Rodrigo Díaz de Vivar

nobre e militar castelán

Rodrigo Díaz de Vivar, coñecido nas crónicas latinas como Campidoctor e na literatura castelá como Cid Campeador,[1] Mio Cid ou El Cid (do árabe andalusí Sayyid, señor), nado contra o 1043 e finado en 1099, foi un militar castelán.

Modelo:BiografíaSidi Editar o valor en Wikidata
Rodrigo Díaz de Vivar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Ruderico Didaz Editar o valor en Wikidata
1041 ↔ 1057 Editar o valor en Wikidata
Vivar del Cid (Reino de Castela) Editar o valor en Wikidata
Mortemaio de 1099 ↔ 10 de xullo de 1099 Editar o valor en Wikidata
Valencia (Señorío de Valencia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTumba de El Cid (1921–) Editar o valor en Wikidata
Señor Señorío de Valencia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEl Campeador
El Cid
El Cid Campeador Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e militar Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Castela
Reino de Castela Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncabaleiro, político, militar, Mercenario, líder militar Editar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
LealdadeReino de Castela e Taifa de Saragoça (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarcabaleiro Editar o valor en Wikidata
ConflitoReconquista
Battle of Alcocer (en) Traducir
Battle of Graus (en) Traducir
Battle of Quart de Poblet (en) Traducir
Siege of Valencia (en) Traducir
Siege of Zaragoza (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloSeñor Editar o valor en Wikidata
CónxuxeJimena Díaz (1074–1099) Editar o valor en Wikidata
FillosCristina Rodríguez, Diego Rodríguez, María Rodríguez Editar o valor en Wikidata
PaisDiego Flaínez Editar o valor en Wikidata  e Doña Rodríguez Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Cid Campeador Editar o valor en Wikidata
BNE: XX911556 WikiTree: Vivar-3 Find a Grave: 8091411 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Crese que naceu en Vivar, localidade situada preto da cidade de Burgos no seo da nobreza e educouse na corte real castelá; foi alférez de Sancho II de Castela na guerra contra o seu irmán García de Galicia, e converteuse nun importante xeneral que loitou contra os musulmáns.

Entre os anos 1081 e 1087 El Cid, desterrado por Afonso VI de Castela, serviu como mercenario do emir Mutamin de Zaragoza, mentres que de 1089 a 1092 fixo prisioneiro a Ramón Berenguer II, conde de Barcelona, cercando a cidade de Valencia, a cal gobernou dende 1094 ata a data da súa morte en 1099.

Literatura

editar
 
Reprodución dunha páxina do manuscrito Cantar de Mío Cid conservado na Biblioteca Nacional de España.

Historia Roderici (c. 1110, en latín) é a primeira crónica que se conserva sobre Rodrigo Díaz de Vivar. As crónicas árabes de Ibn Alcama (1116) e Ibn Bassam (1109) tamén recollen informacións sobre El Cid, pero nun ton claramente contrario á súa persoa. Na Chronica Adefonsi Imperatoris, da década de 1150, tamén é mencionado.

O Poema de Mio Cid ou Cantar de Mio Cid (1201-1207) incorpora moitos feitos históricos, o manuscrito que se conserva data do século XIV. O poema anónimo Mocedades de Rodrigo é do século XIV e consérvanse máis de 200 romances anónimos sobre a súa figura que datan do século XV e XVI.

En 1618 Guillén de Castro escribiu Las mocedades del Cid, na que se baseou Pierre Corneille para escribir Le Cid en 1636. De 1657 é El honrador de su padre de Juan Bautista Diamante.

Co romanticismo produciuse un interese pola súa figura, traduciuse o Poema de Mio Cid ou diversos romances sobre a súa figura ao inglés, ao alemán e ao francés. Máis tarde José Zorrilla escribiu a súa Leyenda del Cid (1882) e Eduardo Marquina o drama Las hijas del Cid (1908)

  1. "Cid Campeador". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 513. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar