeira muralla exterior de lenzos lisos que pode datar do século XI e ser, polo tanto, a parte máis antiga da construción. No seu lado oriental ábrese unha única porta de acceso flanqueada por senllas torres grandes circulares e coroada por un matacán do que só quedan as mísulas. Unha segunda formación de murallas delimita o recinto interior. Está constituída por 28 cubos ameados que se intercalan equidistantemente no prolongado cerramento definindo unha sucesión de cortinas tamén ameadas e transitables no seu cumio a través dun adarve.

 
Vista dende a Adega Rogers

No centro aproximado deste espazo levántase a torre da homenaxe, prisma rectangular duns 34 m de altura que alberga tres plantas abovedadas. O resto queda dividido por ela en dúas zonas cuxos primitivos forxados desapareceron; servirían de aloxamento para a tropa e acollerían os almacéns e áreas de servizo. Os seus terrazos farían función de patios elevados. Nunha desas ás, a sur, atópase agora o Museo Provincial do Viño.

NotasEditar

  1. "Proa al Duero", artigo en El País, 13 de agosto de 2004