Betanzos, Betanzos

parroquia civil do concello de Betanzos

Betanzos[1] é unha parroquia do concello de Betanzos na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 10 172 habitantes (5 337 mulleres e 4 825 homes) distribuídos nunha entidade de poboación.

Betanzos
Betanzos-Castro.jpg
ConcelloBetanzos[1]
ProvinciaA Coruña
Poboación10 172 hab. (2018)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

CulturaEditar

TopónimoEditar

O topónimo Betanzos xorde do nome do pobo, ou do lugar de residencia do pobo dos Betantios ou Betancios. Ese xentilicio ou etnónimo (o nome dun pobo ou etnia) é de orixe celta e faría referencia á figura dun deus ou dun persoeiro chamado Beto ou Bito. A raíz dese nome do pobo ou etnia estaría no termo celta *bitu, que significa "mundo".[2][3][4][5][6] e tería aparecido antes do século III. O seu anterior topónimo, Unctia, podería significar ou ben unha poboación onde se atopa auga de calidade ou ben "bubas", ganglios infartados.[7]

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de BrabíoEditar

Lugares da parroquia de Betanzos no concello de Betanzos (A Coruña)

Betanzos

Parroquias de BetanzosEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Betanzos

Betanzos | Brabío (San Martiño) | Piadela (Santo Estevo) | Pontellas (Santa María) | Requián (Santiago) | San Pedro das Viñas (San Pedro) | Tiobre (San Martiño)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. En irlandés antigo bith, betho (xenitivo) ou en bretón bet significan "vida", "da vida"
  3. Caridad Arias, Joaquín (Directora: Alayón, Carmen Díaz ) (2003/2004). "6.11. Betanzos < ¿Brigantium?, Betanzos-o-vello, antigua Tiobre". En Humanidades e Ciencias Sociais, Universidade de La Laguna. Los fenómenos de homonimia y homofonía en la toponomástica y su repercusión en las etimologías cultistas y populares de la Europa Occidental (Tese Doutoral). 
  4. Pena Graña, Andrés (Xuño de 2008). "O Misterio do trisquel na relixión celta ancestral, Monoteismo trinitario antecedente do presente cristián." (PDF). CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios (Pontedeume) (15): 167-236. 
  5. "Os mitos do 800 aniversario: o 800 aniversario da fundación da cidade". Xornal de Betanzos. 14/5/2018. 
  6. Alonso Ávila, Ángeles (1999 páxinas = 848). Secretariado de Publicaciones e Intercambio Editorial, Universidad de Valladolid, eds. Homenaje al profesor Montenegro: estudios de historia antigua. ISBN 84-7762-985-4. En un trabajo posterior ya se hablaba de un radical Bet- de probable origen ibérico y que estaría presente en otros hidrónimos y topónimos peninsulares Baetis, Betán, Betanzos... 
  7. Monteagudo García, L. (1984). "Etimologías de topónimos coruñeses (II)". Anuario Brigantino (Betanzos) (7): 33–46. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar