Anuario Brigantino
O Anuario Brigantino é unha publicación anual editada polo concello de Betanzos dende 1948.
Anuario Brigantino | |
---|---|
![]() Portadas do Anuario Brigantino no Museo das Mariñas de Betanzos. | |
Formato de páxina | 24 x 28 cm. |
Nº de páxinas | variable |
Fundación | 1948 |
Director | Alfredo Erias |
Fundador | Francisco Vales Villamarín |
Editor | Concello de Betanzos |
Ilustradores | Carlos Pereira |
Lingua | Galega, castelá |
Localidade | Betanzos |
Ámbito | Galiza |
Periodicidade | Anual |
Prezo | 10 euros |
Tiraxe | 1.250 |
Predecesor | Xogos Froraes (1918)[1] |
ISSN | 1130-7625 |
Na rede | |
http://anuariobrigantino.betanzos.net/, http://anuariobrigantino.betanzos.net/ANUARIOS%20PDF.htm e https://dialnet.unirioja.es/servlet/revista?codigo=7093 | |
Arquivo | Colección completa |
Historia e característicasEditar
Fundado por Francisco Vales Villamarín en 1948. Revista de investigación histórica, artística, literaria e antropolóxica de ámbito galego. Ten unha sección adicada a acontecementos do ano e memorias das entidades culturais da cidade.
O Anuario Brigantino é unha das publicacións incluída na categoría C-Normal segundo valoración do Ministerio de Cultura de España integrada na base de datos ISOC de Ciencias Sociais e Humanidades, clasificada pola UNESCO. Os seus artigos son seguidos nas bases de dados do CSIC.
A publicación véndese a un prezo simbólico e a súa tiraxe na meirande parte emprégase para trocos con outras entidades culturais de Galiza, España e outros países.
NúmerosEditar
O Anuario Brigantino publicouse por primeira vez en 1948, dende entón teñen saído máis de 30 números. Todo o contido da revista está acceso na rede.
1948 | 1949 | 1950 non se publicou |
1951 | non se publicou en 30 anos |
1981 | 1982 | 1983 | 1984 | 1985 |
1986 | 1987 | 1988 | 1989 | 1990 |
1991 | 1992 | 1993 | 1994 | 1995 |
1996 | 1997 | 1998 | 1999 | 2000 |
2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 |
2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 |
2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 |
2016 | 2017 |
NotasEditar
- ↑ Página Wed del Anuario Brigantino La Opinión de A Coruña, 28 de setembro de 2007.