Sancho II de Castela

rei de Castela, Galiza e León

Sancho II de Castela, tamén coñecido como Sancho III,[1][a] nado cara a 1037 e finado o 6 de outubro de 1072 en Zamora, foi o primeiro rei de Castela entre 1065 e 1072, rei de Galiza entre 1071 e 1072 e rei de León en 1072.

Sancho II de Castela
Nacementoc. 1036
Lugar de nacementoZamora
Falecemento7 de outubro de 1072 e 1072
Lugar de falecementoZamora
SoterradoMosteiro de San Salvador de Oña
NacionalidadeReino de Castela
Relixióncatolicismo
Ocupacióngobernante e guerreiro
PaiFernando I de León
NaiSancha I de Galicia
CónxuxeAlberta
IrmánsUrraca de Zamora, Elvira de Toro, Afonso VI de León e García II de Galicia
Na rede
WikiTree: Castilla-145
editar datos en Wikidata ]

Cando herdou do seu pai Fernando I o reino de Castela, tamén herdou os problemas dos límites territoriais con Navarra, León e Aragón. Unha das súas primeiras medidas foi restaurar a sede episcopal de Oca e trasladar a súa capital a Burgos. Os problemas con Sancho IV de Navarra viñan polas lindes da Rioxa, mentres que con Aragón foron os intereses que se contrapuñan respecto ao Reino taifa de Zaragoza.

As súas primeiras iniciativas políticas foron ao de atacar no verán do 1067 a al-Muqtadir de Zaragoza, probablemente para lle esixir o pago das parias debidas, o que o levou a enfrontarse con Sancho IV, a quen lle arrebatou Pancorbo e parte de Bureba. Outorgou mercedes aos mosteiros de Oña, Arlanza e San Millán da Cogolla. Na parte occidental do seu reino optou pola mesma política do seu avó, que foi o de intentar a anexión de León como medio para evitar os enfrontamentos.

O conflito con Afonso VI esbózase no ano 1068, con enfrontamentos illados, o que non prexudica o acordo entre os dous reis para desposuír ao seu irmán García do Reino de Galiza. Pero no ano 1072 o enfrontamento en Golpejera, onde Rodrigo Díaz de Vivar actuou como alférez do rei Sancho, remata co apresamento de Afonso, quen foi conducido a Burgos, mentres Sancho se dirixía a León onde se coroaba a si mesmo diante da negativa do bispo Pelaio de Oviedo a facelo. O interese maior de Sancho foi completar o afastamento político dos seus dous irmáns: na primavera dese ano, marchou contra García, quen se refuxiara no sur do seu reino, e derrotouno en Santarém, obrigándoo a exiliarse en Sevilla. A continuación enviou o seu irmán Afonso exiliado a Toledo. Xa tiña con isto todo o poder nas súas mans, pero necesitaba atraer a todas as forzas políticas do seu reino e evitar as revoltas que se puidesen producir.

Concluía o verán cando a súa irmán Urraca e máis o conde Pedro Ansúrez se declararon en rebeldía. Os rebeldes refuxiáronse en Zamora, a onde acudiu o rei, cercando a cidade. O sábado 6 de outubro do 1072 foi asasinado por un tal Vellido Ariulfi (Vellido Dolfos) segundo as crónicas da época.

As acusacións contra Urraca, por instigación do seu irmán Afonso e pola súa propia ambición do poder, foron as que marcaron a volta de Afonso dende Toledo cara a Zamora e León para tomara as rédeas de todo o reino, que xa estaba agora nas súas mans.

Notas editar

  1. Sendo Sancho Ordóñez o I e Sancho o Gordo o II.
Referencias
  1. López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: A Nosa Terra. p. 114. ISBN 84-96203-44-1. 
Sancho II de Castela
Nacemento: c. 1037 Falecemento: 1072


Títulos Reais
Precedido por
Sancha I
Fernando I


Rei de Castela
(Nova demarcación)

(1065–1072)
Sucedido  por
Afonso VI
Precedido por
García II


Rei de Galiza
1071–1072
Precedido por
Afonso VI


Rei de León
1072