Sancha I de Galicia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Sancha I de Galicia, nada en 1013 e finada en León o 7 de novembro de 1067, foi unha nobre medieval galega, raíña de Galicia desde o ano 1037.
Sancha I de Galicia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 1018 |
Falecemento | 7 de novembro de 1067 |
León | |
Soterrada | Basílica de Santo Isidoro de León |
Nacionalidade | Reino de León |
Relixión | catolicismo |
Pai | Afonso V o Nobre |
Nai | Elvira Méndez |
Cónxuxe | Fernando I de León |
Fillos | Urraca de Zamora, Sancho III, Elvira de Toro, Afonso VI de León, García II de Galicia e Garcias, Rey de Galice |
Irmáns | Vermudo III e Ximena de León e de Galiza |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Filla de Afonso V o Nobre e da súa esposa, a raíña Elvira Menéndez de Melanda, foi infanta e raíña de toda a Galicia altomedieval, converténdose o seu marido, o conde de Castela Fernando I, en rei consorte pero con poder efectivo á morte de Vermudo III, irmán da raíña Sancha, que perdeu a vida na batalla de Tamarón.
TraxectoriaEditar
Filla de Afonso V e da súa esposa, a raíña Elvira Menéndez, irmá de Vermudo III, Sancha foi a herdeira final dos dereitos ao trono do Reino de Galicia como filla do rei Afonso V e irmá de Vermudo III, dereitos que lles transmitiu aos seus fillos. O que sería o seu marido, Fernando I adquiriu o título de rei, tras casar con Sancha, se ben paradoxalmente Fernando fora un dos cabaleiros navarros que acabara coa vida do seu irmán, e rei, Vermudo III. Antes de casar co navarro Fernando I, estivo prometida con García Sánchez, conde de Castela. Cando ía coñecer a infanta, este foi asasinado pola familia Vea nas rúas de León o 13 de maio de 1028.
A Igrexa católica venéraa como beata. Xunto ao seu esposo ordenou a construción da Colexiata de Santo Isidoro, na cidade de León, onde se depositaron as reliquias do santo, que foran traídas desde Sevilla.
Matrimonio e descendenciaEditar
Casou con Fernando I, fillo do rei navarro Sancho Garcés III de Pamplona e Muniadona. Desta unión naceron:
- Infanta Urraca de Zamora (c. 1033–1101), señora de Zamora. Foi sepultada en Santo Isidoro de León.
- Infante Sancho (1038–1072), rei de Castela como Sancho I, e de León como Sancho II (1065–1072). Foi sepultado no Mosteiro de San Salvador de Oña.
- Infanta Elvira, (¿?–1101), señora de Toro. Foi sepultada en Santo Isidoro de León.
- Infante Afonso (1040–1109), rei de León (1065–1072) e de León, Castela e Galiza (1072–1109), como Afonso VI. Os seus restos mortais descansan, na compaña da maioría das súas esposas, no Mosteiro de Beneditinas de Sahagún.
- Infante García (1042–1090), rei de Galiza (1066–1071 e 1072–1073). Foi sepultado en Santo Isidoro de León.
Sancha I de Galicia Ordóñez Nacemento: 1013 Falecemento: 7 de novembro 1067
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Vermudo III | ||
Raíña de Galicia 1037–1065 |
Sucedido por Afonso VI | |
Sucedido por García II | ||
Sucedido por Sancho III |