Xoán II de Castela

Xoán II de Trastámara, nado en Toro o 6 de marzo de 1405 e finado en Valladolid o 20 de xullo de 1454, foi rei de Castela entre 1406 e 1454, fillo de Henrique III de Castela e Catarina de Lancaster.

Xoán II de Castela
Nacemento6 de marzo de 1405 e 1404
Lugar de nacementoToro
Falecemento21 de xullo de 1454 e 1454
Lugar de falecementoValladolid
SoterradoCartusiana de Miraflores
NacionalidadeCoroa de Castela
Relixióncristianismo
Ocupaciónmonarca
PaiHenrique III de Castela
NaiCatarina de Lancaster
CónxuxeMaría de Aragón e Isabel de Portugal
FillosHenrique IV de Castela, Catarina de Catela, Leonor de Castela, Princesa das Astúrias, Isabel I de Castela, Afonso de Castela e Infanta Maria of Castile
IrmánsMaría de Castela e Catarina de Castela, Duquesa de Vilhena
Na rede
WikiTree: Castilla-60 Find a Grave: 11577539 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Retrato de Xoán na súa tumba (s. XV), na Cartuxa de Miraflores, Burgos.

Traxectoria editar

Naceu en Toro no palacio Real do Real Mosteiro de San Ildefonso (Provincia de Zamora) o 6 de marzo de 1405; tiña só un ano de idade cando morreu o seu pai no ano 1406. Os rexentes serían a súa nai e o seu tío paterno, Fernando de Antequera, que chegaron a un acordo que dividía o reino en dúas partes.

Durante a rexencia renovouse a guerra intermitente contra Selecta (entre os anos de 1410 ata o ano 1411) e houbo achegamentos a Inglaterra no ano 1410 e con Portugal no ano 1411. Tras o Compromiso de Caspe (1412), o rexente Fernando abandonou Castela, pasando a ser rei de Aragón. Deixou no seu lugar a varios lugartenentes, e aos seus fillos, os chamados Infantes de Aragón. Catarina de Lancaster morría no ano 1418.

Pouco tempo logo da morte da súa nai, Xoán II contraía matrimonio coa súa prima irmá María de Aragón (filla do seu tío Fernando I de Aragón). O matrimonio levou a cabo en Ávila o 4 de agosto de 1420. O ano anterior, no mes de marzo do ano 1419, fora declarado maior de idade cando tiña catorce anos nas Cortes celebradas na vila de Madrid.

Nesta fase, Xoán II deposita a súa confianza en Álvaro de Luna. Isto provoca o enfrontamento contra os intereses dos Infantes de Aragón e os nobres casteláns coligados con eles. O apoio de Afonso V de Aragón aos seus irmáns, os Infantes, traería a guerra entre Castela e Aragón (1429-30). Resolveríase coa vitoria de Álvaro de Luna e a expulsión dos infantes.

No ano 1445 faleceu María de Aragón e Xoán, en segundas nupcias, casou con Isabel de Portugal. O matrimonio tivo lugar en Madrigal de las Altas Torres o 17 de agosto de 1447. Xoán II faleceu preto de Valladolid o 20 de xullo do ano 1454, dicindo no momento da súa morte: naciera yo fijo de un labrador e fuera fraíle del Abrojo, que no rey de Castilla.

Foi sucedido no trono polo seu fillo Henrique IV de Castela.

Descendencia editar

Fillos do seu primeiro matrimonio (1420-1445) con María de Aragón (*1396 †1445):

Fillos do seu segundo matrimonio (1447-1454) con Isabel de Portugal (*1428 †1496)

Xoán II de Castela
Nacemento: 6 de marzo 1405 Falecemento: 20 de xullo 1454


Títulos Reais
Precedido por
Henrique III


Rei de Castela, Toledo, Galiza, León,
Sevilla, Murcia, Córdoba, Xaén e Alxeciras

1406-1454
Sucedido  por
Henrique IV
Outros títulos Nobiliarios
Precedido por
Henrique III


Príncipe de Asturias
1405-1406
Sucedido  por
Henrique IV