Piadela, Betanzos

parroquia civil do concello de Betanzos

Santo Estevo de Piadela é unha parroquia que se localiza no concello de Betanzos na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 729 habitantes (371 mulleres e 358 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 726 habitantes.

Piadela
Igrexa parroquial de Santo Estevo e Pazo de Piadela.
ConcelloBetanzos[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°16′16″N 8°14′59″O / 43.27104, -8.24986
Poboación729 hab. (2018)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Cultura

editar

Topónimo

editar

Piadela é un topónimo latino que é un diminutivo de "piava", ao cal non se lle coñece o significado.[2][3][4]

Patrimonio

editar

O pazo de Piadela do século XVIII, é de estilo neoclásico. Mandado levantar polo arcebispo de Santiago Juan Sánchez Baamonde en 1728, o edificio é de planta en forma de escuadra, con dúas alturas. Na fachada principal hai un escudo de armas.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Piadela

editar
Lugares da parroquia de Piadela no concello de Betanzos (A Coruña)

Guiliade | Montellos | Piadela | Vila de Suso | Viúxe

Parroquias de Betanzos

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Betanzos

Betanzos | Brabío (San Martiño) | Piadela (Santo Estevo) | Pontellas (Santa María) | Requián (Santiago) | San Pedro das Viñas (San Pedro) | Tiobre (San Martiño)

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Moralejo, Abelardo (1977). Pico Sacro, ed. Toponimia gallega y leonesa. Biblioteca de Bolsillo - Pico Sacro, 14. Santiago de Compostela. ISBN 84-85170-20-2. 
  3. Moralejo Laso, A. (1981). "Notas acerca de algunos topónimos de la comarca de Betanzos". Anuario Brigantino (Betanzos) (4): 32–37. 
  4. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar