Etnónimo

nome dun grupo étnico

Un etnónimo, (en grego ethnos ‘tribo’ + onyma ‘nome’) é o nome dun grupo étnico. Fálase dun exónimo cando o nome foi atribuído por outro grupo, ou dun autónimo se foi autoasignado. Por exemplo, o grupo étnico dominante en Alemaña é o dos xermanos, un exónimo levado ó galego dende o latín; os xermanos refírense a si mesmos co autónimo deutsch.

Cando un idioma evoluciona, os etnónimos que algunha vez foron aceptables poden chegar a ser ofensivos. Exemplos de etnónimos difamatorios da historia son cretino (xentilicio de Creta), vándalo, bárbaro, san, fenicio, saami, gringo, goyim, chichimeca, popoluca, payo e filisteo.