Toro, Zamora
Toro (en galego antigo: Touro)[1] é un municipio da provincia de Zamora na comunidade de Castela e León.
Xeografía
editarLocalízase no noroeste da Península Ibérica. Ao pé da cidade discorre o río Douro, que pode verse desde a atalaia que ocupa a cidade. Tamén percorren o seu termo o río Guareña e o río Hornija, xunto con outros regatos de menor importancia. O concello é un dos máis extensos da provincia.
Historia
editarNa Idade Antiga, a cidade (propiedade do pobo vacceo) era coñecida co nome de Albocela ou Arbucala. Durante a invasión romana da Península, levantouse xunto a Toro un campamento romano para o ataque de ástures e cántabros.
Segundo o bispo Sampiro, cronista do rei Afonso III, Toro forma parte dunha repoboación no ano 899, co propósito de evitar que fose reconquistada polas tropas musulmás. Así, o repoboamento trasladou xente "prescindible" ou "excedente" das cidades. Na Idade Media, Toro converteuse nunha das cidades máis prósperas do Reino de León, grazas ao seu viño. A comarca tiña bastante produción vinícola e atribúese ao rei Afonso IX de León a frase "Teño un Toro que me da viño e un León que mo bebe".
En 1476, os partidarios da raíña Isabel a Católica subleváronse contra os lusos de Xoana a Beltranexa que ocupaban a vila.
Durante 400 anos, Toro foi unha das 17 vilas e cidades españolas con dereito a voto en Cortes, ocupando o lugar 12º, despois de Zamora e antes de Madrid.
Patrimonio
editar- Touro de pedra de orixe vacceo.
- Restos das murallas que protexeron a cidade.
- Teatro Latorre.
- Ponte do século XV.
- Colexiata de Santa María a Maior, do século XII (que á súa vez conta co Pórtico da Maxestade), rómanica e gótica. Na sancristía está o famoso cadro de A mosca, así como un Calvario de marfil único en España e unha custodia de prata que estivo en Londres ata hai poucos anos.
- Igrexas de orixe mudéxar
- Arco do reloxo, do século XVIII. Di unha lenda que na argamasa para a súa construción empregouse viño no canto de auga, pola gran cantidade que se producía e ser máis económico que subilo auga do río Douro.
- Mosteiro de Santa Sofía, edificio gótico-renacentista que acolle unha comunidade de monxas cóengas norbertinas premonstratenses.
- Mosteiro de Sancti Spiritus. Nel se encontra o Beatriz de Portugal, raíña consorte de Castela e León.
- Praza de touros construída en 1828 en madeira. Reinaugurada en xullo de 2010.
- Igrexa de San Xulián dos Cabaleiros.
- Igrexa de Santo Tomás Canturianense.
- Igrexa do Santo Sepulcro.
- Alcázar de Toro.
- Hospital da Cruz.
Demografía
editar- Evolución demográfica de Toro desde 2000 ata 2007
1900 | 1920 | 1940 | 1960 | 1981 | 2001 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|
8.187 | 7.819 | 8.260 | 10.457 | 9.765 | 9.282 | 9.748 |
Política
editarO alcalde dende 1999 é Jesús Andrés Sedano Pérez (PP). O anterior alcalde foi o socialista Agustín Asensio (alcalde no período 1991-1999).
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Toro, Zamora |