García Sánchez de Castela
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2014.) |
García Sánchez de Castela, nado en 1009 e finado en 1028, foi conde de Castela entre os anos 1017 e 1028.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1008 |
Morte | 13 de maio de 1029 (20 anos) León, España |
Causa da morte | homicidio |
Conde de Castela | |
1017 – 13 de maio de 1029 | |
Actividade | |
Ocupación | gobernante, guerreiro |
Outro | |
Título | Conde de Castela Conde de Monzón |
Familia | Casa de Lara (pt) |
Cónxuxe | Sancha I de Galicia |
Pais | Sancho García e Urraca Gómez |
Irmáns | Munia Sánchez de Castela |
Parentes | Sancho III O Maior, cuñado |
Descrito pola fonte | Encyclopedic Lexicon (en) |
Traxectoria
editarPertenceu á estirpe de Fernán González, quen foi o seu bisavó. Sucedeu ao seu pai Sancho García cando era tan só un neno. A rexencia durante a minoría do Conde exercérona diversos magnates casteláns e Dª Urraca, a súa tía, irmá do seu pai.
En 1028 deixa concertado o pacto matrimonial para casar coa infanta Sancha, filla do rei de Galiza Afonso V.
No ano 1028 atopándose no pazo real na cidade de León, decide ir coñecer á súa prometida, nesta viaxe acompáñalle Sancho III O Maior. De camiño, foi asasinado xunto á igrexa de San Xoán Bautista de León.
O Romance do Infante García e as crónicas posteriores relátannos que este asasinato se produciu por integrantes da familia Vela á que o conde castelán Fernán González arrebatara os dominios alaveses. Con todo, non existen datos históricos que permitan xustificar o feito de que esta familia fose a causante do asasinato.
Herdou o condado Sancho III O Maior por estar casado con Munia Sánchez de Castela, irmá do defunto.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pérez de Urbel, Justo (1945). Historia del Condado de Castilla, Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. en español
- Martínez Díez, Gonzalo (2004). El Condado de Castilla (711-1038). La historia frente a la leyenda, Valladolid: Xunta de Castela e León. ISBN 84-8718-275-8. en español