Francisco Vales Villamarín

escritor e historiador galego

Francisco Vales Villamarín nado en Betanzos o 7 de maio de 1891 e finado na mesma vila o 25 de agosto de 1982,[2] foi un historiador e profesor galego, secretario perpetuo da Real Academia Galega e cronista oficial de Betanzos.

Modelo:BiografíaFrancisco Vales Villamarín

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de maio de 1891 Editar o valor en Wikidata
Betanzos, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de agosto de 1982 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Betanzos, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, historiador Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 57085 BNE: XX1054255 BUSC: vales-villamarin-francisco-1891-1982 Dialnet: 2121418

Traxectoria

editar

Fillo de Domingo Vales Crespo e de Luisa Villamarín Suárez. Estudou maxisterio en Santiago de Compostela, cun brillante expediente. En novembro de 1913 dirixiu o decenal El Normalista. Ingresou como mestre de ensino oficial, impartindo clases primeiro en Mugardos e máis adiante na Coruña. Tamén foi secretario particular da escritora Emilia Pardo Bazán.

En 1917 fundou a Irmandade da Fala de Betanzos, que presidiu durante anos. Fundou tamén, en 1926, o Museo Pedagóxico Rexional da Coruña, do que foi secretario e bibliotecario. En 1940 foi distinguido co cargo honorífico de cronista oficial da cidade de Betanzos, onde fundou e dirixiu o Anuario Brigantino, publicación que desde 1948 recolle anualmente artigos de historia, etnografía, antropoloxía, belas artes...

En 1955 participou na fundación da Agrupación Folklórica Aturuxo. Entre outros cargos, foi Secretario perpetuo da Real Academia Galega, da que fora nomeado membro de número en 1941, e numerario da Real Academia de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario, e recibiu o premio vitalicio da Fundación Pedro Barrié de la Maza. Faleceu na súa cidade natal despois de ter escrito decenas de traballos de investigación entre os que destacan os dedicados á historia da comarca brigantina.

Pseudónimos

editar

Empregou como pseudónimos El caballero Artagnan, Efe e Silvano de Leonisa.

 
Membros da Irmandade da Fala de Betanzos, 1918.

Recoñecementos

editar

En 1957 foi distinguido coa medalla de prata da súa cidade natal, da que foi nomeado fillo predilecto en 1980. Tamén ten recibido a medalla ao mérito no traballo, así como a encomenda da Orde de Afonso X o Sabio.

Vida persoal

editar
 
Placa na casa natal en Betanzos.

Casou en 1918 con Rosa Vía Bonome e en 1937 foi pai de José-Domingo Vales Vía.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
?
 Cronista de Betanzos 
1940 - 1982
Sucesor:
José Raimundo Núñez