Gonzalo Menéndez-Pidal

historiador, cartógrafo e arquivista español
(Redirección desde «Gonzalo Menéndez Pidal»)

Gonzalo Menéndez-Pidal y Goyri, nado en Madrid o 12 de abril de 1911 e finado ibídem o 11 de decembro de 2008, foi un historiador español, académico da Real Academia da Historia.

Infotaula de personaGonzalo Menéndez-Pidal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Gonzalo Menéndez-Pidal y Goyri Editar o valor em Wikidata
12 de abril de 1911 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de decembro de 2008 Editar o valor em Wikidata (97 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncartógrafo , arquiveiro , historiador , fotógrafo , director de fotografía Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElisa Bernis Editar o valor em Wikidata
PaisRamón Menéndez Pidal Editar o valor em Wikidata  e María Goyri Editar o valor em Wikidata
IrmánsJimena Menéndez-Pidal Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0580051 Dialnet: 117736 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Gonzalo Menéndez Pidal (á esquerda) grava a Lorca e a outros membros de La Barraca na rúa Capitán Galán (hoxe Rúa Príncipe) de Vigo, en agosto de 1932.[1]

Nado en Madrid o 12 de abril de 1911,[2] foi fillo de Ramón Menéndez Pidal e de María Goyri.[2][3] Licenciouse na carreira de Historia na Universidade de Madrid[2] e doutorouse cunha tese titulada Mozárabes y asturianos en la cultura da Alta Edad Media reflejada en sus bibliotecas.[4] Casou con Elisa Bernis en 1936.[2] A súa actividade investigadora e intereses centráronse na cartografía histórica[4] e a historia real.[2][4] Na súa obra salientan títulos Los caminos en la historia de España (1952), La España del siglo XIII ou Hacia una nueva imagen del mundo.[3] Elixido académico da Real Academia da Historia o 25 de novembro de 1955 coa medalla n.º 19, ocupou o cargo desde a súa toma de posesión o 29 de xuño de 1958 até a súa morte.[5] Finou en Madrid o 11 de decembro de 2008[2][5] á idade de 97 anos.

Notas editar

  1. Ocampo, Elena (23/2/2019). "Raíces gráficas de "Seis poemas galegos"". Faro de Vigo. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Ontañón, Elvira (14 de decembro de 2008). "Gonzalo Menéndez Pidal, historiador analítico". El País. 
  3. 3,0 3,1 Anes y Álvarez de Castrillón, Gonzalo (13 de decembro de 2008). "Gonzalo Menéndez Pidal y Goyri: «In memoriam»". ABC. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Manso Porto 2009, p. 101.
  5. 5,0 5,1 Real Academia da Historia (ed.). "Académicos Numerarios - Relación de Medallas: 19". Arquivado dende o orixinal o 24/09/2015. Consultado o 22/10/2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar